A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2009

Novas: 2009

  1. Carme Freire, secretaria xeral

    Especular co leite como saída á crise: un ataque a toda a sociedade

    8 de Outubro do 2009 · 

    Na mañá de hoxe, Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, analizou en rolda de prensa, na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, as recentes propostas enunciadas polas ministras e ministros de agricultura europeos, logo da reunión extraordinaria que mantiveron o pasado 5 de outubro. Nomeadamente a proposta da comisaria Fischer Boel ao respeito de que os estados membros aumenten as axudas económicas directas aos produtores e produtoras de leite, e a introdución do leite nun “mercado de futuros”.

  2. rolda de prensa sector leiteiro

    Rolda de Prensa: Valoración das recentes propostas ministeriais ao respeito da crise do sector lácteo

    8 de Outubro do 2009 · 

    Diante da crise europea do sector leiteiro, o Sindicato Labrego Galego analizará mañá en rolda de prensa as recentes propostas enunciadas polos ministros e ministras de agricultura da U.E.

  3. C. Freire entrega unha botella de leite a Elena Espinosa

    Carme Freire solicítalle á ministra Espinosa que mude de postura e comece a defender o futuro do sector

    7 de Outubro do 2009 · 

    No marco do I Foro Agroalimentario realizado na mañá de hoxe polo Grupo Correo Gallego.

  4. irresponsábeis políticos

    O Consello Agrícola da U.E. ou Como as/os irresponsábeis políticos mercadean coas vidas labregas e da cidadanía

    6 de Outubro do 2009 · 

    A reunión informal de ministros e ministras mantida onte para abordar a crise do sector leiteiro, forzada polas contundentes e masivas mobilizacións que en toda a U.E. mantivo nestes últimos meses o sector, non podemos cualificala máis que dunha preocupante farsa para a clase labrega e dunha alarmante irresponsabilidade para coa cidadanía.

  5. Corporación de Investigación en Agricultura Alternativa - Chile

    Cuerpecitos de Niño

    5 de Outubro do 2009 · 

    Video que amosa os terribles danos ocasionados polos agrotóxicos en bebés con malformacións conxénitas, asi coma a problemática d@s traballadores/as no agro.

    Producción audiovisual realizada por CIAL (Corporación de Investigación en Agricultura Alternativa - Chile).

  6. Josep Puxeu, secretario de Estado de Medio Rural e Auga

    Cando xa pensabamos que estaba todo visto en materia de irresponsabilidade ao respeito da crise do leite: O sector produtor terá que financiar con 375.000 € as reunións da Comisión de Seguimento.

    2 de Outubro do 2009 · 

    O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM) vén de reformar o contrato homologado de venta de leite cru, supoñemos que con motivo do "marabilloso" acordo que asinaron en Madrid co obxectivo de revitalizalo.

  7. 300909BETANZOS

    LOITAMOS POR UN PREZO XUSTO PARA O LEITE. As mobilizacións do sector leiteiro trasladáronse a Betanzos

    29 de Septembro do 2009 · 

    Ás 12:30 desta mañá gandeiras e gandeiros de Betanzos e Teixeiro xuntáronse  nunha leira ubicada no cruce da N-VI en Montesalgueiro (concello de Aranga, comarca Betanzos), para levar adiante unha nova acción reivindicativa co gallo de seguir mantendo a atención sobor da grave crise que está a esnaquizar a espiña dorsal que vertebra o rural deste país: as explotacións leiteiras.

  8. 280909-por un prezo xusto para o leite

    LOITAMOS POR UN PREZO XUSTO PARA O LEITE. As reivindicacións do sector leiteiro, secundadas n´A Terra Chá

    27 de Septembro do 2009 · 

     

    O luns 28, as mobilizacións do sector leiteiro serán levadas adiante polas gandeiras e gandeiros d´A Terra Chá. Ás 12:30hrs. da mañá, xuntarémonos nunha leira situada a 3kms. de Vilalba, á beira da LU-541 en dirección Lugo. Parroquia de Noche.

  9. 250909S.Sadurniño

    LOITAMOS POR UN PREZO XUSTO PARA O LEITE. Ergueuse a comarca de FERROLTERRA

    25 de Septembro do 2009 · 

    No día de hoxe, as mobilizacións do sector leiteiro foron levadas adiante polas gandeiras e gandeiros de Ferrolterra.

  10. Belt Producciones, S.A.

    Seguridade e Saúde d@s Traballadores/as no Agro

    25 de Septembro do 2009 · 

    Vídeo elaborado por Belt Ibérica, S.A. en colaboración coa Xunta de Galicia

  1. Anterior
  2. 3
  3. 4
  4. 5
  5. 6
  6. 7
  7. 8
  8. 9
  9. Seguinte