A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2004

Novas: 2004

  1. O SLG denuncia ante Medio Rural os abusos de Facenda nas axudas de incorporación e na transmisión de granxas

    Xuntanza SLG Belén Do Campo 12 de Xaneiro do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego mantivo, o 11 de xaneiro, un encontro de traballo coa directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta, Belén do Campo, no que se denunciaron as prácticas abusivas da Axencia Tributaria ao gravar as axudas de incorporación de xente moza á actividade agraria ou o traspaso de granxas entre familiares. Por parte da organización agraria asistiron ao encontro Conchi Docampo e María Ferreiro, ambas integrantes da Executiva do SLG.

  2. O SLG detecta erros masivos na revisión catastral de Vilalba que afectan 1.200 expedientes de granxas no municipio

    Catastrazo 11 de Xaneiro do 2018 · 

    En días pasados, o Concello de Vilalba anunciaba a aprobación de bonificacións na aplicación do Imposto de Bens Inmobles (IBI) coa intención de minguar o forte impacto económico que a revisión catastral realizada neste municipio ía ter nas economías familiares, especialmente no rural e nas propiedades das granxas. Porén, esta boa nova verase ensombrecida polos erros masivos que se cometeron na Regularización catastral.

  3. Medio Rural e Agricultura substitúen a política leiteira por propaganda para maquillar os peores prezos da UE

    Vacas frisoas 9 de Xaneiro do 2018 · 

    Nun alarde de optimismo, a Consellaría de Medio Rural comezaba o ano 2018 publicando un comunicado no que se xactaba de que Galiza era “a comunidade española na que máis medrou o prezo dende novembro de 2015”, enfeitando a aseveración cunha morea de cifras e mesmo atrevéndose a sacar peito na cuestión dos valores lácteos ao dicir que nese aumento quedamos por riba de comunidades veciñas Asturias ou Cantabria.

  4. O Concello de Muras aproba a redución do IBI ás granxas pero concede só tres días de prazo para solicitala

    IBI 27 de Decembro do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere avisar a toda a veciñanza do rural de Muras que o concello vén de abrir o prazo de solicitude para pedir a redución do Imposto de Bens Inmobles (IBI) ás granxas. Isto acontece despois de que, a finais de 2016, o pleno aprobase inicialmente a ordenanza que o permite; e esta fose aprobada definitivamente e publicada no BOP de Lugo onte, 26 de decembro. Dado que a aplicación da redución do IBI comezaría a ser efectiva dende o 1 de xaneiro de 2018, as persoas que queiran solicitar esta bonificación terán que facelo nos tres días hábiles que lle quedan ao ano 2017: 27, 28 e 29 de decembro. Cando leas isto, só quedarán dous días.

  5. Fouce 317: Repasamos o que deu de si o último trimestre do ano 2017 para a agricultura e o rural galegos

    Fouce 317 22 de Decembro do 2017 · 

    Durante as últimas semanas, estivemos adiantando, paseniño, boa parte dos contidos do noso último voceiro publicado, o Fouce 317. As entrevistas a Eduardo Quintás, mozo gandeiro enfrontado ao proxecto mineiro en Touro e O Pino, ou a Xosé María Vilaverde, labrego a pesares de todo; ou a estensa crónica do II Foro Labrego de Agroecoloxía; xa estiveron circulando polas redes sociais. Agora, podedes descargar o periódico completo na icona que atoparás no remate desta páxina para repasar a actualidade do noso medio rural e da nosa agricultura a través de textos sobre como nos afectan acordos de libre comercio como Mercosur, a nova Lei de Depredación de Galiza, a política catastrófica do Partido Popular contra os lumes ou a intensa campaña da Secretaría das Mulleres do SLG en torno ao 25N.

  6. O PP rexeita o plan de choque contra a Velutina e seguirá coas medidas que permitiron a invasión do 70% da Galiza

    Velutina 21 de Decembro do 2017 · 

    Despois da intensa campaña que fixemos dende a Plataforma STOP Velutina para levar ao Parlamento de Galicia un plan de choque contra a avespa asiática, o Partido Popular acabou impoñendo a súa maioría absoluta, na sesión do 20 de decembro, contra as propostas non de lei presentadas por En Marea, BNG e PSOE neste sentido.

  7. A telematización dos procedementos administrativos discrimina a cidadanía do rural en Galiza

    Burocracia Xunta 21 de Decembro do 2017 · 

    O 2 de outubro de 2015, o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicaba unha Lei de Procedemento Administrativo que obrigaba a telematizar o traballo das administracións e que entraría en vigor un ano despois, en outubro de 2016. É dicir, que dende hai un ano, as entidades asociativas e persoas xurídicas deben relacionarse obrigatoriamente coa Administración por vía telemática, proceso que tamén se está dando cada vez con máis forza coas persoas físicas.

  8. Plan Forestal de Galicia: a Consellaría de Medio Rural comeza a casa polo tellado...

    Eucaliptos 20 de Decembro do 2017 · 

    O pasado luns, 18 de decembro, celebrouse unha nova xuntanza do Consello Forestal de Galicia na que a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández Couto, presentaron a revisión do Plan Forestal de Galicia (PFG). Mentres a nosa equipa técnica está a estudar o documento, dende o Sindicato Labrego Galego queremos valorar a propia presentación do mesmo que se fixo por parte da Consellaría de Medio Rural e que, a nunha primeira impresión, semella que a revisión do PFG non vai mudar nada a política forestal da nosa terra.

  9. O SLG celebra o seu Congreso do Leite nun contexto no que Galiza perde 10'66 millóns ao mes polos baixos prezos

    Congreso do Leite 16 de Decembro do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou, o 15 de decembro, o seu Congreso do Leite en Ordes (A Coruña), onde a gandeira vilalbesa Lupe Prado foi reelixida responsábel do sector. A Dirección do Leite do SLG saínte deste congreso, cuxos membros foron elixidos en asembleas comarcais que se celebraron nas últimas semanas por toda a xeografía galega, terá entre as primeiras tarefas da súa axenda nomear catro representantes provinciais que apoiarán a Lupe Prado no día a día das súas responsabilidades sindicais.

  1. Pilar Bello

    Pilar Bello, gandeira de vacún e membro da Comisión Executiva do SLG

    2 de Decembro do 2004 · 

    “A crise das vacas tolas non está aínda superada; máis ben, foi esquecida”

  2. Faustino Gándara

    Faustino Gándara Martínez, membro da Executiva do SLG e produtor de leite

    2 de Novembro do 2004 · 

    “Máis que axudas, necesitamos un prezo digno polo noso produto e traballo”

  3. Luísa Mayo

    Luísa Mayo, produtora de pataca e trigo e membro da Comisión Executiva do SLG

    3 de Outubro do 2004 · 

    “Págannos a pataca a 10 pesetas, cando se vendía polo triplo hai trinta anos”

  4. Claudio Quintillan

    Claudio Quintillán, portavoz do Comité en Defensa do Monte Galego

    3 de Septembro do 2004 · 

    “O meirande das causas dos lumes forestais relaciónanse coa desvalorización do agro”

  5. Antón Sánchez

    Antón Sánchez García, responsábel de horta do SLG na comarca de As Mariñas

    3 de Agosto do 2004 · 

    “Cos prezos actuais do solo é moi difícil que os mozos poidan acceder á terra para traballar”

  6. Xosé Ramón Cendán

    Xosé Ramón Cendán, membro da Executiva da Coordinadora Labrega Europea e do SLG

    3 de Xullo do 2004 · 

    “Os novos países da UE sufrirán un descenso brutal de explotacións peor que o de Galiza”

  7. Isabel Vilalba

    Isabel Vilalba, responsábel da Secretaría da Muller do SLG e membro da Executiva

    3 de Xuño do 2004 · 

    “As labregas de Galiza estiveron presentes na Marcha grazas ás nosas afiliadas”

  8. Xurxo Álvarez

    Xurxo Álvarez Pérez, membro da Comisión Executiva do SLG e viticultor

    3 de Maio do 2004 · 

    “O SLG fixo máis pola recuperación e reestructuración do viñedo que a Xunta”

  9. Carme Porca Vidal

    Carme Porca Vidal, responsábel da Dirección do Leite do Sindicato Labrego Galego

    3 de Abril do 2004 · 

    “Galiza non pode asumir un control da cota láctea tan drástico e traumático”

  10. Pura Seoane

    Pura Seoane Alvela, membro da Comisión Executiva e da Directiva do Sindicato Labrego Galego

    3 de Marzo do 2004 · 

    “A producción labrega é a saída á actual inseguridade que hai na alimentación”

  1. 1
  2. 2
  3. Seguinte