A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O SLG avoga ante Núñez Feijóo por regular os prezos e as marxes comerciais do leite para “rematar coa extorsión das industrias e das distribuídoras”

O SLG avoga ante Núñez Feijóo por regular os prezos e as marxes comerciais do leite para “rematar coa extorsión das industrias e das distribuídoras”

5 de Xuño do 2012

Carme Freire

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, e a responsable da Dirección do Leite do SLG, Lupe Prado, asistiron á xuntanza que mantiveron hoxe, 5 de xuño, os diversos axentes do sector lácteo co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e coa conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana. Esta reunión enmárcase dentro da decisión na última Mesa do Leite, celebrada o pasado 20 de abril, de trasladarlle as demandas do sector ao presidente da Xunta.

Neste senso, a secretaria xeral do SLG cualificou o encontro de “positivo”, por aceptar Feijóo facer propias do Goberno Galego as reivindicacions que se consensúen na Mesa do Leite, e para o cal “o Sindicato Labrego lle quere dar unha marxe de confianza”.

Carme Freire considerou que “temos unha oportunidade histórica para que, dunha vez por todas, no Estado Español se regulen as relacións comerciais no sector lácteo e nos demais produtos agrogandeiros. E iso é posible a través de dúas medidas: por unha banda, facer normas para que se constrúa de abaixo a arriba un prezo para que o leite chegue ao consumidor ou consumidora cun valor xusto, pero tamén para que produtores e produtoras non sigamos a sufrir a extorsión das industrias e das grandes distribuidoras; e, por outra banda, regular as marxes comerciais, a través da Lei da Cadea Alimentaria, para que a xente non teña que pagar plusvalías abusivas que, segundo de que produto agrario se trate, poden chegar a superar o 1.000%”.

Xuntanza

 

 

undefined