A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Riscos ao traballar con zurros

Riscos ao traballar con zurros

17 de Septembro do 2013

Depósito zurro

Os zurros e as dexeccións líquidas supoñen un importante factor de risco específico asociado aos depósitos de almacenamento, nos que con certa frecuencia e preciso entrar por labores de limpeza ou mantemento.

O principal axente de grave de risco nos depósitos de residuos gandeiros (fosas de zurro) e en consecuencia o principal causante de mortes nesa tarefa e o ácido sulfhídrico (SH2).

O sulfhídrico presenta un olor moi característico a Ovos podres, que se detectaa concentracións moi baixas (0,05 p.p.m.) Sen embargo, constitúe un graveerro empregar esta característica como único elemento de alerta. Está comprobado que a concentracións tan baixas como a descrita, o ácido sulfhídrico satura a pituitaria olfactiva en poucos minutos, deixando de percibirse. A concentracións superiores a 100 p.p.m. provoca a parálise do nervio olfactivo, polo que xa non se detecta e convértese nunha sustancia mortal con concentracións de tan so o 0,2% (2.000 p.p.m.) Polo tanto, en calquera circunstancia laboral na que sexa previsible a presencia de SH2 hai que actuar como si dito gas estivera presente a concentracións perigosas.

Os accidentes deste tipo acontecidos soen saldarse con feridos moi graves, e sobre todo con resultados de morte. E o principal factor de risco con resultado de morte na gandería .

Aínda que se soe referir a eles como morte por asfixia o término e inexacto: o factor envelenamento e o SH2 que e o que ocasiona a morte.

Existen dous elementos que xustifican a letalidade do proceso: as baixas concentracións nas que pode transformarse o ácido sulfhídrico nun veleno mortal e o proceso de saturación olfactiva.

A maioría dos casos de morte están asociados a situacións de atasco en sumidoiros e conducións de zurro, nos que o operario descende para realizar traballos de mantemento e limpeza.

O SH2 encóntranse difundido no seo do zurro. A concentración que se atopa na  atmosfera e notoriamente inferior a existente no seo das dexeccións, de modo que os procesos de axitación e turbulencias provocan un súbito afloramento do gas a superficie, alcanzando en segundos concentracións mortais.

Cando dito proceso coincide con áreas deprimidas carentes de ventilación como sumidoiros, conducións ou depósitos, a combinación resultante e extremadamente perigosa, e como tal debe ser tida en consideración por calquera traballador que circunstancialmente deba desempeñar tarefas deste tipo.

MEDIDAS DE PREVENCIÓN A ADOPTAR

  • Nunca e baixo ningunha circunstancia baixaremos a un depósito de almacenamento de zurro sen seguir a seguinte rutina:
  • Baleirado completo do mesmo.
  • Ventilación total durante, polo menos, 24 horas antes. Si existe posibilidade de ventilación forzada, aplicala.
  • Nunca traballará unha única persoa nestes labores. Haberá cando menos outra que non descenderá nunca ao depósito, pase o que pase.
  • A persoa que baixe, baixará atada, de tal forma que si sucedera algo, a outra poida sacala de inmediato.
  • Tras as 24 horas de ventilación, e antes de baixar, tirar un papel ardendo ao fondo do depósito. Se este arde normalmente, sen que a chama flutúe nin presente coloracións estrañas, pode baixar a persoa atada.
  • Sempre que sexa necesario efectuar traballos de calquera índole en áreas deprimidas de sistema de recollida, evacuación e/ou almacenamento de zurro, estes traballos efectuaranse provistos de equipo autónomo. 

OUTRAS MEDIDAS

  • Non se debe inxerir alimento ou bebidas, nin fumar mentres se efectúan as limpezas.
  • Considéranse equipo de protección individual as botas de auga e os guantes, máscara no caso de distribución de zurro, así como un buzo en boas condicións e unha viseira.
  • Extremar as medidas de hixiene persoal nos períodos de traballo con este tipo de subprodutos.
  • En caso de producirse unha ferida nestes traballos ou con ferramentas que estiveran previamente en contacto con dexeccións, limpar coidadosamente con auga e xabón e acudir ao médico para que este ditamine se é necesaria a vacinación antitetánica ou outra medicación específica.

     

Ficheiro adxunto