A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Riscos específicos para as mulleres en idade fértil ou períodos de embarazo, posparto e lactación

Riscos específicos para as mulleres en idade fértil ou períodos de embarazo, posparto e lactación

26 de Septembro do 2013

Muller labrega

Como é sabido, no sector agrario os traballos nas explotacións teñen unhas características propias moi diferenciadas das do resto dos sectores, sendo as máis importantes: a gran dependencia da estacionalidade, o que provoca que o ritmo de traballo sexa esixente; dominio de labores que requiren esforzo físico e repetitivas e sometidas ás inclemencias do tempo; e, no caso da agricultura convencional, a exposición a determinados produtos químicos, como fertilizantes, fitosanitarios e outros que poida chegar a ser de uso frecuente.

A Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo en 2007 elaborou o informe “Las cuestiones de género en relación con la seguridad y salud en el trabajo” e entre as súas conclusións destacan as seguintes:

As mulleres sofren máis estres laboral, enfermidades infecciosas, trastornos das extremidades superiores, enfermidades da pel así como asma e alerxias, mentres que os homes sofren máis accidentes, dores de costas e perdas da capacidade auditiva.

A planificación do traballo, a súa organización e as ferramentas e equipos que se utilizan soen basearse no modelo do “traballador@ medio”, ainda que a lexislación da Unión Europea consagra o principio de adaptar o traballo aos traballadores e traballadoras.

É necesario estudar as diferenzas de xénero sobre os accidentes e as enfermidades laborais para eliminar as lagoas no coñecemento deste tema.

Dadas estas particularidades, o traballo de prevención de riscos debería estar axustada ás mesmas. Sen embargo, dentro dos marcos que esixe a Lei de prevención, atopamos unha falta de atención á especificidade do sector agrario, e dentro desta, unha grande falta de atención ás particularidades da muller labrega.

Esta situación provoca un efecto aínda máis preocupante, e é que ao basearse as labores de prevención nos requirimentos da Lei, e ao non estar esta Lei adaptada ás particularidades das mulleres  labregas , a falta de protección específica das traballadoras agrarias non ten por que ser obxecto de prevención ou, chegado o caso, de sanción.

Por tanto, faise precisa unha adaptación das labores de prevención de riscos á especificidade das mulleres. Pero esta adaptación non pode producirse a través da consideración do colectivo feminino como minoría, senón en base á importancia real e maioritaria que o traballo das mulleres labregas ten para o sector agrario.

INDIVIDUALIDADE DAS MULLERES LABREGAS                 

Á hora de focalizar a atención sobre os riscos laborais das mulleres agrarias, sería un erro non prestar atención a unha das súas principais características: a especificidade das traballadoras como individuos.

Cada traballadora agraria é diferente, por iso as medidas de prevención deben permitir ser adaptadas ás particularidades de cada muller.

Factores como os niveis de carga, os Equipos de Protección Individual, a protección da maternidade e as enfermidades laborais ou a conciliación familiar deben ser postos en práctica atendendo ás circunstancias de cada unha das traballadoras.

A singularidade das traballadoras agrarias maniféstase sobre todo en tres grandes focos de atención

1. Cargas e ritmos de traballo                                   

As labores nas explotacións, como xa se ten apuntado, soen incluír un proceso físico determinado e que na maioría dos casos soe ser esixente. Pero isto non pode supor que os efectos dos traballos físicos comprometan a saúde dos traballadores e das traballadoras. Os procesos de carga deben estar, na medida do posible, adaptados aos traballadores e traballadoras para non provocar lesións ou enfermidades laborais de diferente consideración.

Todo empregador/a e traballador/a deben saber que, en termos xerais, os valores recomendados destas cargas, segundo o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene, son:

  • En xeral: 25 Kg
  • En mulleres embarazadas,  menores de 18 anos ou maiores: 15 Kg
  • Persoas adestradas (situación illadas e excepcionais): 40 Kg

As mulleres poden ser máis sensibles que os homes a contraer lesións debido aos excesos de carga dada a súa complexión física. Por suposto, isto é así nos períodos de pre-maternidade, nos que entrarían dentro do apartado de ”traballadores con maior protección”, pero tamén de xeito máis xeral en calquera proceso de carga e descarga. Porén, debe estar en condicións de cumprir coa súa labor no mellor escenario posíbel.

Para adaptar os ritmos de carga ás necesidades e aos traballadores/as é preciso: Planificar as necesidades, establecer os ritmos de traballo, adaptar a eses ritmos as características dos traballadores/as e establecer ritmos de carga decrecentes se é factible.

2. A maternidade nas explotacións

A maternidade é un dereito de tódalas mulleres. Dadas as especiais características do seu desenvolvemento, existen unha serie de obrigas legais destinadas a protexelas.

A lei avala ás traballadoras e ofrécelles un marco para que os seus dereitos sexan respectados e o seu posto de traballo non corra perigo, a vez que permite desenvolver a súa actividade con normalidade

As Labregas deben saber que todos os dereitos que cobren a maternidade no traballo de forma xeral son perfectamente aplicables no seu caso.

En ocasións durante o traballo agrario prodúcense situacións nas que, aínda sen ser plenamente manifesto, existe un perigo latente para a nai e o feto. Por elo é completamente imprescindible:

Que a muller embarazada comunique (no caso de traballar por conta allea) o seu estado ao empresario  co fin de que este, en base ao su plan de prevención de riscos, realice una avaliación. No caso de que se detecte que existe perigo, o empresario deberás, cando sexa factible, cambiar de posto á traballadora, e de modo máis xeral, sustituir aquilo que, dentro das labores da traballadora, comporte algún risco, por algo que non comporte ningún

3. O risco das vibracións e dos ruídos  

  • Vibracións: É de especial importancia evitar nos desprazamentos e traballo con maquinas un exceso de ruídos e de vibracións, cuxas consecuencias poden ser de especial gravidade durante o embarazo, chegando mesmo en casos extremos mesmo a supoñer situacións de abortos ou partos prematuros.
  • Ruídos: Outro dos riscos físicos mais perigosos e frecuentes e a exposición a fontes de ruído, (por exemplo, determinado tipo de maquinaria agrícola ou de transformación e tratamento dos produtos). Os elevado niveis sonoros que provocan estas máquinas, especialmente cando a exposición e prolongada e continuada no tempo pode mesmo ter consecuencias para o feto, polo que compre evitar a exposición prolongada e estas fontes de ruído.

4. Posturas e condicións meteorolóxicas

  • Movementos/posturas: En traballos de longa duración e de posturas forzadas, e de vital importancia evitar a posición de pe ou sentada sen repousos e sen cambios de postura. A permanencia excesiva en posturas forzadas durante o embarazo e a consecuente ausencia de repousos, ten suposto un incremento de abortos, partos prematuros e de diminución do peso do recen nacido.
  • Traballos no interior: As mulleres que traballan en espazos cerrados deben evitar a exposición a monóxido de carbono procedente de motores, tabaco, etc. Esta exposición pode afectar ao feto con efectos tóxicos.
  • Traballos no exterior: E de especial importancia evitar a exposición ao calor, sobre todo para que non se produzan situacións de deshidratación. Por outra parte tamén hai que evitar o frío intenso e os cambios bruscos de temperatura (especialmente durante o embarazo e a lactación).

5. Manexo de fitosanitarios

No tocante aos riscos químicos e biolóxicos compre facer especial fincapé nos produtos perigosos e nas sustancias químicas que se manexan nos tratamentos fitosanitarios. O uso e manexo destes produtos especialmente perigosos durante o embarazo, posparto e lactación debe ser evitado ao longo dos citados períodos, moi especialmente cando así o sinale o manual de instrucións e a ficha de seguridade de tales produtos.

Ficheiro adxunto