A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2009

Novas: 2009

  1. Foro Paralelo cumio mundial Seguridade Alimentaria

    Declaración dos movementos sociais/ONG/OSC do Foro Paralelo ao cumio Mundial de Seguridade Alimentaria

    18 de Novembro do 2009 · 

    A Vía Campesina Internacional, da cal o SLG forma parte, vén de facer público o documento que compendia as esixencias e vindeiros pasos na loita mundial a prol da soberanía alimentaria dos pobos.

  2. zepa non

    A Plataforma ZEPA NON solicita entrevista cos grupos parlamentares e demanda información á CMR.

    18 de Novembro do 2009 · 

    Na mañá de hoxe tivo lugar unha rolda de prensa comarcal en Ourense na que se deu conta da valoración do SLG ao respeito da aprobación do Decreto de Zona ZEPA para A Limia.

  3. almanaque

    Almanaque de roldas de prensa: mobilizacións comarcais que terán lugar o 20 de novembro.

    17 de Novembro do 2009 · 

    Entre mañá, mércores 18, e pasado mañá, xoves 19, o SLG dará conta, por medio de roldas de prensa, das accións reivindicativas comarcais que terán lugar o vindeiro venres 20. Ditas accións atópanse enmarcadas na convocatoria de mobilizacións a prol da modificación das actuais políticas agrarias, en demanda de prezos mínimos e regulación das marxes comerciais, que terán lugar en todo o Estado español.

  4. platerra

    As Transnacionais contribúen a aumentar a fame. Os labregos e labregas ofrecen solucións.

    17 de Novembro do 2009 · 

    Comunicado de prensa da Via Campesina dende o foro  "Soberanía Alimentaria dos Pobos Xa!", paralelo ao cumio mundial da FAO sobre a seguridade alimentaria, que dende o pasado venres até hoxe están tendo lugar en Roma.

  5. prezos xustos e regulación das marxes comerciais

    RdP n´A Terra Chá: Mobilizacións pola modificación das políticas agrarias os vindeiros 20 e 21 de novembro

    15 de Novembro do 2009 · 

    Mañá, luns 16, ás 12:30, terá lugar unha rolda de prensa comarcal n´A Terra Chá para darmos conta das mobilizacións que o SLG levará a cabo nos vindeiros  20 e 21 de novembro. Actualizada.

  6. soberania alimentaria dos pobos

    A Coordinación Europea Vía Campesina no Foro Paralelo dos pobos: Basta de palabras, poñamos en marcha a soberanía alimentaria!

    13 de Novembro do 2009 · 

    A Coordinación Europea da Vía Campesina está presente no Foro sobre a Soberanía Alimentaria dos Pobos 2009, organizado dende hoxe até o vindeiro día 17 de novembro en Roma, paralelo ao cumio mundial da FAO sobre a seguridade alimentaria.

  7. frisona

    Taxa na Lonxa de Silleda, un novo golpe para as explotacións

    13 de Novembro do 2009 · 

    Dende a existencia da Lonxa Agropecuaria de Galicia, en Silleda, nunca antes se cobraran taxas pola asistencia do gando a dita feira.

  8. Carme Freire e Lídia Senra

    Propostas da ECVC e valoración da reunión mantida co Grupo de Alto Nivel da UE en materia de sector leiteiro.

    12 de Novembro do 2009 · 

    Na mañá de hoxe, Carme Freire Cruces -Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego- e Lídia Senra Rodríguez -Secretaria de Organización do SLG e Responsábel de Sectores Gandeiros na Coordenadora Europea Vía Campesina- deron conta en rolda de prensa da valoración da reunión co Grupo de Alto Nivel da UE en materia de sector leiteiro (conformado por persoas dos 27 países membros) mantida o pasado martes 10 coa Coordenadora Europea Vía Campesina (ECVC), da cal o SLG forma parte.

  9. UXFOR

    A Plataforma en Defensa das UXFOR exponlle as súas demandas aos grupos parlamentarios

    12 de Novembro do 2009 · 

    Unha comisión de representación da Plataforma en defensa das UXFOR reuniuse onte, mércores 11 de novembro, con representantes dos tres Grupos parlamentarios de Galicia.

  10. leiteira

    RdP: Propostas da ECVC e valoración da reunión mantida co Grupo de Alto Nivel da UE en materia de sector leiteiro.

    11 de Novembro do 2009 · 

    Logo do encontro mantido entre a Coordenadora Europea Vía Campesina e o Grupo de Alto Nivel onte, martes, en Bruxelas, Lídia Senra Rodríguez -Responsábel de Sectores Gandeiros e Sector Leiteiro na Coordenadora Europea Vía Campesina (ECVC) e Secretaria de Organización do SLG- e Carme Freire Cruces -Secretaria Xeral do SLG-, exporán mañá en rolda de prensa as propostas ao respeito da solución da crise do sector leiteiro presentadas neste encontro pola ECVC así coma a súa valoración do mesmo.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. 7
  9. Seguinte