A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O SLG acada que Lácteos Tambre se comprometa a presentar un plan de pagos o 16 de agosto

O SLG acada que Lácteos Tambre se comprometa a presentar un plan de pagos o 16 de agosto

5 de Agosto do 2011

Concentración en Lácteos Tambre

O pasado 5 de agosto, unha comitiva de afectados e afectadas polos impagos de Lácteos Tambre se desprazou até a sede da empresa, en Penateixa (Sigüeiro), para esixir o abono do que se lles debe. A débeda remóntase a decembro de 2010, e hai explotacións que acumulan até 60.000 euros de atrasos. Xunto á xente afectada estiveron a secretaria xeral do SLG, Carme Freire; o secretario de Ordenación Territorial e tamén produtor de leite, Xosé Manuel Calvo; e os responsábeis comarcais do Sindicato Labrego nas principais bisbarras coruñesas, Xosé Ramón Cendán e Lara Barros.

Tras un debate in situ con representantes da empresa, dende o Sindicato Labrego Galego conseguiuse da láctea o compromiso de presentar un plan de pagos o vindeiro 16 de agosto, promesa que este sindicato fiscalizará para que se cumpra.

Unha vez máis, o Sindicato Labrego tivo que criticar a inoperancia da Consellaría de Medio Rural, que se atopa totalmente desaparecida cando se trata de defender ás explotacións leiteiras do noso país na difícil conxuntura pola que están pasando nestes intres, e deixa actuar impunemente a empresas como Lácteos Tambre cando lles negan ás nosas explotacións o dereito máis elemental a cobrar polo produto do seu traballo.

Concentración en Lácteos Tambre