A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Esixencia de medidas políticas que fixen un prezo mínimo para o leite e solicitude de colaboración ao Presidente da Xunta

Esixencia de medidas políticas que fixen un prezo mínimo para o leite e solicitude de colaboración ao Presidente da Xunta

24 de Septembro do 2010

Carme Freire 240910

En rolda de prensa conxunta realizada na mañá de hoxe, as organizacións sindicais agrarias e cooperativas demandaron medidas políticas que fixen un prezo mínimo para o leite que cubra custos de produción e remunere o traballo das gandeiras e gandeiros.

Asemade, tamén na mañá de hoxe, rexistrouse unha carta dirixida ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, pedíndolle "que poña en marcha os mecanismos dos que dispón a Xunta de Galicia para poñer freo a esta lamentable situación e, ao mesmo tempo, traslade á Comisión Nacional de Competencia as sospeitas sobre a idoneidade do proceder das empresas lácteas".

220910

 *Arquivo para descarregar:

 Declaracións da Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire Cruces.

Ficheiro adxunto