A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O SLG participará, xunto á COAG, en medidas de denuncia contra a industria leiteira no Estado se non se acada un prezo xusto para o leite na Inlac

O SLG participará, xunto á COAG, en medidas de denuncia contra a industria leiteira no Estado se non se acada un prezo xusto para o leite na Inlac

4 de Novembro do 2010

Boicot do leite

O Sindicato Labrego Galego (SLG), en unión coa Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG), estenderá a todo o Estado Español unha campaña de accións de denuncia se na vindeira reunión da Interprofesional Láctea (Inlac), prevista para mañá venres 5 de novembro, os representantes da industria non aceptan negociar un prezo para o leite que mude a situación de desfeita de explotacións leiteiras que se está a producir.

Os responsábeis das distintas organizacións que forman parte da COAG, coa que o SLG ten un convenio de colaboración, coincidiron en sinalar que a actual situación, con prezos que non cobren nin os custes de produción, e que moitas explotacións están a padecer dende febreiro de 2009, é insostible.

Dende o Sindicato Labrego Galego e dende a COAG instóuselle á nova Ministra de Agricultura, Rosa Aguilar, a que o Ministerio que dirixe interveña na negociación para facilitar un acordo satisfactorio que garanta a viabilidade económica de todas as explotacións en activo, sen excepción.

Carme Freire na Inlac