A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2004

Novas: 2004

  1. O Sindicato Labrego Galego responde a enquisa do Ministerio de Agricultura sobre a etiquetaxe do mel

    Mel 18 de Decembro do 2018 · 

    Até o este mércores 20 de decembro está aberta unha consulta pública do Ministerio de Agricultura sobre a implantación e obriga dunha etiquetaxe máis detallada da orixe de mel. É importante que os consumidores e consumidoras teñamos información clara sobre a orixe dos produtos que mercamos, e os produtores e produtoras a oportunidade de defendernos ante as importacións masivas de mel de baixa calidade.

  2. O Goberno esquece o sector produtor para defender só as grandes distribuidoras na regulación da venda a perdas

    Cadea de valor 17 de Decembro do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego lamenta a falla de compromiso demostrada pola Xefatura do Estado cos labregos e labregas no Real Decreto Lei 20/2018 de Medidas Urxentes para o Impulso da Competitividade Económica na Industria e Comercio. Coa súa publicación, e coa regulación da prohibición da venda a perdas, o Goberno volve lexislar para as grandes empresas e perde unha oportunidade de reforzar e protexer a posición do sector produtor.

  3. SLG e AGA esixen unha etiquetaxe transparente para o mel de cara a evitar a venda fraudulenta de produtos foráneos

    Concentración apícola 11 de Decembro do 2018 · 

    A Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) organizou unha campaña de accións en 18 cidades do Estado para denunciar a normativa que regula a etiquetaxe do mel, por amparar a fraude e prexudicar directamente o mel de calidade dos nosos apicultores e das nosas apicultoras.Na Galiza, fomos o Sindicato Labrego Galego e a Asociación Galega de Apicultura as organizacións encargadas de secundar esta mobilización, cunha concentración no Centro Comercial As Cancelas, en Compostela. De seguido, compartimos con vós o manifesto:

  4. SLG e AGA farán unha protesta o 11 de decembro en Compostela en defensa do noso mel

    Mel COAG 5 de Decembro do 2018 · 

    O sector apícola da Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG), da que forma parte o Sindicato Labrego Galego, organizou unha serie de mobilizacións para o 11 de decembro en Almería, Córdoba, Guadalaxara, Xaén, As Palmas, Logroño, Málaga, Menorca, Murcia, Oviedo, Pamplona, Salamanca, Santander, Santiago de Compostela, Sevilla, Tenerife, Valencia e Zaragoza, para denunciar os abusos da industria do mel a produtores e produtoras, por unha banda, e ás persoas que consumen, por outra.

  5. O SLG fixo tres obradoiros para traballar polos dereitos das mulleres que sofren violencia e do colectivo LGTBIQ

    Sen prexuízos no rural 4 de Decembro do 2018 · 

    A finais de novembro, baixo o título “Sen prexuízos no rural”, a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego rematou unha serie de tres obradoiros cos que tentamos achegarnos máis á realidade que sofren as mulleres que padecen situacións de violencia e ás persoas dos colectivos LGTBIQ que viven no rural, especialmente o da comarca compostelá. Esta actividade fíxose co apoio económico da Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago, e contou co acompañamento da facilitadora Tareixa Ledo Regal.

  6. O III Foro Labrego de Agreocoloxía no Fouce 322: Proxectos agroecolóxicos coa forza das redes e do colectivo

    Foro Agroecoloxía 3 de Decembro do 2018 · 

    A falta de espazo no Fouce 322 fixo que non puidésemos darlle unha extensión suficiente a varios contidos do III Foro Labrego de Agroecoloxía que foron do máis interesante. Un bo exemplo é o da palestra de proxectos agroecolóxicos celebrada o primeiro día, que convocou catro experiencias do máis diverso co denominador común de seren iniciativas cooperativas ou colectivas. De seguido, compartimos con vós o texto íntegro orixinal que tivemos que resumir para publicar na edición impresa do Fouce.

  7. O II Festival Son Labreg@ no Fouce 322: "Sangue novo para pór a andar a agroecoloxía e a cultura no rural"

    II Festival Son Labrego 30 de Novembro do 2018 · 

    No Fouce 322, publicamos unha crónica de dúas páxinas sobre os principais contidos que encheron as palestras do II Festival Son Labreg@. Esas dúas páxinas quedaron curtas, polo que agora compartimos con vós o texto orixinal ampliado no que damos voz a labregos e labregas como Alberte Santín, Ana Corredoria, Xosé García ou Mónica Llenderrozos; e a activistas culturais do rural como Anxo Moure, Lola Tourón, Xosé Bocixa ou Vanesa Castro. 

  8. Campaña de mobilizacións e emendas da ECVC para dar unha viraxe labrega á Política Agraria Común

    Mani CNA Lisboa 29 de Novembro do 2018 · 

    A menos dunha semana da presentación das emendas aos informes do Parlamento Europeo sobre a Política Agraria Común (PAC) post 2020, a Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) está a desenvolver unha campaña en toda Europa para insistir na necesidade de definir un modelo agrícola que sexa sostible e constitúa un verdadeiro apoio para as zonas rurais.

  9. A caída na produción e a estabilidade nos prezos marcou o panorama xeral da vendima de 2018

    Vendima 26 de Novembro do 2018 · 

    Este ano, a colleita de uva veu condicionada, como xa informamos no anterior Fouce, por fortes ataques de fungos como o mildiu ou o black roth, que afectaron de maneira desigual, dependendo da zona, e se cebaron especialmente cos viñedos traballados en ecolóxico, con abondosas perdas. No #Fouce322 falamos cos nosos vocais nas diversas denominacións de orixe para que nos contasen como foi esta campaña en cada rexión vinícola galega.

  10. Manifestación das Marchas da Dignidade o sábado en Touro contra a depredación empresarial da Galiza

    Marchas da Dignidade en Touro 26 de Novembro do 2018 · 

    Este sábado, 1 de decembro, as Marchas da Dignidade, das que formamos parte o SLG, convocamos unha manifestación contra a depredación que leva décadas sufrindo o noso territorio, de norte a sur e de leste a oeste, de Lourizán a Corcoesto, da Limia ao Courel, coa complicidade vasala do meirande das administracións con respecto aos intereses empresariais. O lugar para realizar a marcha será Touro, pola súa especial significación que acadou nos últimos meses nesta loita contra a depredación sen límites e para expresar o apoio das organizacións que formamos parte das Marchas da Dignidade á loita contra o proxecto de Atalaya Mining. De seguido, compartimos con vós o manifesto:

  1. Pilar Bello

    Pilar Bello, gandeira de vacún e membro da Comisión Executiva do SLG

    2 de Decembro do 2004 · 

    “A crise das vacas tolas non está aínda superada; máis ben, foi esquecida”

  2. Faustino Gándara

    Faustino Gándara Martínez, membro da Executiva do SLG e produtor de leite

    2 de Novembro do 2004 · 

    “Máis que axudas, necesitamos un prezo digno polo noso produto e traballo”

  3. Luísa Mayo

    Luísa Mayo, produtora de pataca e trigo e membro da Comisión Executiva do SLG

    3 de Outubro do 2004 · 

    “Págannos a pataca a 10 pesetas, cando se vendía polo triplo hai trinta anos”

  4. Claudio Quintillan

    Claudio Quintillán, portavoz do Comité en Defensa do Monte Galego

    3 de Septembro do 2004 · 

    “O meirande das causas dos lumes forestais relaciónanse coa desvalorización do agro”

  5. Antón Sánchez

    Antón Sánchez García, responsábel de horta do SLG na comarca de As Mariñas

    3 de Agosto do 2004 · 

    “Cos prezos actuais do solo é moi difícil que os mozos poidan acceder á terra para traballar”

  6. Xosé Ramón Cendán

    Xosé Ramón Cendán, membro da Executiva da Coordinadora Labrega Europea e do SLG

    3 de Xullo do 2004 · 

    “Os novos países da UE sufrirán un descenso brutal de explotacións peor que o de Galiza”

  7. Isabel Vilalba

    Isabel Vilalba, responsábel da Secretaría da Muller do SLG e membro da Executiva

    3 de Xuño do 2004 · 

    “As labregas de Galiza estiveron presentes na Marcha grazas ás nosas afiliadas”

  8. Xurxo Álvarez

    Xurxo Álvarez Pérez, membro da Comisión Executiva do SLG e viticultor

    3 de Maio do 2004 · 

    “O SLG fixo máis pola recuperación e reestructuración do viñedo que a Xunta”

  9. Carme Porca Vidal

    Carme Porca Vidal, responsábel da Dirección do Leite do Sindicato Labrego Galego

    3 de Abril do 2004 · 

    “Galiza non pode asumir un control da cota láctea tan drástico e traumático”

  10. Pura Seoane

    Pura Seoane Alvela, membro da Comisión Executiva e da Directiva do Sindicato Labrego Galego

    3 de Marzo do 2004 · 

    “A producción labrega é a saída á actual inseguridade que hai na alimentación”

  1. 1
  2. 2
  3. Seguinte