A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. A teima das industrias de manter na Galiza o prezo máis baixo para o leite en Europa deixa ás explotacións nunha situación crítica

A teima das industrias de manter na Galiza o prezo máis baixo para o leite en Europa deixa ás explotacións nunha situación crítica

14 de Outubro do 2011

Lupe Prado

A responsable da Dirección do Leite do SLG, Lupe Prado, e o coordinador dos sectores gandeiros na mesma organización, Xabier Gómez Santiso, participaron hoxe, 13 de outubro, na mesa do leite celebrada en Compostela.

Lupe Prado amosou a súa fonda decepción tralo encontro coas industrias, ás que acusou de non ter ningunha vontade de achegar os prezos aos que se paga o leite na Galiza aos do resto de países europeos e de comunidades do Estado.

Prado criticou o victimismo co que acudiron os representantes da industria á mesa, e recordou a situacion dramática pola que están a atravesar as explotacións leiteiras galegas, que padecen os prezos máis baixos de Europa e, ao mesmo tempo, viron incrementados exponencialmente os custes de produción por mor das subas de moitos insumos (electricidade, pensos, abonos, gasóleo, etcétera) e polas contiosas perdas que está a provocar a seca.

A pesares da conxuntura crítica, as industrias tan só falaron da posibilidade de facer pequenísimas subas en outubro, subas que para o SLG son absolutamente insuficientes. Antes de final de mes haberá unha nova reunión do sector. Se nesa nova xuntanza non hai avances de cara a acadar uns prezos dignos que garantan a viabilidade das explotacións leiteiras na Galiza, o Sindicato Labrego avogará polo inicio de mobilizacións para acadar un valor xusto para o leite galego.

 

 

 

undefined