A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Enfermidades profesionais na agricultura. Cales son? Que facer? Que prestacións se reciben?

Enfermidades profesionais na agricultura. Cales son? Que facer? Que prestacións se reciben?

21 de Septembro do 2013

Brazo vendado

As actividades agrarias levan canda si unha serie de riscos que poden conducir a aparición de enfermidades. Algunhas destas enfermidades, xunto cos factores de risco capaces de producilas, se describen a continuación.

Enfermidades musculares e óseas

As posturas forzadas, os movementos repetidos e a manipulación manual de cargas moi pesadas, ocasionan numerosos trastornos musculares e óseos, como dor crónica do lombo. Tamén inflamación ou irritación das vainas tendinosas (membranas que recobren os tendóns) dos ombros, cóbados ou pulsos. Ademais, o esforzo excesivo e a fatiga resultante poden incrementar os riscos de accidente.

Enfermidades respiratorias

Os pos, os fumes, gases ou vapores poden danar ás vías respiratorias (pulmón, garganta, nariz) candos os respiramos, ocasionando diferentes enfermidades profesionais. Se tes tose, dificultade para respirar, febre, ruídos no peito, etc. Non te esquezas, cando consultes con un sanitario, de comentarlle que traballos desenvolviches e que sustancias manexaches, por si estas puideron ser a causa. As enfermidades respiratorias mais frecuentes entre os agricultores son a bronquite crónica, a asma, a rinite e a alveolite alérxica extrínseca.

Enfermidades da pel

A pel normal e intacta constitúe unha barreira altamente eficaz contra o desenvolvemento das enfermidades da pel. As dermatoses profesionais pódense producir por axentes químicos, biolóxicos e físicos. As sustancias químicas que entran en contacto coa pel poden ter un efecto local a nivel cutáneo (dermatites de contacto) ou poidan absorberse, penetrar no organismo e chegar a outros órganos internos. As infeccións cutáneas poden orixinarse tamén polo ingreso de axentes patóxenos a través dunha lesión. (mordedura, rabuñadura ou picadura) ou a través da superficie da pel sa. Tamén poden producirse enfermidades os axentes físicos, como o calor, o frío, as vibracións e os axentes mecánicos, a fricción e a presión, e sobre todo a luz solar.

Enfermidades infecciosas e parasitarias

As enfermidades infecciosas e parasitarias se producen por estar en contacto cos animais en ambientes contaminados. O contaxio pode ser por contacto  directo das mans ou mucosas co animal ou con materias e sustancias derivadas del (pelos, carne, reses mortas, osos, produtos residuais, abortos ou matanza..) por vectores (animais ou material contaminado), por inhalación (respirar) en ambientes contaminados (cortes, silos…) e tamén por comer produtos contaminados. As mais importantes son o tétano, o carbunco, a leptospirose, a brucelose, a hidatiose, a tularemia e a tuberculose bovina.

Cancro profesional

A exposición laboral a produtos fitosanitarios e moi frecuente debido a súa utilización para aumentar o rendemento do solo e para o combate de pragas. Ademais os biocidas tamén son utilizados no ambiente doméstico. A exposición a estes produtos pode provocar efectos a longo prazo que inclúen tumores inmunolóxicos, neurotóxicos e reprodutivos. Os fitosanitarios poden aplicarse a semente, ao solo, ao cultivo ou a colleita, xa sexa con equipos fumigadores ou pulverizadores. Despois da aplicación, a exposición aos praguicídas pode producirse pode producirse por escape de gases, dispersión por acción do vento ou contacto coas plantas a través da pel e da roupa.

Os agricultores presentan maior risco de certos tipos de cancros, como os que afectan ao cerebro, ao estómago, os sistemas linfático e hematopoiético, o labio, a próstata e a pel.

Ruídos e vibracións

O ruído e as vibracións constitúen dúas das agresións mais importantes que sofre todo condutor de maquinaria agrícola. O ruído pode provocar xordeira profesional a longo prazo e, varios horas despois da exposición, irritabilidade e tensión nerviosa. As vibracións de baixa frecuencia transmitidas ao corpo do condutor poden causar danos na columna vertebral e osteomusculares en xeral, ademais de incrementar a fatiga.

¿Que facer en caso de sospeita de enfermidade profesional?

Se es unha traballador/a por conta allea, acode a un centro asistencial da Mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social  coa que teñas cuberta as continxencias profesionais a empresa para a que traballas. Se non coñeces a que mutua pertence a túa empresa , pregúntalle á empresa.

Senón e necesaria a baixa, o servizo médico facilitarache un xustificante médico de asistencia, sobre todo se o necesitas para entregalo na túa empresa.

Se pola contra e necesaria a baixa, os servizos médicos facilitarán dous exemplares do parte médico de baixa, un deles quedará no teu poder e o segundo deberá ser entregado á empresa para acreditar a situación de baixa laboral .

Se quen te atenden son os médicos do teu servizo de prevención de riscos laborais, cóntalles as tarefas que fas para que revisen os teus riscos laborais e poidan activar as medidas preventivas no teu traballo.

Cando a mutua valore que a enfermidade e profesional, elaborará e tramitará o parte de enfermidade profesional a través do Sistema CEPROSS.

Se es labrega ou labrego o procedemento é o mesmo que no caso anterior. Ou podes ir antes ao o teu médico de cabeceira, dille que es profesional da agricultura para que comprobe si a túa enfermidade deriva do traballo que realizas, e poidas en consecuencia ir a túa Mutua ou darche el o parte de baixa por enfermidade profesional (se tes as coberturas de IT co INSS).

Prestacións da Seguridade Social  

Os traballadores por conta propia do antigo REASS teñen a obriga dende o 1 de xaneiro de 2010 de de optar por cubrir as continxencias profesionais con unha Mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais .

As prestacións que se ofrecen son :

  • Asistencia sanitaria : A Mutua / S.S encargase integramente dos gastos que sexan necesarios para unha completa recuperación : hospitalizacións, intervencións cirúrxicas, medicamentos e visitas a especialistas.
  • Incapacidade temporal : O subsidio por incapacidade temporal será do 75% da base reguladora a partir do dia seguínte da baixa médica.
  • Incapacidade permanente en todos os seus grados e lesións permanentes non invalidantes: si despois da alta médica a enfermidade profesional ocasiona lesións irreversíbeis, a S.S (ou Mutua) indemnizarate con un tanto alzado ou farase cargo da pensión vitalicia. Esta contía varía tendo en conta a base reguladora e a incapacidade do enfermo.
  • Prestacións de morte e supervivencia: No suposto de falecemento, os fillos beneficiaranse dunha indemnización a tanto alzado ou unha pensión.
Ficheiro adxunto