O 22 de agosto de 2006, unha comisión de gandeiros afectados polos lumes na Zona Cero (Ponte Caldelas, Cotobade, A Lama e Fornelos de Montes), acompañados por Mariano Lema, do SLG, reuníronse co delegado pontevedrés de Medio Rural, Gonzalo Constenla, para informalo de que moitas explotacións tocadas polo lume non ían poder declarar as hectáreas arrasadas nas axudas da Política Agraria Común. Ese día, o SLG pedíalle Constenla que se fixesen as xestións necesarias para evitar que estas explotacións visen reducidas as axudas ás que tiñan dereito.