A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2010

Novas: 2010

  1. COMERCIO XUSTO

    Comercio xusto no Norte e no Sur: “O papel das grandes superficies nas condicións de vida das persoas produtoras”

    6 de Maio do 2010 · 

    Esta mañá Amarante, o Sindicato Labrego Galego e Verdegaia presentamos en rolda de prensa o Día Internacional do Comercio Xusto que se celebrará este sábado 8 de maio en 4 cidades galegas na que tamén estaran colectivos de consumo como A Gradicela e Árbore co lema “Comercio xusto no norte e no sur” as actividades deste ano centraranse en difundir e sensibilizar a cidadanía sobre os impactos negativos das grandes superficies nas condicións de vida das persoas pero tamén das consumidoras.

  2. castanha

    Para que empresa está feita a subvención da castaña?

    6 de Maio do 2010 · 

    A Deputación provincial de Lugo, “consciente da importancia de que se modifiquen os modelos de explotación tradicionais, por modelos de explotación rendibles, que funcionen con criterios empresariais”, ven de publicar no B.O.P. do 27 de abril unha liña de axudas para a promoción e desenvolvemento sostible dos soutos de castaños e a comercialización da castaña e outros froitos forestais, á que só poden acceder microempresas e PEMES.

  3. slg

    Gandeiras e gandeiros de todo o Estado reclaman prezos xustos para o leite

    6 de Maio do 2010 · 

    Na mañá de hoxe máis de medio milleiro de gandeiras e gandeiros de todo o Estado español concentráronse diante do Carrefour da Glorieta de Cuatro Caminos en Madrid, en denuncia do “abuso de poder das industrias e da distribución comercial”.

  4. comercio xusto no norte e no sur

    Día internacional do Comercio Xusto 2010 “O papel das grandes superficies nas condicións de vida das persoas produtoras”

    5 de Maio do 2010 · 

    Rolda de prensa, mañá xoves, ás 11:30. Por segundo ano consecutivo AMARANTE, SINDICATO LABREGO GALEGO, VERDEGAIA, A GRADICELA e ARBORE únense para celebrar o Día Internacional do Comercio Xusto que terá lugar co lema “Por un comercio xusto non Norte e no Sur”, o día 8 de maio en 4 cidades galegas.

  5. frisonas

    RdP: Presentación da concentración do sector lácteo este xoves 6 de maio en Madrid

    3 de Maio do 2010 · 

    Rolda de prensa conxunta no Hotel Porta do Camiño, Santiago de Compostela.

  6. Actos diante da distribución (A Coruña)

    Concentración diante da distribución en A CORUÑA

    30 de Abril do 2010 · 

    O SLG enmarcou a política de extorsión que practican as multinacionais da distribución na responsabilidade dos gobernos

  7. Nosoutras traballamos, Nosoutras producimos, Nosoutras decidimos

    Declaración LABREGA de Cáceres

    29 de Abril do 2010 · 

    NOSOUTRAS,  labregas chegadas de diferentes países de Europa,  reunidas en Cáceres durante o seminario europeo “Labregas polos nosos dereitos” durante os días 27, 28 e 29 de abril, queremos lembrar ás administracións públicas QUE AS LABREGAS ESTAMOS EIQUÍ, e que como labregas desempeñamos un papel crave na produción de alimentos na Europa e tamén no desenvolvemento e na vida dos nosos pobos.

  8. Belén Verdugo e Lídia Senra

    Xuntas, loitamos polo recoñecemento das mulleres labregas

    28 de Abril do 2010 · 

     Labregas do Estado español e Europa están a levar a cabo o seminario europeo Labregas polos nosos dereitos, organizado en Cáceres pola Confederación de Mulleres do medio Rural, CERES, en colaboración coa área de mulleres da Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG), as mulleres de COAG de Estremadura e a Coordenadora Europea Vía Campesiña (CEVC).

  9. Lídia Senra e Isabel Vilalba

    Labregas polos nosos dereitos

    26 de Abril do 2010 · 

    A Secretaria de Organización do SLG, Lídia Senra, e a Responsábel da Secretaría das Mulleres, Isabel Vilalba, anunciaron na mañá de hoxe a participación do Sindicato Labrego Galego no seminario europeo “Labregas polos nosos dereitos”.

  10. Isabel Vilalba, Secretaria de Servizos Públicos ao Rural

    Manifestación nacional “En defensa dos Servizos Públicos”

    25 de Abril do 2010 · 

    O Sindicato Labrego Galego  participou na mobilización realizada esta mañá en Compostela en denuncia da constante supresión, tanto no rural coma nas vilas e cidades, de servizos xerais como a sanidade e a educación, así coma daqueles que se prestaban específicamente ás propias explotacións agrarias. Esiximos unha aposta clara por parte da Administración a prol da a mellora, reforzo e ampliación dos servizos públicos galegos.


  1. Anterior
  2. 7
  3. 8
  4. 9
  5. 10
  6. 11
  7. 12
  8. 13
  9. Seguinte