A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2009

Novas: 2009

  1. UXFOR

    Fica conformada a PLATAFORMA EN DEFENSA DAS UXFOR

    28 de Outubro do 2009 · 

    O pasado domingo 25 de outubro reuníronse en Chantada representantes das Comisións de propietarias e propietarios das UXFOR (Unidades de Xestión Forestal), para buscar unha saída á situación que están a sufrir logo de que se paralizaran os traballos que a Dirección Xeral de Montes estaba a realizar nos terreos de xestión conxunta.

  2. Seminario Europeo do Leite 2009

    Situación actual do sector leiteiro europeo e vindeiras propostas de traballo dende a Coordenadora Europea Vía Campesina

    27 de Outubro do 2009 · 

    Imaxes, vídeos  e arquivo de audio correspondentes á rolda de prensa conxunta das organizacións Sindicato Labrego Galego (Galiza), Confederação Nacional da Agricultura (Portugal), Unión de Ganaderos y Agricultores Montañeses-Coordinadora de Agricultores y Ganaderos (Cantabria-Estado español) , Fédération unie de groupements d'éleveurs et d'agriculteurs (Bélxica) en representación da Coordenadora Europea Vía Campesina, celebrada na mañá de hoxe.

  3. entre tod@s podemos frear a siniestralidade con maquinaria agrícola

    RdP:Seguridade vial e prevención de riscos no uso de maquinaria agrícola, de man do SLG

    27 de Outubro do 2009 · 

    Ás 11:30hrs. de mañá, mércores 28, presentación en rolda de prensa do estudo "Siniestralidade no uso da maquinaria agrícola" e do manual "Seguridade Vial e Prevención de Riscos Específicos na Maquinaria Agrícola", realizados polo SLG

  4. COORDENADORA EUROPEA VÍA CAMPESINA

    RdP-ECVC:Situación actual do sector leiteiro europeo e vindeiras propostas de traballo dende a Coordenadora Europea Vía Campesina

    26 de Outubro do 2009 · 

    Logo desta primeira xornada de posta en común, organizacións participantes no Seminario Europeo do Leite 2009, e integradas todas na EC-VC (Coordenadora Europea Vía Campesina), darán conta das conclusións extraídas ao respeito da actual situación do sector leiteiro en Europa, así coma das propostas de traballo elaboradas pola EC-VC para o futuro, mañá, en rolda de prensa.

  5. Lidia Senra, Carme Freire, Charo Arredondas

    Seminario Europeo do Leite 2009: "Estado actual do sector lácteo en Europa"

    26 de Outubro do 2009 · 

    Dende a mañá de hoxe até o martes 27, o Sindicato Labrego Galego , en coordenación coa Vía Campesina Europa, está a levar a cabo un seminario no Hotel Congreso de Teo (Compostela) co gallo de abordar conxuntamente, produtores e produtoras que nos atopamos baixo a constricción das políticas da PAC, a actual situación do sector leiteiro europeo.

  6. Carme Freire, secretaria xeral

    Non queremos que nos vendan axudas a cambio de que non teñamos prezo.

    19 de Outubro do 2009 · 

    Consideramos lexítimo que haxa unha axuda puntual neste momento de grave situación que temos, como están a cobrar outros sectores en crise. Pero esta crise vén provocada porque dende as instancias gubernamentais estanse a facer políticas agrarias á medida das multinacionais e non das labregas e labregos, e axudas económicas en substitución da modificación das actuais políticas agrarias é simplemente “pan para hoxe e fame para mañá”.

  7. Carme Freire e Lupe Prado

    Luns 19 de outubro: as produtoras e produtores europeos esiximos responsabilidade política para poder vivir do noso traballo

    16 de Outubro do 2009 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de anunciar na mañá de hoxe a continuidade de accións e mobilización para reclamar solución á grave crise que o sector lácteo está padecendo dende fai meses.

  8. xornada informativa

    Xornada informativa sobre a problemática das minas na Terra Chá

    15 de Outubro do 2009 · 

    Mañá, venres 16, o Sindicato Labrego Galego coordenará unha xornada informativa sobre a problemática das minas de cuarzo na Terra Chá, que terá lugar dende as 11:00 até as 18:00 en Muimenta.

  9. rolda sector leiteiro

    Rolda de Prensa: Participación do SLG nas mobilizacións do sector leiteiro europeo

    15 de Outubro do 2009 · 

    O vindeiro luns 19, co gallo da reunión de ministros e ministras de agricultura para abordaren medidas para a crise do sector leiteiro, Luxemburgo será novamente o escenario reivindicativo das gandeiras e gandeiros europeos, pendentes en todo momento das decisións que se tomen neste encontro.

  10. XORNADAS NACIONAIS DE FORMACIÓN 09

    Almanaque de xornadas nacionais de formación

    14 de Outubro do 2009 · 

    Dende o día 15 de outubro e até o mes de novembro,  terán lugar xornadas de formación agraria de carácter multitemático nas distintas comarcas do país. ACUDE!

  1. Anterior
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. Seguinte