A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas

Novas

  1. Rolda SLG Fauna Salvaxe

    O SLG e Asperfasa convocan manifestación o 8 de maio para denunciar a indefensión cos ataques da fauna salvaxe

    26 de Marzo do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego ofreceu, o 25 de marzo, unha rolda de prensa en Lugo para denunciar a indefensión que están a sufrir as granxas de toda Galiza diante dos ataques da fauna salvaxe. Aínda que, inicialmente, puxo o 11 de abril como data para realizar unha manifestación de protesta, acabou chegando a un acordo coa Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe (Aprefasa) e, de cara a unir forzas e facer unha convocatoria o máis ampla posible, pospoñeuse a marcha de protesta en Compostela para o 8 de maio.

  2. Fouce 324

    O Fouce 324 tinxe de lilá a súa portada para facer crónica da campaña da Secretaría das Mulleres do SLG polo 8M

    21 de Marzo do 2019 · 

     

    Como non podía ser doutro xeito, o Fouce 324 mudou a súa portada á cor lilá, dedicándolle especial atención á Folga do 8 de marzo e a toda a actividade desenvolvida pola Secretaría das Mulleres do SLG ao redor desta data, dende a campaña de encontros por varias comarcas rurais até o XIV Encontro de Labregas. Ademais, un caderno central de catro páxinas fala polo miúdo do IV Encontro de ContraMINAcción, Xabier Simón fálanos do Observatorio Eólico de Galicia, tratamos en profundidade a sentenza que avala as denuncias do SLG contra a fiscalización abusiva das axudas de incorporación -incluíndo unha entrevista na contraportada a Conchi Docampo ou, coma sempre, traemos a actualidade dos diversos sectores produtivos do noso agro.

    Se queres ler este Fouce 324, podes descargalo na icona que atoparás no remate desta páxina.

  3. Marcha Mundial das Mulleres

    Manifesto da Marcha Mundial das Mulleres diante do feminicidio de María José Aboy Guimarei en Valga

    12 de Marzo do 2019 · 

    A Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres vén de facer público un comunicado no que  denuncia o feminicidio de María José Aboy Guimarey, de 43 anos, no municipio pontevedrés de Valga, asasinada dun disparo no peito o pasado domingo polo seu marido. Se queredes ler o comunicado completo, podedes descargalo na icona que segue a continuación.

  4. 8M Vilalba

    Solidariedade do 8M en Vilalba cunha muller maltratada polas barreiras arquitectónicas do Concello de Abadín

    8 de Marzo do 2019 · 

    A folga feminista en Vilalba comezou a primeira hora da mañá cun acto simbólico: vestir cun mandil o busto de Fraga Iribarne, na praza do Concello, onde se podía ler a súa frase de cando era ministro de Gobernación durante a Transición: “Que este exemplo sirva de lección a todo o país”, en alusión aos cinco traballadores asasinados polo fogo indiscriminado dos antidisturbios cando celebraban unha asemblea en Vitoria, o 3 de marzo de 1976.

  5. Rolda XIV Encontro Mulleres

    O Sindicato Labrego Galego celebra esta fin de semana en Nigrán o XIV Encontro da Secretaría das Mulleres

    7 de Marzo do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego presentou, o 6 de marzo, o XIV Encontro da Secretaría das Mulleres. Foi a responsábel desta área da organización agraria, María Ferreiro, a encargada de comparecer diante dos medios de comunicación para falar dun evento que, nesta ocasión, versará sobre “Corpo e Territorio”.

  6. Balseiros

    O SLG critica a exclusión das organizacións agrarias na xuntanza de Medio Rural na Limia polo regadío e os xurros

    1 de Marzo do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego non sae do seu asombro tras saber, a través de varios medios de comunicación, da xuntanza mantida entre o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e diversos colectivos e asociacións da Limia, o 26 de febreiro, para tratar cuestións como o regadío ou a xestión dos refugallos gandeiros na comarca.

  7. Consello Forestal

    O mal funcionamento do Consello Forestal de Galicia volve derivar na exclusión dos axentes sociais do sector

    28 de Febreiro do 2019 · 

    Trala celebración da última xuntanza do Consello Forestal, o pasado 19 de febreiro, o Sindicato Labrego Galego, Asociación Frouma e Amigos da Terra queren denunciar, unha vez máis, a exclusión dos axentes do sector á hora de dialogar e traballar para facer políticas forestais de consenso.

  8. Rolda plans incorporacion

    O SLG pide a exención fiscal para as axudas de incorporación e a devolución rápida dos ingresos indebidos

    19 de Febreiro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego deu unha rolda de prensa o 18 de febreiro para denunciar a tributación abusiva que Facenda está a impor ás axudas dos Plans de Incorporación de xente nova á actividade agraria. Na comparecencia ante os medios de comunicación, que se celebrou en Compostela, participaron a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane; Conchi Docampo, labrega afectada á que lle vén de dar a razón a xustiza; e Sonia Vidal Lamas, gandeira que tamén sufriu esta fiscalidade excesiva e que é unha das coordinadoras da Mocidade Labrega.

  9. IV Contraminacción

    Colectivos de Galiza, España e Portugal colaboran no IV Encontro de Contraminacción para enfrontar a minaría

    16 de Febreiro do 2019 · 

    A Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza ContraMINAcción desenvolveu durante a xornada deste sábado, 16 de febreiro, a parte principal da programación do seu IV Encontro. Nesta ocasión, como xa temos informado, acudiron representantes de organizacións e plataformas de toda a Península Ibérica que están a enfrontar nos seus respectivos territorios a ameaza, o impacto directo ou as secuelas da actividade mineira. Precisamente, esta pluralidade de voces serviu para tirar varios denominadores comúns que se están a dar nesta loita.

  10. Santi Rodríguez Cid

    O SLG inicia en Ourense un ciclo de palestras con "Alimentación consecuente. O cambio nas nosas mans"

    15 de Febreiro do 2019 · 

    Onte comezamos en Ourense unha rolda de charlas organizadas pola Mocidade do Sindicato Labrego Galego de cara a difundir cuestións como a soberanía alimentaria, a importancia de consumir alimentos producidos localmente, as problemáticas ás que se está a enfrontar a xente nova que quere facer da agricultura o seu medio de vida, etcétera

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. Seguinte

Arquivo