A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2005

Novas: 2005

  1. Crónica da viaxe da mocidade do Sindicato Labrego Galego a Euskadi para visitar proxectos agroecolóxicos

    Mocidade SLG Euskadi 18 de Maio do 2018 · 

    Do 5 ao 8 de marzo, un grupo de 16 mozos e mozas do Sindicato Labrego Galego percorreron Euskal Herria para coñecer de preto varios proxectos agroecolóxicos. A iniciativa estivo organizada conxuntamente con EHNE Bizkaia, VSF Justicia Social, e contou co financiamento da Consellaría de Medio Rural e do FEADER no marco PDR 2014-2020. Foron días moi intensos a nivel de experiencias e aprendizaxe dos que compartimos con vós neste Fouce unhas pequenas notas sobre os proxectos agroecolóxicos visitados.

  2. contraMINAcción leva a súa campaña contra a mina de Touro e O Pino a cidades como Vigo, Ourense e Bos Aires

    contraminaccion touro 18 de Maio do 2018 · 

    A plataforma contraMINAcción, Rede contra a Minaría Destrutiva de Galiza que agrupa 24 colectivos e plataformas, entre os que se inclúe o SLG, está a desenvolver un intenso traballo dende hai anos para informar á cidadanía do enorme impacto social e medioambiental que ten a minaría destrutiva en diversas localidades galegas. Nese traballo hai que enmarcar a actual campaña contra o proxecto San Rafael de extracción de cobre que pretende levar a cabo Atalaya Mining (Riotinto) nos municipios coruñeses de Touro e O Pino.

  3. Campaña informativa e de alegacións contra a modificación do PXOM de Curtis que desprotexe o solo agrario e forestal

    Concello de Curtis 16 de Maio do 2018 · 

    O Concello de Curtis ten en fase de exposición pública, até o 28 de maio, a modificación puntual nº 7 do seu Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para facer as alegacións ou achegas que se consideren oportunas. O Sindicato Labrego Galego posiciónase contra esta modificación porque pretende suprimir todo o solo rústico de protección agropecuaria e case todo o solo rústico de protección forestal, que pasarían a ser solo rústico de protección ordinaria.

  4. O SLG pide cambiar a ordenanza para bonificar o IBI en Agolada e a publicación dunha nova adaptada á realidade

    Concello de Agolada 15 de Maio do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa indignación pola maneira de proceder do Concello de Agolada na concesión de bonificacións do 95% no IBI para aqueles inmobles rústicos “indispensables para o desenvolvemento das explotacións agrícolas, gandeiras, ou forestais”.

  5. A Dirección de Vacún de Carne do SLG prepara unha campaña para traballar na dignificación do sector

    Vacún de carne SLG 14 de Maio do 2018 · 

    O pasado 19 de abril, o grupo de traballo da Dirección da Carne mantiña unha xuntanza en Compostela na que un dos principais temas trabados foi o deseño dunha campaña para poñer este sector no centro da axenda do Sindicato Labrego Galego.

  6. O SLG interpela ao Catastro para saber se os erros masivos na revisión de Vilalba e Cospeito se dan en máis concellos

    Concello de Cospeito 14 de Maio do 2018 · 

    Do mesmo xeito que aconteceu en Vilalba o ano pasado, neste 2018 a veciñanza de Cospeito vén de recibir 400 notificacións nas que lles reclaman atrasos do IBI de 2016 a bens regularizados ese mesmo ano. Xa non abondaba cos prexuízos económicos do catastrazo -taxas de 60 euros na revisión de cada ben e o correspondente incremento do IBI-, senón que agora castigan aos e ás contribuíntes cunha carreira de obstáculos burocrática innecesaria motivada por erros administrativos.

  7. As condicións leoninas impostas polas grandes distribuidoras afogan o sector hortícola galego

    Eurobanan 10 de Maio do 2018 · 

    Na última xuntanza da Dirección de Horta, Froita e Flor do Sindicato Labrego Galego, presentouse o informe sectorial do ano 2017 no que se fai unha análise que ten como elementos máis destacados a seca e os prezos. Respecto do primeiro tema, constatouse que na maioría das comarcas apenas se solicitaron axudas para a seca, polo que, tal e como denunciou o SLG no seu día, os fondos para paliar os danos pola escaseza de auga están moi mal orientados por parte da Consellaría de Medio Rural e non serven nin para compensar as perdas nin para prever crises semellantes no futuro.

  8. O SLG pide á Seguridade Social que dea marcha atrás na obriga de telematizar todas as xestións para @s autónom@s

    Vaca dixitalizada 10 de Maio do 2018 · 

    O pasado 6 de marzo, o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicaba a Orde Ministerial ESS/214/2018 que modifica a Orde ESS/484/2013 reguladora do Sistema de Remisión Electrónica de Datos na Seguridade Social. Esta nova orde obriga a todos os traballadores e a todas as traballadoras que cotizan polo Réxime de Autónom@s -incluíndo as dos reximes especiais agrícola e do mar- a incorporarse á administración electrónica e xestionar de maneira telemática todos os trámites coa Seguridade Social relacionados coa afiliación, cotización e recadación das cotas, incluíndo a recepción de notificacións e comunicacións.

  9. O SLG denuncia a Erimsa diante da Fiscalía por unha actividade mineira presuntamente ilegal en Frades

    Erimsa Frades 9 de Maio do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de presentar diante da Fiscalía unha denuncia contra a empresa Erimsa por levar a cabo actividades mineiras no concello de Frades sen que consten as licenzas preceptivas para poder levalas a cabo. Os feitos denunciados remóntanse ao outono de 2017, cando Erimsa fixo traballos extractivos dende o 27 de outubro na parcela 502, polígono 572, na parroquia fradense de Abellá.

  10. Xuntanza SLG-Medio Rural: a prórroga dos xurros é indefinida e levantaranse 290 has. de forestacións ilegais

    Comitiva SLG Medio Rural 29 de Abril do 2018 · 

    O 27 de abril, unha comitiva do Sindicato Labrego Galego mantivo unha xuntanza de traballo coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez; e a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo. Ao encontro, que se celebrou na sede da Consellaría, acudiron por parte da organización agraria a súa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane; a coordinadora do SLG nas comarcas de Compostela e Bergantiños, Marieta Pastoriza; e os gandeiros Manuel Villaverde (Forcarei) e Eduardo Quintás (Touro). A xuntanza produciuse despois de que o SLG solicitase formalmente entrevistas para tratar diversas cuestións, que van dende os prezos do leite á crise da couza guatemalteca. De seguido, un resume do falado:

  1. Xosé Manuel Calvo Rei

    Entrevista con Xosé Manuel Calvo Rei, produtor de leite e membro da Dirección Nacional do SLG

    20 de Decembro do 2005 · 

    "Tal e como estamos, o prezo mínimo do leite debería estar entre 35 e 36 céntimos"

  2. Cristina Rocha

    Entrevista con Cristina Rocha, horticultora ecolóxica e membro da Dirección Nacional do SLG

    20 de Decembro do 2005 · 

    "Elixín a produción ecolóxica por respecto á terra, ao medio ambiente, e á saúde"

  3. Francisco Alonso

    Entrevista con Francisco Alonso Fernández, membro da Dirección Nacional do SLG

    20 de Novembro do 2005 · 

    "Temos a esperanza de acadar un contrato homologado nas vindeiras reunións do viño"

  4. Xurxo Albela

    Entrevista con Xurxo Albela Silva, produtor de leite e membro da Dirección Nacional do SLG

    20 de Outubro do 2005 · 

    "Aprazar a supertaxa non serve: se este ano estamos mal para pagar, o que vén igual"

  5. Xosé Manuel González Vilas

    Entrevista con Xosé Manuel González Vilas, responsábel sindical dos sectores agrarios do SLG

    21 de Agosto do 2005 · 

    "A tarefa case heróica da xente que apostou polo viño deulle dinamismo ao sector"

  6. Charo Sánchez Parga

    Entrevista con Charo Sánchez Parga, representante do sector ecolóxico na Dirección Nacional do SLG

    21 de Agosto do 2005 · 

    "A nova Lei de Coexistencia do Estado deixa desamparada á agricultura ecolóxica"

  7. Xesús Verao

    Entrevista con Xesús Verao, viticultor, adegueiro e vocal da Denominación de Orixe Ribeira Sacra

    21 de Agosto do 2005 · 

    "Ribeira Sacra está no intre de consolidarse se continúa traballando con mesmo rigor"

  8. Xosé Antón Ledo Pan

    Entrevista con Xosé Antón Ledo Pan, gandeiro e responsábel de ovino e cabrún no SLG

    25 de Xullo do 2005 · 

    "O SLG tivo que solucionar o problema dos contedores porque a Xunta non fixo nada"

  9. Francisco Pérez Diéguez (Xico)

    Entrevista con Francisco Pérez Diéguez, viticultor e adegueiro da Denominación de Orixe Monterrei

    21 de Xullo do 2005 · 

    "En Monterrei, temos unha das mellores calidades de Galiza en viños tintos"

  10. Carme Freire

    Entrevista con Carme Freire, labrega e membro da Executiva do Sindicato Labrego Galego

    21 de Xuño do 2005 · 

    "A terra e as persoas son os principios fundamentais da agricultura labrega"

  1. 1
  2. 2
  3. Seguinte