A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas

Novas

  1. Contra IRPF incorporacións

    A xustiza avala as denuncias do Sindicato Labrego Galego contra a excesiva fiscalidade nas axudas de incorporación

    8 de Febreiro do 2019 · 

    O Tribunal Económico-Administrativo de Galiza vén de dar a razón un mozo afectado pola excesiva fiscalidade sobre os plans de incorporación de xente nova.Desta maneira, vén de sentarse xurisprudencia a favor de varias denuncias presentadas polo SLG contra a excesiva e inxusta fiscalidade que a Axencia Tributaria lle estaba a aplicar aos Plans de Incorporación de xente moza.

  2. Mani SOS Sanidade Pública

    O SLG apoia a manifestación de SOS Sanidade Pública para reivindicar unha atención primaria digna

    6 de Febreiro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoia a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública deste domingo, 10 de febreiro, en defensa do sistema sanitario público galego e dunha atención primaria digna. Dende que comezaron os recortes no noso sistema sanitario, este non fixo máis que degradarse, ano tras ano: precariedade laboral, problemas de accesibilidade a probas diagnósticas, sobrecarga crónica, perda da dirección autónoma de atención primaria, perda de financiamento, falta de tempo para atender os e as pacientes, supresión das áreas sanitarias e de servizos nos hospitais comarcais, etc.

  3. IV Encontro Contraminacción

    O IV Encontro de ContraMINAcción convocará na Galiza movementos contra a minaría destrutiva de toda a Península

    5 de Febreiro do 2019 · 

    A Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza ContraMINAcción1 está a organizar o seu IV Encontro, que se celebrará en Santiago de Compostela os días 16 e 17 de febreiro. Nesta cuarta edición, baixo o título “Impactos da minaría na Península Ibérica”, o evento transcende as fronteiras de Galiza ao invitar 14 organizacións e plataformas que se opoñen á actividade mineira en España e Portugal polas consecuencias negativas que esta ten no seu entorno2.

  4. A Limia

    O SLG denuncia o desmantelamento da Oficina Agraria Comarcal de Xinzo e demanda recursos suficientes para ela

    4 de Febreiro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego rexistrou unha instancia na que se interpela á Consellaría de Medio Rural para que dote de suficientes medios materiais e humanos a Oficina Agraria Comarcal (OAC) de Xinzo de Limia. No escrito presentado denúnciase que “sendo a OAC de Xinzo de Limia a que conta con maior carga de traballo de todas as oficinas agrarias comarcais da provincia de Ourense e de Galicia, tanto en volume como en número de explotacións (...), leva varios meses sen técnicos para tramitar axudas nin para xustificar as xa aprobadas”.

  5. Folga Feminista

    Sindicato Labrego, CUT e Sindicato Ferroviario-Intersindical rexistramos o preaviso para a Folga de Mulleres do 8M

    4 de Febreiro do 2019 · 

    O 31 de xaneiro, a CUT, Sindicato Labrego Galego (representado por María Ferreiro, responsábel da Secretaría das Mulleres) e Sindicato Ferroviario-Intersindical rexistramos na Consellería de Traballo o preaviso de convocatoria de folga de 24 horas para o vindeiro 8 de marzo, tal e como fixemos as tres organizacións sindicais o ano pasado seguindo o mandato dos movementos feministas.  De seguido, compartimos con vós o texto principal do preaviso:

  6. Cecilia Fernández

    Cecilia Fernández: "Contra os estereotipos no mundo do viño, na miña empresa traballamos tres mulleres"

    1 de Febreiro do 2019 · 

    Cecilia Fernández Rodríguez é valdeorresa de raíz. Se cadra por iso, aínda que se formou como bióloga, acabou entre viñedos. Foi traballando como inspectora do Consello Regulador de Valdeorras cando lle espertou a vocación, hai máis de quince anos. Dende aquela, tivo tempo de licenciarse como enóloga e de traballar para adegas da Rioxa, O Bierzo ou Valdeorras. Iso foi até 2016, cando naceu Icía e decidiu dedicarlle o seu tempo. Ese alto no camiño serviría para mudar de rumbo e abrir unha consultoría enolóxica, profesión que compaxina co traballo nos viñedos familiares xunto ao seu pai e a elaboración de viño para autoconsumo.

  7. Instancia couza guatemalteca

    O SLG demanda de Medio Rural xuntanzas informativas en todas as comarcas afectadas pola couza guatemalteca

    1 de Febreiro do 2019 · 

    O vicerresponsábel do Sector de Horta, Froita e Flor do Sindicato Labrego Galego, Henrique Outes, rexistrou un escrito dirixido ao conselleiro de Medio Rural no que se denuncia o escurantismo da Consellaría á hora de tratar a crise da couza guatemalteca. As familias que cultivan pataca nas zonas afectadas só están accedendo á información sobre a xestión desta praga a través dos medios de comunicación que, en ocasións, publican datos contraditorios que non fan máis que xerar unha maior confusión, realizando un labor informativo necesario pero que debería corresponder, en primeiro termo, á propia Xunta de Galicia.

  8. Agromo

    A ferida labrega

    31 de Xaneiro do 2019 · 

    por Sabela Facal, labrega.

    Na sección de Mocidade do Fouce 323, Sabela Facal reflexiona sobre as difucultades da xente nova que se incorpora á agricultura, sexan mozos e mozas "neorrurais" que proceden de ámbitos urbanos ou que non tiveran antes relación co agro, sexan aqueles e aquelas que herdan o oficio de pais e nais. Sexan quen sexan, as dificultuades e os atrancos están asegurados...

  9. Conselleiro

    O SLG pide que os plans de mobilidade de terras favorezan no reparto a xente nova e granxas da zona

    29 de Xaneiro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego vai iniciar unha rolda de contactos cos partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia para pedirlles información sobre os plans piloto de mobilidade de terras que está a desenvolver a Consellaría de Medio Rural en comarcas como Lemos, Ancares, Courel, O Ribeiro ou Verín.

  10. José Luís Martín

    José Luís Martín: "Galiza cometeu o erro de non apostar por razas autóctonas para facer queixo"

    29 de Xaneiro do 2019 · 

    Sempre é un pracer falar co mestre queixeiro José Luís Martín, un dos expertos máis reputados do Estado que é director do Espazo Gourmetquesos do Salón de Gourmets de Madrid e coordina o Campionato dos Mellores Queixos de España, que leva nove edicións. En 2012, tivemos oportunidade de entrevistalo para o Fouce (nº 291, páxs. 14 e 15) e, agora de novo, aproveitando o curso de elaboración de queixos que impartiu en Dordaño (Cesuras), volvemos falar con el de cuestións como as claves para dar o paso da produción de leite á de queixos ou en que deberían mellorar as nosas denominacións de orixe. A presente entrevista que compartimos aquí con vós foi publicada no Fouce 323.

  1. Anterior
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. Seguinte

Arquivo