A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Seguridade vial e accidentalidade no uso de maquinaria agrícola

Seguridade vial e accidentalidade no uso de maquinaria agrícola

24 de Septembro do 2013

tractor

A condución de tractores e maquinaria agrícola ten as súas especificidades que deberemos atender se non queremos ter un accidente. Non en van, as estatísticas reflicten que son accidentes de tractor os que un maior número de vítimas mortais producen cada ano na actividade agrogandeira.

RISCO DE ENVORCO

Envorcos laterais 

Conducir sempre o tractor a unha distancia prudencial das zonas do terreo que por presentar desniveis  (cunetas, canais, regueiras, noiros, etc.)

Ao iniciar o descenso por unha pendente, sobre todo se o tractor arrastra un remolque cargado, poñer a velocidade máis curta.

Cando se circula transportando remolques excesivamente cargados e sen sistemas de freado independente, evitarase a parada brusca do tractor.

Ao realizar labores de arado levantarase o apeiro ao efectuar os xiros ou cambios de sentido no labor, co fin de evitar empurres do terreo

Sempre que os labores a realizar o permitan,  utilizaráse a máxima anchura de vía posible, tanto nas rodas traseiras coma nas dianteiras, co que se mellora a estabilidade do tractor.

En circulación normal, os pedais de freo deberán levarse bloqueados mediante o ferrollo de blocaxe

A circulación entre parcelas a distinto nivel debe facerse sempre por accesos adecuados construidos a tal fin, e nunca remontando ou descendendo o noiro ou parede de desnivel

Fochancas ou cualquera outra elevación ou depresión do terreo.

Envorcos cara a atrás

Elixir apeiros apropiados ao tipo de tractor empregado de forma que non ofrezan excesiva resistencia ao avance del tractor.

Evitar a suba de pendentes fortes transportando apeiros pesados suspendidos ou remolques excesivamente cargados, lastrándose adecuadamente o eixe dianteiro.

En terreo con forte pendente, ao realizar cambios no sentido da marcha, cómpre manobrar lentamente  de forma tal que a parte dianteira do tractor quede sempre na parte máis baixa do terreo .

Independentemente das normas adoptadas para evitar o empinamento do tractor, en caso de iniciarse este, deberase pisar inmediatamente o pedal de embrague para que o tractor volva á súa posición normal.

Ao enganchar o remolque ao tractor procurarase que o punto de enganche quede o mais baixo posible .

Cando en traballos de labor se atope unha resistencia acusada no terreo que impida a marcha normal do tractor, non forzalo acelerando e embragando bruscamente .

A utilización de apeiros con desenganche automático evita os riscos procedentes das resistencias acusadas. Cando o tractor sufra un atasco no terreo , nunca debemos  intentar sacalo colocando debaixo das rodas motrices obxectos tales como: ramas, pedras, etc. (Risco de empinamento)

ATROPELOS

Outro dos principais riscos no relativo á mobilidade da maquinaria agraria que se aprecia como importante é o risco de atropelo de terceiras persoas ou o autoatropelo.

O risco por atropelo derivado da circulación do tractor é outro dos accidentes frecuentes apontoados polo sector. Isto e especialmente frecuente no traballo con motocultores.

O tractor pode provocar accidentes a terceiras persoas. Nos casos nos que o tractor atropela ao seu propio condutor fálase de autoatropelo. Este risco está asociado sempre a paradas e estacionamentos defectuosos.

Compre pois extremar a precaución, accionando todos os mecanismos de seguridade dispoñibles, cada vez que se efectúe un estacionamento ( e moi especialmente si se realiza en terreo ou nunha vía con pendente).

RISCO DERIVADOS DA CIRCULACIÓN

Viraxes incorrectas

Adoita a ser unha das infraccións mais frecuentes. Compre pois realizar as viraxes con estrita observancia do código de circulación, mesmo naquelas vías que poidamos considerar de baixa perigosidade.

Distraccións e falla de atención

Este é un dos comportamentos, asociados a subestimar os riscos e os perigos, onde mais necesario semella un traballo de concienciación dos mesmos. E obvio que ante tal situación a recomendación non pode ser outra, que a de baixo ningún concepto caer na distracción ou desprezo do risco ou dos perigos potenciais, por moi ben  que se coñeza a vía pola que se circula.

Non respectar os ceda o paso e os stops

Respecto escrupuloso aos sinais de STOP e CEDA O PASO, máxime tratándose de riscos e perigos que non son descoñecidos para ningún usuario habitual de maquinaria agrícola.

Invasión parcial do sentido contrario

A invasión parcial do sentido contrario de circulación ten a súa causa con frecuencia na estreiteza de moitas vías públicas no medio rural, así como a escaseza de beirarrúas (ou en todo caso a existencia de beirarrúas con insuficiente anchura).non obstante compra evitar sempre a invasión parcial do sentido de circulación contrario, mesmo coas dificultades que isto implica en vías estreitos que non dispoñen de beirarrúas ou carrís propiamente ditos

Velocidade inaxeitada

A xa comentada estrita observancia do código de circulación debe levarnos a non caer en infraccións do mesmo a por tanto a un respecto escrupuloso dos Límites de velocidade establecidos para a maquinaria agrícola.

A análise dos riscos mais frecuentes que se sinalan nos parágrafos anteriores, lévanos a establecer, tanto para a fase anterior a circulación coa maquinaria como para a circulación propiamente dita, unha serie de recomendacións básicas.

ANTES DE CIRCULAR

É importante realizar antes de comeza a traballar unha comprobación visual do estado da máquina, botándolle unha ollada a freos, dirección, intermitentes, as luces de freado e o alumeado, partes móbiles, etc....Nese senso e especialmente aconsellable a revisión dos elementos de iluminación, especialmente si se vai traballar de noite.

Manter limpos os cristais da cabina , así como os espellos retrovisores, unha boa visibilidade pode evitar accidentes.

Limpar a terra das lámpadas e da matrícula.

Non intervir na maquinaria, nin modificar ou eliminar elementos de vital importancia para a seguridade, tales coma cabinas, elementos de protección, etc.

Recoller o apeiro á súa mínima altura para circular por estrada.

Non sobrecargar nunca o tractor.

Como recomendación para circular por vías en bo estado, non superar nunca 1,5 veces o peso do tractor. Fóra de vías nin sequera alcanzar esa cifra.

Baixo ningún concepto debese circular con persoas no tractor ou remolques.

Enganchar remolque ó tractor no punto máis baixo sinalado polo fabricante.

Sinalizar os extremos do apeiro con trapos de cores vivas. Si se circula en condicións de mala visibilidade colocar unha luz vermella sobre o seu extremo.

Cómpre ter en conta que o cumprimento dás recomendacións do manual de utilización da máquina proporcionado polo operador, e un elemento básico para evitar problemas de toda índole, pero tamén e sobre todo para evitar problemas de seguridade viaria.

CIRCULANDO

Respectar escrupulosamente todas as normas do Código de Circulación.

Aínda que poida parecer obvia, compre facer especial fincapé nesta recomendación, xa que sobre todo en estradas e camiños do medio rural e en Estradas estatais e autonómicas de escasa intensidade de circulación, téndese a unha interpretación laxa do Código de circulación ou mesmo a ignoralo abertamente.

A velocidade non pode superar os 40 Km / h.

Evitar incorporacións en curvas sen visibilidade (curvas e cambios de rasante).

Evitar incorporacións con moito nivel, en especial si arrastra un remolque cargado.

Circular pola beirarrúa, arrimado o máis posible á dereita da calzada, facilitando o adiantamento de outros vehículos.

Sinalizar tódalas accións co tempo suficiente.

Nunca deixar desprazar o tractor en punto morto.

Ficheiro adxunto