A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O SLG solidarízase con Antolín Alcántara (CIG) e co traballador do metal condenados por defender lexitimamente os seus dereitos

O SLG solidarízase con Antolín Alcántara (CIG) e co traballador do metal condenados por defender lexitimamente os seus dereitos

15 de Xuño do 2012

Fouce e martelo

O Sindicato Labrego Galego solidarízase co sindicalista da Confederación Intersindical Galega (CIG), Antolín Alcántara, e co traballador que veñen de ser condenados por participar nas folgas do sector do metal en Vigo en maio de 2007.

Para o Sindicato Labrego Galego, estas condenas son un suma e segue na campaña de criminalización e desprestixio que, dende os poderes públicos, se está a facer contra os movementos sociais e as organizacións sindicais dende hai anos, e que se volveu moita máis cruenta no actual contexto de crise para debilitar ou anular a quen se opón aos drásticos, antidemocráticos e inhumanos recortes que estamos a sufrir en sectores vitais para a sociedade como a sanidade ou a educación. Resulta paradoxal que, mentres se impoñen sentenzas desproporcionadas dun ano de prisión por participar nunha folga; permanezan impunes, ou mesmo cobrando indemnizacións millonarias, os xestores e causantes da crise económica que estamos a sufrir todos e todas, ou as entidades bancarias que estafaron os aforros de miles de persoas coas participacións preferentes.

Por todo o devandito, dende o Sindicato Labrego Galego reiteramos o noso apoio a Antolín Alcántara e ao traballador do metal represaliados, así como á Confederación Sindical Galega. O seu exemplo dános azos para seguir opoñéndonos frontalmente á maior agresión, en forma de retalladas de dereitos e retroceso social, que se deu no Estado Español e na Galiza dende a dictadura franquista.