A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2008

Novas: 2008

  1. Non hai imaxe

    O SLG apoia as reivindicacións da AAVV de San Pedro de Labrada e solicita o inicio das obras de mantemendo da estrada

    10 de Novembro do 2008 · 

    A AAVV de San Pedro de Labrada leva dous anos solicitando que cambien os tubos que cruzan a estrada que sobe por Labrada (Abadín-Lugo), por xunto a igrexa, xa que ao ser moi pequenos túpense moi facilmente. 

  2. Lupe Prado e Carme Freire

    O SLG anuncia mobilizacións por un prezo digno para o leite o vindeiro 18 de novembro

    6 de Novembro do 2008 · 

    PRIMEIRO O PREZO, LOGO O CONTRATO.

     

    O Sindicato Labrego Galego vén de anunciar en rolda de prensa na mañá de hoxe a convocatoria de mobilizacións para o vindeiro día 18 de novembro. 

  3. Seminario do Leite Ribadeo

    Acordos tomados tras a análise do sector leiteiro levado a cabo polo SLG canda organizacións agrarias estatais e europeas

    5 de Novembro do 2008 · 

    Durante os días tres e catro de novembro reunímonos en Ribadeo representantes das organizacións labregas CPE de Francia, FUGEA de Bélxica, CNA de Portugal, ABL de Alemaña, COAG do Estado español, EHNE do País Vasco, OGAM de Cantabria, COAG de Asturias e Sindicato Labrego Galego, co fin de analizar a situación pola que estamos atravesando as produtoras e produtores de leite en Europa.

  4. Danos causados pola fauna salvaxe

    A Consellaría do Medio Ambiente impide a denuncia dos danos causados pola fauna salvaxe nas explotacións galegas

    5 de Novembro do 2008 · 

    Labregas e labregos da zona de Ferrolterra veñen de poñer en coñecemento do Sindicato Labrego Galego a imposibilidade de denunciar as graves perdas que lles están causar os danos provocados pola fauna salvaxe. Levan tres días tentando contactar cos servizos de atención da Consellaría sen que ninguén lles atenda o teléfono. 

  5. Seminario do leite

    “O sector leiteiro no horizonte do 2015” Seminario Internacional do Sector Lácteo. Ribadeo: 4 e 5 de novembro

    31 de Outubro do 2008 · 

    Na mañá de hoxe, Carme Freire Cruces -Secretaria Xeral do SLG-e Lupe Prado -Responsábel do Sector Lácteo no SLG- veñen de presentar o Seminario Internacional do Sector Lácteo: “O sector leiteiro no horizonte do 2015”.

  6. Concello da Estrada

    O Sindicato Labrego Galego lamenta que gandeiros/as e agricultores/as estradenses perdan axudas por deixadez municipal

    29 de Outubro do 2008 · 

    Que está pasando na Concellaría de Urbanismo do Concello da Estrada? É esta a pregunta que se fan preto dunha decena de agricultores/as e gandeiros/as de devandito concello.

  7. Logo da ITV

    O SLG acada que a unidade móbil da ITV volte ao concello de Guitiriz en decembro.

    21 de Outubro do 2008 · 

    Cómpre apuntarse antes do 30 de outubro no local do SLG. 

  8. Cabalo de Pura Raza Galega

    As axudas ao mantemento das razas autóctonas, malia presentárense como dirixidas ás/os labregos/as, supóñennos un gasto a favor doutros sectores profesionais

    17 de Outubro do 2008 · 

    Subvencións, para quen? 

    Dende o SLG xa temos denunciado que o deseño dos requisitos para acceder a múltiples axudas económicas, dirixidas inicialmente aos labregos e labregas, conlevan que estes/as contraten determinados servizos con outros sectores profesionais (técnicos/as, veterinarios/as...) de tal xeito que o beneficio final non é percibido nós, senón que mesmo en ocasións supóñennos un gasto.  

  9. Vía Campesina

    Isabel Vilalba e Xosé Ramón Cendán representan ao SLG na V Conferencia da Vía Campesina que se celebra en Monzambique do 16 ao 23 de outubro

    17 de Outubro do 2008 · 

    Onte deu comezo a V Conferencia da Vía Campesina en Maputo, Mozambique. Participarán nela preto de 500 delegadas e delegados de todas as rexións, incluíndo unhas/uns 60 delegadas/os europeas/os aproximadamente. 

  10. Roubo de madeira na zona da Fragavella

    As Comunidades de Montes de Romariz e Labrada de Abadín denuncian o roubo de madeira na zona da Fragavella

    10 de Outubro do 2008 · 

    Membros das directivas das Comunidades de Montes de Romariz e Labrada de Abadín, veñen de poñer en coñecemento da Garda Civil de Abadín, o feito de que na zona da Fragavella -pertencente ós Montes Comunais de Romariz, Labrada de Abadin, Estelo e Figueiras de Mondoñedo-estase a talar e levar madeira sen permiso dos comuneiros/as. 

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. Seguinte