A Coordenadora Europea Vía Campesina (ECVC) participou na conferencia PAC 2013 organizada pola Comisión Europea en Bruxelas o 19 e 20 de xullo.
22 de Xullo do 2010
A Coordenadora Europea Vía Campesina (ECVC) participou na conferencia PAC 2013 organizada pola Comisión Europea en Bruxelas o 19 e 20 de xullo.
CEVC alédase da orientación dos debates, durante as plenarias e grupos de traballo, que deixa brillar a esperanza dunha apertura da PAC cara a un verdadeiro recoñecemento da produción agrícola familiar, local e que se preocupa polo medio ambiente, sen prexuízo algún sobre as decisións finais.
Este evento é unha fonte de esperanza para os labregos e labregas e debe ser unha razón para continuar mobilizándose e facendo que se oian as nosas voces.
É o momento de colocar a Soberanía Alimentaria no lugar do marco actual da PAC, substituíndo normas de comercio internacional agrícola e agroalimentario, ditadas pola OMC, que demostrou ser incapaz de facer fronte aos desafíos do acceso á alimentación para todos, da saúde, do emprego e do medio ambiente, e onde os campesiños e campesiñas, sen ingresos, desaparecen masivamente.