A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2008

Novas: 2008

  1. Xosé Ramón Cendán, Lupe Prado, Carme Freire, Xosé Manuel Calvo

    Acordos tomados na Asamblea Nacional Aberta do Sector Lácteo

    10 de Outubro do 2008 · 

    Na mañá do día de onte, gandeiras e gandeiros de todo o País acudiron á Asamblea Nacional Aberta do Leite convocada polo Sindicato Labrego Galego co gallo de artellar unha estratexia que garanta o futuro do sector.

  2. IBI

    O SLG valora positivamente a reacción da Deputación Provincial de Lugo perante da denuncia do cobro do IBI ós MVMC feita pública no día de onte. Agardamos que esta resposta sexa secundada por tódalas deputacións do País.

    9 de Outubro do 2008 · 

    No día de hoxe a Deputación Provincial de Lugo deu a coñecer mediante unha nota de prensa a súa vontade de “devolver de xeito inmediato” as cantidades correspondentes ao IBI cobradas ós MVMC. 

  3. IBI

    O SLG pon a disposición dos MVMC afectados un modelo de alegación ao cobro do IBI

    8 de Outubro do 2008 · 

    Na mañá de hoxe, o Sindicato Labrego Galego canda representantes de Montes Veciñais en Man Común (MVMC), denunciaron en rolda de prensa en Lugo o cobro que se está a efectuar ós MVMC de Samos, Láncara, O Páramo, Incio, Sarria, Navia de Suarna e As Nogais. 

  4. Xabarís

    O SLG inicia unha campaña de envío de postais á Consellaría do Medio Ambiente para solicitar compensacións polos danos causados pola fauna salvaxe nas explotacións

    30 de Septembro do 2008 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de presentar na mañá de hoxe, no Clube Internacional de Prensa (Santiago de Compostela), a campaña de envío masivo de postais á Consellaría do Medio Ambiente: “COMPENSACIÓN DE TODOS OS DANOS OCASIONADOS POLA FAUNA SALVAXE”. 

  5. Non hai imaxe

    Labregos e labregas exhiben os seus produtos caseiros en Santiago para esixir á Xunta que protexa ao sector. Xornada Reivindicativa do Produto Caseiro

    26 de Septembro do 2008 · 

    Unha ducia de labregos e labregas exhibiron hoxe os seus produtos caseiros (tartas, ovos, legumes, empanadas, pan, marmeladas...) na praza de Europa, sita en Área Central, en Santiago de Compostela, para demandar á Xunta que protexa ao sector e modifique o borrador do decreto que está a preparar a Consellaría do Medio Rural e que temen inclúa unhas condicións inasumíbeis para eles. 

  6. Presentación da Xornada do Producto Caseiro

    O SLG presentou hoxe a Xornada Reivindicativa do Produto Caseiro Fresco ou Transformado

    24 de Septembro do 2008 · 

    Na mañá de hoxe o Sindicato Labrego Galego presentou en rolda de prensa, no Clube Internacional de Prensa, a Xornada Reivindicativa do Produto Caseiro Fresco ou Transformado, que terá lugar este venres 26 en Santiago de Compostela. 

  7. Xornada Reivindicativa do Produto Caseiro

    VENRES 26 de SETEMBRO, Xornada Reivindicativa do Produto Caseiro Fresco ou Transformado

    23 de Septembro do 2008 · 

    A Consellería do Medio Rural está elaborando o borrador do Decreto polo que se regula a artesanía alimentaria en Galiza, no que se incúe o regulamento do produto caseiro.

    No Sindicato Labrego Galego, entendemos que este é un momento clave para as labregas e labregos do País, xa que dependendo de como sexan as normas que estableza este decreto, no futuro as explotacións poderemos vender normalmente o noso produto caseiro ou perder definitivamente este dereito, como aconteceu no seu día coa augardente (iso si, no canto da augardente caseira, apareceu legalmente a producida por empresas).  

  8. Non hai imaxe

    Na actualidade o conflito do sector lácteo, nin ten foro, nin diálogo, nin moito menos estabilidade.

    22 de Septembro do 2008 · 

    Nota de prensa do SLG

  9. Vía Campesina

    Lidia Senra presentará mañá, no marco das fortes mobilizacións sociais previstas en Annecy, a ponencia “Que políticas agrarias son necesarias para alimentar o mundo?”

    19 de Septembro do 2008 · 

    O futuro da política agraria común estará no centro dos debates do Consello informal de Ministros de Agricultura da Unión Europea, que se reunirá en Annecy (Francia) durante os vindeiros días 21,22 e 23.

  10. Denominación de Orixe Ribeiro

    A comisión de seguimento do Contrato Homologado garantirá a correcta medición do grado nas adegas do Ribeiro

    11 de Septembro do 2008 · 

    O SLG traballará dentro da Comisión de Seguimento do Contrato Homologado do Ribeiro para a posta en marcha dun novidoso sistema de garantía da medición do grao tras o acordado na propia Comisión do 10/09.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. Seguinte