A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2010

Novas: 2010

  1. labrega

    “Labregas polos nosos dereitos”

    23 de Abril do 2010 · 

    Ás 11:30hrs do vindeiro luns 26 de abril, Lidia Senra - Secretaria de Organización do SLG e membra da Comisión Internacional de Mulleres da Vía Campesina- e Isabel Vilalba -Responsábel da Secretaría das Mulleres do SLG- presentarán na Galiza a realización do Seminario Internacional “Labregas polos nosos dereitos” que vai ter lugar en Cáceres do 27 ao 29 de abril.

  2. Carme Freire Cruces

    Mobilización por unha Política Agraria Común (PAC) para as labregas/os e a sociedade

    23 de Abril do 2010 · 

    Na mañá de hoxe, venres 23 de abril, a Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Carme Freire Cruces, anunciou a realización dunha mobilización europea convocada pola Coordenadora Europea Vía Campesina (CEVC), da cal o Sindicato Labrego Galego forma parte, con motivo do cumio de ministros e ministras de agricultura que terá lugar en Mérida o vindeiro 30 de maio.

  3. Asistentes á xuntanza

    Valoración xuntanza co Subdirector Xeral de Gandaría

    21 de Abril do 2010 · 

    Abordáronse os problemas derivados do saneamento gandeiro -sobor de todo en gando que se atopa en montes veciñais en man común-, a dificultade para dar de alta os animais que nacen nas explotacións -a día de hoxe os gandeiros/as do interior da zona de Pontevedra teñen que se desprazar entre 30 e 40km para realizalas-, o mal funcionamento do teléfono do Centro de Información ao Agro Galego (CIAG), así coma o protocolo de actuación diante das reiteradas mortes e abortos logo da vacinación da lingua azul e os ataques da fauna salvaxe aos animais das explotacións.

  4. frisona

    O Sindicato Labrego Galego lamenta que PP e PSOE se limiten a culparse da situación creada, no canto de correxila

    21 de Abril do 2010 · 

    O certo é que os dous teñen razón: o PP ten razón cando culpa ao MAMRM da elaboración da normativa que rixe as novas axudas ás explotacións de leite e que deixa fóra ás da Mariña; e o PSOE ten razón cando fala da deixadez da Consellería por non ter defendido axeitadamente o sector diante do Goberno central.

  5. CArme Freire

    O futuro do agro galego nas xornadas “O mundo na encrucillada”

    20 de Abril do 2010 · 

    A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire Cruces, participou onte nunha mesa redonda sobor do futuro do medio rural galego nas xornadas sobre economía, xornalismo, lingua e movementos sociais "O Mundo na encrucillada", organizadas polos Comités Abertos de Facultade para os días 19 e 22 deste mes.

  6. raza vienesa

    Xuntanza co Subdirector Xeral de Gandaría

    20 de Abril do 2010 · 

    Ás 11:00hrs. de mañá, mércores 21, gandeiros produtores de carne das zonas de A Lama, Fornelos de Montes, Pontecaldelas e Cotobade, canda o Secretario de Sectores Gandeiros do SLG -Adolfo Cabarcos- e o Coordenador Comarcal de Tabeirós-Terra de Montes -Marcos Louzao-, entrevistaranse co Subdirector Xeral de Gandaría da Consellaría do Medio Rural (CMR), Manuel Castro-Gil Amigo.

  7. loita labrega

    17 de abril: Día internacional das Loitas Labregas e manifestación Por unha agricultura e alimentación libres de OXM

    16 de Abril do 2010 · 

    Mañá, sábado 17 de abril, as organizacións membras da Coordinadora Europea da Vía Campesina organizarán una serie de accións e de manifestacións para conmemorar o Día internacional da Loita Labrega.

  8. II Xornadas mov labregos UAM

    Senra participa hoxe nas II Xornadas Movementos Campesinos e Transformación Agraria da UAM e da UCM

    16 de Abril do 2010 · 

    Entre onte e hoxe as institucións académicas madrileñas Universidad Autónoma (UAM) e  Universidad Complutense (UCM) están a desenvolver as súas II Xornadas Movementos Campesinos e Transformación Agraria, Lídia Senra exporá a ponencia Visión das organizacións labregas e agricultores europeos fronte ás políticas europeas.

  9. CIAG

    Ineficiencia no telefone do Centro de Información ó Agro

    16 de Abril do 2010 · 

    Dende fai un tempo o telefone do CIAG (Centro de Información ó Agro Galego), ou tamén coñecido como o “telefone para todo” está saturado ou suspendido de funcións.

  10. Plataforma galega antitransxenicos

    Resposta ao comunicado de prensa enviado na tarde do onte pola CMR en alusión á PGA

    14 de Abril do 2010 · 

    En resposta á nota de prensa emitida ás 17:41hrs do día de onte pola Consellaría do Medio Rural (CMR) baixo o título “A UNIÓN EUROPEA É A ADMINISTRACIÓN QUE AUTORIZA OS CULTIVOS TRANSXÉNICOS. Medio Rural lamenta a actitude de quen pretende facela responsable dunha competencia que non é súa."

  1. Anterior
  2. 8
  3. 9
  4. 10
  5. 11
  6. 12
  7. 13
  8. 14
  9. Seguinte