A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O primeiro regulamento que desenvolve a Lei de Augas legaliza o negocio e a privatización da auga que a Plataforma veu denunciando dende a súa constitución

O primeiro regulamento que desenvolve a Lei de Augas legaliza o negocio e a privatización da auga que a Plataforma veu denunciando dende a súa constitución

1 de Abril do 2011

Alegacións

 Representantes das organizacións que forman parte da Plataforma contra a Lei de Augas desprazáronse, o 1 de abril, até a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa San Lázaro s/n, Compostela), para presentar alegacións aos estatutos de Augas de Galicia.

No acto de entrega das alegacións, que foi ás 12:00 horas, falou en nome da Plataforma a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, que denunciou que o texto que pretenden que rexa o funcionamento do ente Augas de Galicia “deixa ben clara a privatización e a mercantilización que vimos denunciando dende a Plataforma Galega contra a Lei de Augas e que nos parece gravísima”.

Freire explicou que, por exemplo, o artigo 23 permite a Augas de Galicia “a creación e constitución de sociedades mercantís e a participación en calquera outra sociedade constituída por entes públicos ou particulares” o cal significa “que se poderá facer negocio con algo que, para esta Plataforma, é innegociable: a auga, que debe ser un ben público, social e gratuíto para cubrir as necesidades básicas de calquera pobo”. Para Freire, “non podemos consentir que vaiamos pagar por un ben e dereito básico como a auga, indispensable para vivir, para beber, para a nosa hixiene, e para a produción de alimentos no marco da soberanía alimentaria”. Fronte á Lei de Augas e aos estatutos de Augas de Galiza cociñados nos despachos da Consellaría de Medio Ambiente, Carme Freire reclamou, en nome da Plataforma, a derrogación destes textos para crear unha lexislación sobre as augas en consenso e en beneficio do pobo galego.

Alegacións á Lei de Augas 1

Alegacións a Lei de Augas 2