A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2008

Novas: 2008

  1. Coa Alimentación non se especula - Mercado da transparencia

    Non á especulación económica coa alimentación

    7 de Xullo do 2008 · 

    Os baixos prezos que, en xeral, percibimos polos nosos produtos, e o desmesurado aumento dos custos de produción que se deu no último ano, fai que moitas labregas e labregos vexamos seriamente comprometida a rendabilidade do noso traballo.

  2. Membros do SLG no Concello de Betanzos

    A horta está en crise

    15 de Xuño do 2008 · 

    O SLG agarda que a Consellaría actúe con rapidez

    As marxes comerciais impostas aos nosos produtos superan nalgúns casos o 300%

    Os productores e productoras de horta, están atravesando nestes momentos unha grave crise, como consecuencias do forte aumento dos custos de producción e o estancamento, cando non baixada, dos prezos que cobramos polos productos. Este descenso da renda das explotacións está provocando que moitas persoas, estean atravesando situacións dificeis e, que en moitos casos se vexan obrigadas ao abandono da actividade. O sector da distribución e dos intermediarios cada vez acaparan máis cota de mercado e teñen todo o poder de marcar prezos e condicións de venta.

  3. Concentración de traballadores

    As razóns polas que o Sindicato Labrego non asinou o contrato

    4 de Xuño do 2008 · 

    O pasado 22 de maio, no seo da mesa do leite, asinouse o contrato homologado para o sector lácteo.

    O Sindicato Labrego Galego non asinou dito contrato, xa que non incorporaba mecanismos de fixación de prezo mínimo, o que significa que se asina o contrato co prezo que “acorden” a industria e máis o productor ou productora ou, máis ben, co prezo que poña a industria.

  4. O leite é noso, poñámoslle o prezo

    Leite: negociación de prezos xa

    21 de Maio do 2008 · 

    Mobilízate: non asines contratos a menos de 0,42€

    Nos últimos meses a situación do sector lácteo mudóu radicalmente debido a dous factores: por un lado un forte incremento dos custos de produción; pensos, fertilizantes, gasóleo, seguridade social…, e por outro lado un forte descenso dos prezos pagados pola industria.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5