A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. A Plataforma contra as Fumigacións entregou máis de 86.000 sinaturas á conselleira de Medio Rural pedíndolle que non autorice as fumigacións con Flufenoxuron

A Plataforma contra as Fumigacións entregou máis de 86.000 sinaturas á conselleira de Medio Rural pedíndolle que non autorice as fumigacións con Flufenoxuron

21 de Maio do 2012

Non ás fumigacións

A Plataforma contra as Fumigacións-Por unha Galiza sen pesticidas, achegouse hoxe, 21de maio, até o rexistro central da Xunta de Galicia para facer entrega de 86.421 sinaturas en contra dos tratamentos aéreos con Flufenoxuron para combater a praga do gorgullo do eucalipto. Estes apoios contra as fumigacións colleitáronse grazas a unha campaña desenvolvida en Internet, durante as últimas semanas, no portal charge.org baixo a denominación “Salvemos as abellas de Galicia”.

Ademais de rexistrar a relación de asinantes e o texto que estes e estas apoiaron (pódese consultar no enlace web devandito), a Plataforma contra as Fumigación fíxolle entrega a través do rexistro á conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, dunha cesta con produtos da terra -hortalizas, froitas e mel- que están seriamente ameazados se, finalmente, se fan estas fumigacións aéreas e se exterminan as abellas, que amais de produtoras de mel son un axente polinizador indispensable para moitos cultivos hortofrutícolas.

Sinaturas contra fumigacións

 

 

undefined