A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2006

Novas: 2006

  1. Xosé Luís Arias López

    Entrevista con Xosé Luís Arias López, membro da Dirección Nacional do SLG e viticultor

    20 de Marzo do 2006 · 

    "O presidente do Consello de Monterrei é un funcionario que só vén aquí cada tres meses"

  2. Pataca de semente

    Atraso da Deputación de Ourense no pago das axudas para a pataca da Limia

    28 de Febreiro do 2006 · 

    O Sindicato Labrego criticou o atraso no pago das subvencións, por parte da Deputación de Ourense, aos produtores e produtoras de pataca na comarca da Limia. Estas axudas están destinadas á adquisición de maquinaria agrícola, instalacións de rega, reforma de almacéns e compra de pataca de semente certificada.

  3. Isaac Val Negrelos

    Entrevista con Isaac Val Negrelos, produtor de leite e membro da Dirección Nacional do SLG

    20 de Febreiro do 2006 · 

    "O problema do prezo do leite é serio, pois cada vez rende menos o que producimos"

  4. Pepe Ramón en Xenebra

    A policía de Hong Kong libera a Xosé Ramón Cendán tras dous días de cativerio

    1 de Xaneiro do 2006 · 

    O noso compañeiro do Sindicato Labrego Galego atopábase na cidade chinesa participando nas mobilizacións contra a OMC

     

    O membro das executivas do Sindicato Labrego Galego (SLG) e da Coordinadora Labrega Europea (CPE), Xosé Ramón Cendán, vén de confirmar vía telefónica a súa liberación. A nova coñecíase cara ao mediodía do luns, 19 de decembro. Cendán fora detido en Hong Kong polas autoridades chinesas o serán do 17 de decembro (hora española), por participar nas protestas contra o VI Cumio Interministerial da OMC. 

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2