A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas

Novas

  1. XV Encontro de Mulleres

    O Sindicato Labrego celebrará esta fin de semana en Allariz e Verín o seu XV Encontro da Secretaría das Mulleres

    28 de Febreiro do 2020 · 

    A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego organiza esta fin de semana, 29 de febreiro e 1 de marzo, o seu XV Encontro Anual que, desta vez, celebrarase dacabalo das vilas ourensás de Allariz e Verín. Nesta ocasión, un dos temas centrais do evento serán os servizos sanitarios e de saúde no medio rural e como o seu desmantelamento a causa dos recortes de fondos públicos afecta en maior medida ás mulleres.

  2. MEL

    O SLG solidarízase con Manuel García, o labrego do Movemento Ecoloxista da Limia demandado por Coren

    28 de Febreiro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa solidariedade e apoio a Manuel García, labrego e activista do Movemento Ecoloxista da Limia (MEL), que vén de ser denunciado por Coren. Dende o SLG, cremos que Coren debería retirar a súa denuncia e afrontar unha xestión de residuos que se xa hai tempo que se lle foi das mans.

  3. Isabel Vilalba

    O Sindicato Labrego Galego inicia unha campaña de accións para poñer o rural e a agricultura de Galiza sobre a mesa

    26 de Febreiro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego ofreceu hoxe, 26 de febreiro, unha rolda de prensa que supón o inicio dunha campaña de accións que, baixo o lema “O rural galego sobre a mesa”, pretende chamar a atención sobre a necesidade de poñer en marcha políticas dende todas as administracións dirixidas a dignificar a profesión labrega e a vida no campo. Na rolda de prensa participaron a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane; e, por parte da Mocidade Labrega, Sonia Vidal Lamas e Santi Rodríguez Cid.

  4. Viñopoly

    10 adegas acaparan o 60% dos máis de 4 millóns de euros das axudas de Medio Rural ao sector vitivinícola

    21 de Febreiro do 2020 · 

    O Diario Oficial de Galicia publicou nas últimas semanas as resolucións das axudas convocadas en 2019, pola Consellaría de Medio Rural, para apoiar distintos aspectos da produción vitivinícola: reestruturación de viñedo, promoción en terceiros países e investimentos para elaboración e comercialización. Mentres que as axudas á reestruturación repártense entre máis solicitantes, 1.514.342 € entre 122 solicitudes; as outras dúas liñas son máis selectas: nas axudas para a promoción a terceiros países repartíronse 905.000 € entre 23 adegas; e para investimentos, case 2 millóns de euros entre 16.

  5. Demanda cártel leite

    O SLG organiza dúas asembleas en Lugo e Compostela para seguir adiante coa demanda contra o cártel do leite

    19 de Febreiro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego organizará dous novos encontros centrados na demanda xudicial contra o cártel do leite, que se celebrarán en Compostela e Lugo os días 20 e 21 de febreiro respectivamente. Estas xuntanzas dan continuidade ao proceso de asembleas comarcais que o SLG levou a cabo, entre novembro e decembro do ano pasado, para informar ao sector lácteo da posibilidade de recorrer á vía xudicial para reclamar o diñeiro perdido polo pacto de prezos entre as industrias multadas por Competencia.

  6. DOG lupa

    O SLG achega correccións ás axudas para investimentos nas granxas que Medio Rural se compromete a corrixir

    17 de Febreiro do 2020 · 

    O 28 de xaneiro, a Consellaría de Medio Rural publicou as bases para concorrer ás axudas para apoiar investimentos nas explotacións agrícolas, que establecen tres liñas principais: incorporación de mozos e mozas, plans de mellora e pequenas explotacións. Tras analizar polo miúdo as bases da convocatoria, os servizos técnicos do Sindicato Labrego Galego descubriron unha nova esixencia que non aparecía en anteriores convocatorias que, de non corrixirse, excluiría á maioría das granxas familiares de Galiza. Dende o SLG, así llo transmitimos á Consellaría de Medio Rural, que se comprometeu a corrixir os erros.

  7. Titularidade compartida

    O SLG avoga por introducir a problemática da titularidade compartida no Plan de Igualdade de Vilalba

    15 de Febreiro do 2020 · 

    O Concello de Vilalba está traballando no terceiro Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres para o que convocou a diversas organizacións e colectivos da Terra Chá a un encontro de traballo o pasado xoves, 13 de febreiro. Por parte da Secretaría das Mulleres do SLG acudiu a nosa coordinadora na Terra Chá, Margarida Prieto Ledo, que propuxo desenvolver accións para afrontar a problemática da titularidade compartida.

  8. Xornada Defensa Terra

    Unha trintena de organizacións e plataformas tecen redes para defender a terra da depredación e o acaparamento

    10 de Febreiro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou, o 8 de febreiro, no local social da Liga Santaballesa (Santaballa, Vilalba), o primeiro Encontro Nacional para a Defensa da Terra, onde se citaron organizacións e colectivos que, dunha maneira ou outra, loitan contra o acaparamento de terras na Galiza.

  9. SOS Sanidade Pública

    O SLG apoia a manifestación de SOS Sanidade Pública para rematar cuns recortes sanitarios que se ceban co rural

    6 de Febreiro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoia a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública deste domingo, 9 de febreiro, en defensa do sistema sanitario público galego e dunha atención primaria digna. Os problemas da sanidade pública causados polos permanentes recortes agudízanse nos puntos de atención continuada das zonas rurais e, en especial, nos hospitais comarcais, que acusan aínda máis a falla de recursos materiais e humanos, o que se traduce nun deterioro dos servizos sanitarios e da saúde de usuarios e usuarias máis que preocupante en amplas zonas da Galiza rural.

  10. Xornada acaparamento de terras

    Unha vintena de colectivos reuniranse en Vilalba na Xornada Nacional en Defensa da Terra organizada polo SLG

    5 de Febreiro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego organiza este sábado, 8 de febreiro, unha Xornada Nacional en Defensa da Terra, que terá lugar no local da Liga Santaballesa, na parroquia de Santaballa (Vilalba, Lugo). Con esta convocatoria, dende o SLG queremos tecer redes de ideas e accións con activistas e colectivos de toda Galiza e de diversos ámbitos para enfrontar un fenómeno, cada vez máis agresivo e crecente, como o do acaparamento de terras, que usurpa os predios en favor de actividades industriais e en detrimento da produción de alimentos e do uso e desfrute das comunidades rurais vinculadas ao territorio.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. Seguinte

Arquivo