A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Lídia Senra expón á Comisión de Agricultura as valoracións da CEVC ao respeito das conclusións do GAN

Lídia Senra expón á Comisión de Agricultura as valoracións da CEVC ao respeito das conclusións do GAN

13 de Xullo do 2010

Senra medios Bruxelas

Dende as 9:00 ás 11:00hrs. desta mañá, a Secretaria de Organización do SLG, Lídia Senra Rodríguez, en calidade de Responsábel do Grupo de Traballo de Producións Animais da Coordenadora Europea Vía Campesina (CEVC), expón na Comisión de Agricultura da UE as valoracións da CEVC ao respeito das conclusións extraídas polo Grupo de Alto Nivel (GAN) para a crise do leite, ao tempo que achegará as medidas propostas polo sector produtor europeo agrupado na Coordenadora.

 

L. Senra estará dispoñible para a atención telefónica de medios de comunicación dende as 11:30hrs. até as 14:00hrs.