A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2008

Novas: 2008

  1. 22 de abril: Manifestación en Compostela en defensa do monte veciñal e un plan forestal para un medio rural vivo

    Mani 22 abril 10 de Abril do 2018 · 

    O 22 de abril haberá unha manifestación en Compostela convocada pola Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) e apoiada, ademais de polo Sindicato Labrego Galego, por Fruga, CIG, Atrifoga, Asociación pola Defensa da Ría e Adega. O motivo da manifestación é a defensa do monte veciñal e en man común (MVMC) diante da revisión da lei que os regula e diante do novo plan forestal da Xunta. O lema da manifestación será “Pola defensa do MVMC, titularidade da veciñanza comuneira e por un Plan Forestal para un medio rural vivo”.

  2. 17 de abril: Liberemos aos labregos e ás labregas de tratados de libre comercio como Mercosur, CETA ou TTIP!

    17 de abril 5 de Abril do 2018 · 

    O 17 de abril de 1996, 19 labregos Sem Terra foron asasinados a tiros por unha milicia privada en Eldorado dos Carajás, Estado de Pará, Brasil. O seu crime: a ocupación de terras en barbeito propiedade dun rico terratenente. Este asasinato impune ficou na memoria das organizacións agrarias da Vía Campesina cuxa data foi designada como Día Mundial das Loitas Labregas.

  3. Galiza perdeu máis de 1.500 granxas lácteas dende a fin das cotas e segue a ter un dos prezos máis baixos de Europa

    Vaca UE 4 de Abril do 2018 · 

    Co remate da campaña 2017-2018 no sector lácteo, cúmprense tres anos dende que desapareceu o sistema de cotas lácteas. Polo medio, tivemos unha das peores crises de prezos que se recordan e pecharon máis de 1.500 granxas: das 9.484 explotacións en activo que había en abril de 2015, pasamos ás 7.967 que contabilizaron os últimos datos do sector, correspondentes a xaneiro de 2018.

  4. O SLG denuncia no Parlamento problemas que fan inviable a gandería na Galiza ante os que a Xunta non actúa

    SLG BNG 28 de Marzo do 2018 · 

    Unha comitiva do Sindicato Labrego Galego formada por representantes da Dirección do Leite do SLG (Manuel Villaverde, Eliseo Cebreiro e Sandra Cancelada) e pola súa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane, mantiveron, o 28 de marzo, encontros con representantes dos grupos parlamentarios de BNG (Xosé Luís Rivas Cruz), En Marea (Luís Villares e Davide Rodríguez) e PSOE (José Manuel Pérez e José Antonio Quiroga).

  5. 12 de abril, xornada sobre "Viabilidade da comercialización de aves e coellos das granxas artesanais"

    Polos 27 de Marzo do 2018 · 

    O 12 de abril, o Pazo de Mariñán (Bergondo) acollerá unha xornada sobre “Viabilidade da comercialización de aves e coellos das granxas artesanais a través de espazos de sacrificio colaborativos”. Interesante iniciativa que abordará unha das fases máis dificultosas para as granxas de aves e coellos e, ao mesmo tempo, das que máis potencial e futuro teñan para as explotacións avícolas e cunícolas familiares: o sacrificio na propia granxa e a comercialización directa da carne. Para inscribirte, tes que chamar ao 686 783 800 ou enviar un email cos teus datos a arrexo4@gmail.com Podes descargar o programa na seguinte icona.

  6. "Resiliencia fronte a cambio climático", por Belén Fervenza, responsábel do Sector de Horta, Froita e Flor do SLG

    Resiliencia 21 de Marzo do 2018 · 

    O ano que se foi, o 2017, ofreceunos unha cara nunca antes vista, cara que probablemente acabará sendo coñecida, por frecuente, para todas nós nun futuro non moi afastado. Será lembrado, polo de agora, coma o ano da seca e os lumes forestais. En moitos lugares de Galicia tivemos que sortear situacións até o de agora, inusuais. A falla de auga, xunto coas altas temperaturas, provocaron que a horta de inverno non puidese estar lista nas épocas que normalmente se fai, coas consecuencias que isto ten na economía e viabilidade dos nosos proxectos.

  7. O Sindicato Labrego Galego da Mariña elixe a Iván Rodríguez Lombardero como novo responsábel comarcal

    Iván Rodríguez Lombardero 16 de Marzo do 2018 · 

    O Consello Comarcal do Sindicato Labrego Galego da Mariña acordou por unanimidade a remuda na coordinación comarcal da organización que viña desempeñando Antonio Villarino desde o ano 2001. O substituto de Villarino será Iván Rodríguez Lombardero, que traballa no SLG desde setembro de 2015 como responsábel do local de Vilanova de Lourenzá.

  8. O SLG denuncia demoras de varios días na recollida de cadáveres animais nas granxas de Ourense

    Gesuga 15 de Marzo do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego está a recibir cada vez máis queixas polas deficiencias na recollida de cadáveres de animais nas granxas da provincia de Ourense. Unha das queixas máis recorrentes neste servizo xestionado pola empresa Gesuga (Gestora de Subproductos de Galicia SL) é a das longas demoras á hora de vir retirar os animais mortos das explotacións, cos riscos para a saúde pública que isto entraña.

  9. O XIII Encontro de Mulleres do SLG céntrase no papel fundamental das labregas como produtoras de alimentos

    Maria Ferreiro e Sonia Vidal 14 de Marzo do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego presentou, o 13 de marzo en Ourense, o XIII Encontro Anual da Secretaría das Mulleres, que este ano se celebrará entre os concellos ourensáns de San Xoán de Río, Parada de Sil e Castro Caldelas o 17 e o 18 de marzo baixo o lema “As mulleres alimentamos o mundo: Soberanía Alimentaria e feminismo”.  Na presentación participaron a responsábel da Secretaría das Mulleres do SLG, María Ferreiro Santos; e a gandeira de Xunqueira de Ambía e integrante da Executiva da organización agraria, Sonia Vidal Lamas.

  10. Un grupo de mulleres da Terra Chá fai un chamamento para secundar a Folga Feminista do 8 de marzo no rural

    Folga Feminista Vilalba 6 de Marzo do 2018 · 

    A folga feminista convocada para o vindeiro 8 de marzo chega con forza á Terra Chá. Un grupo de mulleres de distintos colectivos veñen de convocar unha concentración que se desenvolverá ao longo de todo o día, desde as 11:30 ata as 20:30 horas, na praza da Constitución de Vilalba, lugar onde se levarán a cabo distintas actividades para dar a coñecer as reivindicacións da folga. A Secretaría de Mulleres do Sindicato Labrego Galego, a Asociación Feminista de Vilalba, as Mulleres Rurais de Insua, Santaballa ou Nete, entre outras, ademais de mulleres do mundo da cultura e da docencia, iniciaron este chamamento para, dun xeito plural, “facer forza contra todas as discriminacións de xénero que motivaron esta convocatoria a nivel internacional”.

  11. 8 de marzo: As labregas apoiamos a Folga Internacional Feminista para transformar a vida das mulleres

    Galegas 8M 5 de Marzo do 2018 · 

     

    No ano 2017, as mulleres galegas sumámonos e convocamos o Paro Internacional que xurdiu das mulleres polacas e latinoamericanas. Neste 2018, mulleres de mais de 57 países do mundo estaremos na rúa mobilizándonos. Por que?:

  12. FOUCE 318: Da manifestación contra a mina de Touro e O Pino á convocatoria da Folga Feminista do 8 de marzo

    Fouce 318 5 de Marzo do 2018 · 

     

    O Fouce 318 xa está na rúa con cumprida información sobre algunha das principais novidades que se viviron no agro galego nos últimos meses: dende a multitudinaria manifestación contra a mina de Touro e O Pino vivida o pasado 25 de febreiro, á convocatoria da Folga Feminista do 8 de marzo. Tamén damos un repaso a actualidade dos diversos sectores agrarios como o do viño, pataca, horta, leite, carne, etc., dedicándolle especial atención ao inxusto decreto que prohibe o esparexemento de xurros ou ás novidades que trae este ano a Política Agraria Común (PAC). Podes descargalo na icona que atoparás no remate desta páxina.

  1. Non hai imaxe

    O SLG ALERTA DO RISCO DE CONVERTER O BANTEGAL NUN MECANISMO ESPECULADOR DA TERRA AGRARIA

    23 de Decembro do 2008 · 

    Solicitamos ao Consello da Xunta a non aprobación da subida do prezo da terra para o vindeiro ano.

  2. Evolución do prezo da carne de Vacún

    O INCUMPRIMENTO DAS AXUDAS PROMETIDAS Ó SECTOR CÁRNICO ABOCA A UN NADAL DE GRAVE SITUACIÓN PARA AS EXPLOTACIÓNS

    9 de Decembro do 2008 · 

    O SLG denunciou hoxe en rolda de prensa o incumprimento tanto das axudas aprobadas ós sectores de vacún, ovino e caprino, como das axudas a razas autóctonas en extensivo, aprobadas xa dende o mes de abril.

  3. Imaxe de arquivo

    O conselleiro do Medio Rural vende fume.

    5 de Decembro do 2008 · 

    O SLG acusa á CMR de adoptar medidas que non resolven a situación do sector e que mesmo contribúen ao peche de explotacións agrogandeiras

  4. Non hai imaxe

    Lídia Senra e Xosé Ramón Cendán debullarán as claves da OCM e da PAC nos cursos de formación organizados polo SLG n´A Terra Chá

    28 de Novembro do 2008 · 

    O sindicato labrego n´A Terra Chá leva perto de 20 anos organizando cursos de aptitude empresarial agraria. Estes cursos están homologados pola Xunta e están destinados a mozos e mozas que se queren incorporar a explotacións. 

  5. Licor de grosella

    PRODUTOS CASEIROS EN PERIGO

    28 de Novembro do 2008 · 

    Diante da nota de prensa feita pública nesta mañá pola Consellaría do Medio Rural dando por aprobada “por acordo unánime de todos os representantes do sector na Comisión Permanente do Consello Agrario” o Decreto de Artesanía Alimentar de Galiza,

    o Sindicato Labrego Galego manifesta: 

  6. Non hai imaxe

    Acto reivindicativo do produto caseiro mañá martes 25 na praza do Toural en Santiago de Compostela.

    24 de Novembro do 2008 · 

    Mañá, martes 25 de novembro, celebrarase a Comisión Permanente do Consello Agrario na que se debatirá, entre outros puntos, que a produción caseira sexa regulada polo Decreto de Artesanía Alimentar de Galiza. 

  7. Rubia Galega

    O SLG solicita á CMR que acepte as solicitudes de subvención de razas autóctonas presentadas o 26 de maio.

    20 de Novembro do 2008 · 

    A confusión no prazo de presentación de devanditas solicitudes partíu da propia administración. 

  8. Pancarta - A carne polo que vale

    PRIMEIRO PREZO, DESPOIS CONTRATO

    19 de Novembro do 2008 · 

    O martes 18 de novembro un milleiro de labregos e labregas botámonos ás rúas de Santiago de Compostela para demandar prezos xustos para os nosos produtos: cobertura dos custos de produción e remuneración do noso traballo.

  9. Mobilización do SLG

    Mobilización 18 de Novembro: Polo dereito á negociación colectiva dos prezos agrarios

    17 de Novembro do 2008 · 

    Labregas e labregos reivindicarán mañá en Santiago de Compostela o dereito á negociación colectiva dos prezos agrarios. 

  10. STOP contaminación transxénica

    O SLG alerta da inclusión de variedades vexetais modificadas xeneticamente no Rexistro de Variedades Comerciais permitidas no Estado español

    12 de Novembro do 2008 · 

    O BOE nº273 correspondente ao día de hoxe, 12 de novembro do 2008, especifica na ORDENARM/3236/2008, de 24 de octubre, a inclusión no Registro de Variedades Comerciales permitidas no Estado español de diversas variedades vexetais modificadas xeneticamente pola polémica multinacional MONSANTO. 

  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. Seguinte