A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O mercado de alimentos labregos de Teo celebrará este sábado unha cata comentada de tomates

O mercado de alimentos labregos de Teo celebrará este sábado unha cata comentada de tomates

13 de Septembro do 2012

Tomates

O Sindicato Labrego Galego e o Concello de Teo, no marco do mercado de alimentos labregos dos Tilos, vai celebrar este sábado, 15 de setembro, unha cata de tomates de diversas variedades cultivadas no entorno da bisbarra compostelá. 

As razas de tomate que se poderán saborear irán dende variedades tradicionais cuxa semente se conservou nas casas xeración tras xeración, até outras que se comercializan con normalidade nas tendas.

O horario do mercado será o de sempre, de 10:00 a 14:00 horas, e a cata de tomates está previsto que comece ás 10:30 horas e remate ás 13:30. A este evento poderán acudir libremente aquelas persoas que o desexen,

Cartaz Teo