A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Dende o agro galego, FOLGA XERAL!! Outro modelo económico e social é posíbel

Dende o agro galego, FOLGA XERAL!! Outro modelo económico e social é posíbel

27 de Septembro do 2010

CArme Freire 240910

 

Na mañá de hoxe, a Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire Cruces, deu conta en rolda de prensa das cinco mobilizacións comarcais coas que o Sindicato Labrego Galego participará na xornada de folga xeral convocada para o vindeiro mércores 29 de setembro.

carme freire

A Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire Cruces, na rolda de prensa que tivo lugar nesta mañá na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela.

 

Ditas accións centraranse en manifestacións e concentracións reivindicativas que terán lugar a partires das 11:30hrs. aproximadamente, descorrendo polas vilas de Betanzos -onde se atopará a Secretaria Xeral-, Ordes, Vilalba, A Estrada e Ourense.

 

Para o Sindicato Labrego Galego as solucións que se están a dar para facer fronte á crise económica non só non son as adecuadas, senón que estanse a facer a costa e ás costas da cidadanía.

 

Outro modelo económico e social é posible e, ademais, necesario, imprescindíbel. E no caso concreto das labregas e labregos, outra Política Agraria Común (PAC) é tamén necesaria, no marco da soberanía alimentaria apostando pola regulación de mercados e producións que garantan prezos mínimos que nos permitan vivir do noso traballo.

 

A Secretaria Xeral do SLG reiterou tamén hoxe a denuncia do desmantelamento dos servizos públicos de proximidade, facendo fincapé na difícil situación que esta tendencia está a crear no medio rural. C. Freire condenou ademais a hipocrisía de que este recorte de servizos mediante a privatización estea a ser presentado como “medidas para facer fronte á crise”.

 

Por outra banda, poñer como solución a unha crise económica a redución e deslocalización da xestión das pensións de xubilación -sendo as do agro das máis baixas de tódolos sectores- significa ceder os cartos públicos, e o noso futuro, aos poderes especulativos. Non se pode solucionar unha crise comprometendo o benestar das persoas.

 

Asemade, cómpre abordar de xeito contundente o feito de que unha banca pública é hoxe en día máis necesaria ca nunca. Os cartos da xente traballadora que estamos a padecer a crise creada pola especulación e enriquecemento dos poderes financeiros, está a ser revertido nestes propios axentes creadores da crise económica, e isto é intolerábel.

 

Se as doses de “inxeccións de liquidez” administradas ás entidades bancarias para o seu “rescate” tiveran sido invertidas na creación dunha banca pública, hoxe en día a cidadanía disporía de acceso a crédito.

 

Estamos asistindo a unha absoluta perda de democracia.” -Sentenciou Freire- “As decisións que afectan á cidadanía están sendo tomadas cada vez máis lonxe de nós, en función dos grandes poderes multinacionais, na Organización Mundial do Comercio (OMC), co apoio do Banco Mundial (BM), do Fondo Monetario Internacional (FMI) e outros organismos internacionais; e os gobernos están sucumbindo aos ditados que se están a dar para salvar estes grandes mercados especulativos,pero non están asistindo a ningún tipo de diálogo coa sociedade que escolleu eses gobernos. Polo tanto, de que nos serve a democracia para elixir os gobernos se logo eses gobernos cos únicos cos que negocian é cos poderes que non o votaron?”

 

A crise precisa doutras solucións, e non á nosa costa. Dende o agro galego, o 29 de setembro, folga xeral.

 

Carme freier

 

*Arquivo para descarregar:

Audio completo da rolda de prensa, Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral doSLG.

Ficheiro adxunto