A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O SLG pide unha reunión co Conselleiro de Medio Rural para tratar de xeito urxente a crise no sector lácteo

O SLG pide unha reunión co Conselleiro de Medio Rural para tratar de xeito urxente a crise no sector lácteo

20 de Septembro do 2011

Non hai imaxe

O Sindicato Labrego Galego vén de solicitar, formalmente, unha xuntanza con Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, para analizar a situación crítica pola que está a atravesar o sector leiteiro e a falla de medidas ao respecto por parte do departamento que dirixe.

A un anómalo estancamento dos prezos -o valor do leite leva subindo durante tres meses en toda a Unión Europea agás na Galiza1-, hai que sumar o incremento exponencial dos custes de produción debido ao impacto da seca, ás perdas provocadas polos ataques da fauna salvaxe e ao encarecemento de concentrados e pensos.

Diante desta situación crítica, o Sindicato Labrego Galego esixirá solucións rápidas e contundentes da Consellaría de Medio Rural para que os prezos do leite suban en harmonía cos que se pagan no resto da Unión Europea, e para artellar medidas que minimicen a forte suba dos custes de produción.

 

 

 

1Os últimos datos oficiais sobre prezos do leite publicados corresponden ao mes de xullo. O leite na Galiza cotizou, de xaneiro a xullo de 2011, con valores medios estancados ao redor dos 30 céntimos por litro. Isto contrasta cos prezos superiores e á alza no resto da Unión Europea, con cotizacións medias de 32 céntimos por litro en xaneiro, que subiron a 35,5 céntimos en xullo. En Francia, por exemplo, as explotacións pasaron de percibir 30 céntimos por litro en abril, a cobrar 33,7 céntimos en xuño, e 35,5 céntimos en xullo.