A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. A Terra Chá anunciou hoxe o percorrido da mobilización comarcal do 29-S

A Terra Chá anunciou hoxe o percorrido da mobilización comarcal do 29-S

22 de Septembro do 2010

rdpVilalba

A responsábel comarcal n´A Terra Chá, Margarida Prieto, canda o Secretario de Sectores Gandeiros, Adolfo Cabarcos, deron conta  esta mañá en rolda de prensa das mobilizacións que o SLG vai levar adiante na comarca o vindeiro 29 de setembro, folga xeral.

Entre outras accións comarcais previstas para o vindeiro 29 de setembro, xornada de folga xeral, o Sindicato Labrego Galego, convocará unha manifestación que terá lugar na localidade de Vilalba, prevéndose que comece ás 12:00 h . na Rúa LOIS PEÑA NOVO (diante da estación de autobuses), e rematando en PRAZA DA CONSTITUCION (diante do Concello ) , aproximadamente ás14:30 h. , e seguindo o seguinte itinerario :

Rúa Lois peña Novo, de onde partirá-seguindo por: Campo de puente - .Rúa da Pravia - Avda. de Galicia.- .Avda.Tierra Llana- Rúa Carmiña Prieto Rouco- Ata Praza da Constitución nº 1 ., onde rematará , coa celebración dunha concentración diante do concello.

O acto reivindicativo demandará unha nova política agraria que garanta prezos e rendas para as labregas e os labregos así coma a defensa e mellora dos servizos públicos no medio rural.

 

Manifestación e concentración que  levaranse adiante co lema “Outro modelo económico é posible”.

rDp vILALBA

Adolfo Cabarcos  -Secretario de Sectores Gandeiros- e Margarida Prieto -Coordenadora comarcal da Terra Chá-.