A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2008

Novas: 2008

  1. Denominación de Orixe Monterrei

    O SLG DEMANDA PREZOS DIGNOS NA UVA DE CALIDADE DA D.O. MONTERREI. NON ASINES CONTRATOS POR BAIXO DOS 0’70 €/Kg a

    11 de Septembro do 2008 · 

    O SLG xunto cos produtores e produtoras, levamos demandando historicamente o contrato homologado para a DO de MONTERREI.

  2. Prezo da Pataca

    O SLG convoca unha asamblea pública no exterior das instalacións dos CCRR para dar conta das razóns pelas que rexeita firmar o Contrato Homologado da Pataca sen prezo base mínimo.

    8 de Septembro do 2008 · 

    Perante o anuncio da Consellaría do Medio Rural de firmar un Contrato Homologado para a Pataca d´A Limia sen a fixación dun prezo base mínimo, o Sindicato Labrego Galego convoca a medios de comunicación e produtores/as a unha asamblea informativa para dar conta dos motivos pelos cales rexeitamos firmar devandito contrato.

  3. Contrato da Pataca

    O SLG rexeita firmar o Contrato Homologado da Pataca ao non especificar ningún prezo e supoñendo un documento ao servizo dos almacenistas

    8 de Septembro do 2008 · 

    Na tarde de hoxe, o Sindicato Labrego Galego vén de convocar unha asamblea informativa en Xinzo de Limia para trasladar os motivos polos cales rexeitamos firmar o Contrato Homologado da Pataca.

  4. Viticultor

    O SLG oponse radicalmente ao réxime de abandono de viñedo. Facemos unha chamada aos viticultores/as para que ninguén o solicite

    8 de Septembro do 2008 · 

    A Consellaría do Medio Rural vén de publicar no DOG as “primas para o réxime de abandono de viñas”, presentada como a medida estrela da OCM vitícola, malia a carrexar a perda de capacidade produtiva das nosas ribeiras e lesionar seriamente os nosos intereses como sector produtivo estratéxico de moitas comarcas.

  5. Alumnos da ESO

    O Sindicato Labrego Galego denuncia ante o Ministerio de Igualdade a supresión da E.S.O de Abadín e doutros centros do rural

    8 de Septembro do 2008 · 

    O Sindicato Labrego Galego levará o problema da supresión do primeiro ciclo da E.S.O en Abadín, así como a eliminación de centros educativos e outros servizos no medio rural, diante do Ministerio de Igualdade. 

  6. Castaña

    O Contrato Homologado da Castaña é unha estratexia para dotar á industria de produción a baixo prezo

    5 de Septembro do 2008 · 

    Na tarde de hoxe, representantes do SLG víronse na obriga de dar declaracións na porta de entrada do Centro Tecnolóxico da Carne (Parque Tecnolóxico de Galiza- Ourense), ao non permitírselles dicir en voz alta, na estancia onde vén de se proceder á firma do Contrato Homologado da Castaña, os motivos pelos que non estamos dispost@s a firmas devandito contrato.

  7. Certificado Veterinario

    O CERTIFICADO VETERINARIO: máis burocratización e privatización para as explotacións.

    4 de Septembro do 2008 · 

    O certificado veterinario para o gando volta a ser obrigatorio, mais o sector estase a enterar grazas aos medios de comunicación. 

  8. Pataca de Galicia

    O SINDICATO LABREGO GALEGO NON AVALA UN CONTRATO HOMOLOGADO SEN PREZO PARA A PATACA

    4 de Septembro do 2008 · 

    A demanda dun Contrato Homologado, no que se estableza un Prezo Base Mínimo que dea estabilidade ao sector produtor de patacas, é unha das reivindicacións históricas do Sindicato Labrego Galego.

  9. Membros do SLG nunha conferenza

    O SLG alerta da privatización dos Consellos Reguladores

    28 de Agosto do 2008 · 

    Analizamos as axudas a productores/as de alimentos con calidade diferenciada

    O SLG presentou o pasado cinco de agosto en rolda de prensa a súa análise da Orde do 18 de xullo de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos produtores/as que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galiza 2007-2013.

  10. Tractor

    Ante a proliferación de casos de siniestralidade laboral na actividade agropecuaria

    17 de Agosto do 2008 · 

    Cómpre promover unha “cultura da prevención” no sector

    Numerosos episodios de accidentes graves con consecuencias mortais que sufríu o sector agropecuario galego nas últimas semanas demostran unha vez máis a necesidade tomar unha serie de medidas orientadas cara a prevención.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. Seguinte