A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. O SLG apoia a manifestación convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto este sábado en Compostela

O SLG apoia a manifestación convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto este sábado en Compostela

26 de Septembro do 2013

Mani pro aborto

O Sindicato Labrego Galego, como organización que forma parte da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, estará o sábado 28 de setembro en Compostela para apoiar a manifestación en defensa dun aborto legal, seguro e gratuíto.

A reforma da Lei do Aborto que está a piques de sacar adiante o Ministerio de Xustiza, encabezado por Alberto Ruíz Gallardón, ten sido unha das principais cuestións tratadas no último encontro de mulleres do SLG, celebrado a finais do ano pasado en Teo. Nese foro “este tema xerou un grande debate e indignación entre as labregas”, recorda a responsable da Secretaría das Mulleres do SLG, María Ferreiro. Para esta labrega, “o ministro Gallardón pretende suprimir a Lei do Aborto e ilegalizar esta práctica para convertela en delito, o cal constitúe unha volta cara a atrás sen precedentes. Por ese motivo, apoiamos no mes de xuño unha manifestación con ampla participación e, este sábado, apoiaremos a marcha que partirá ás 17:30 horas da estación de ferrocarril compostelá na defensa do aborto legal, seguro e gratuíto; e polo dereito das mulleres a decidirmos sobre os nosos corpos”.

Mani pro aborto