A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2010

Novas: 2010

  1. CArme Freire 240910

    Dende o agro galego, FOLGA XERAL!! Outro modelo económico e social é posíbel

    27 de Septembro do 2010 · 

     

    Na mañá de hoxe, a Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire Cruces, deu conta en rolda de prensa das cinco mobilizacións comarcais coas que o Sindicato Labrego Galego participará na xornada de folga xeral convocada para o vindeiro mércores 29 de setembro.

  2. venda directa

    O SLG viaxa a Gales para coñecer experiencias de venda directa no sector lácteo

    24 de Septembro do 2010 · 

     

    Unha comitiva formada por unha vintena de gandeiros e gandeiras, xunto con persoal técnico do Sindicato Labrego Galego, partiu hoxe cara a Gales para estudar alternativas na produción e comercialización do leite. Durante toda a fin de semana visitarán explotacións leiteiras que comercializan directamente leite e transformados lácteos.

  3. 29 de setembro, folga xeral

    Rolda de Prensa: Mobilizacións do SLG durante a xornada de folga xeral convocada para o vindeiro 29 de setembro

    24 de Septembro do 2010 · 

    A Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire Cruces, dará conta o vindeiro luns 27, en rolda de prensa, das mobilizacións que o Sindicato Labrego Galego levará adiante na Galiza durante o transcurso da xornada de folga xeral convocada para o mércores 29 de setembro en todo o Estado.

  4. Carme Freire 240910

    Esixencia de medidas políticas que fixen un prezo mínimo para o leite e solicitude de colaboración ao Presidente da Xunta

    24 de Septembro do 2010 · 

    En rolda de prensa conxunta realizada na mañá de hoxe, as organizacións sindicais agrarias e cooperativas demandaron medidas políticas que fixen un prezo mínimo para o leite que cubra custos de produción e remunere o traballo das gandeiras e gandeiros.

  5. rdpVilalba

    A Terra Chá anunciou hoxe o percorrido da mobilización comarcal do 29-S

    22 de Septembro do 2010 · 

    A responsábel comarcal n´A Terra Chá, Margarida Prieto, canda o Secretario de Sectores Gandeiros, Adolfo Cabarcos, deron conta  esta mañá en rolda de prensa das mobilizacións que o SLG vai levar adiante na comarca o vindeiro 29 de setembro, folga xeral.

  6. logo PGA

    Xutanza da PGA cos grupos parlamentares do PSdG e BNG

    22 de Septembro do 2010 · 

     

    Na mañá de hoxe Charo Sánchez (SLG) e Adolfo Naia (CIG-Servizos), acudiron coma voceiros da Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) ás xuntanzas concertadas co Partido Socialista de Galicia e Bloque Nacionalista Galego dentro da xeira de reunións cos grupos parlamentares establecida pola Plataforma para o presente mes de setembro.

  7. C. Freire, colada cartaces 220910

    Inicio da colada masiva de cartaces difusión do boicot ás empresas que menos pagan o leite

    22 de Septembro do 2010 · 

    Na mañá de hoxe as organizacións agrarias e cooperativas demos inicio á colada masiva de cartaces que terá lugar en toda Galiza, dando conta das marcas comerciais propiedade das empresas que menos pagan polo leite ás nosas gandeiras e gandeiros.

  8. rebrotes de millo o 150910

    Irregularidades na experimentación a ceo aberto con transxénicos na Galiza

    17 de Septembro do 2010 · 

    A denuncia da falta de control e seguimento sobre a experimentación con organismos xeneticamente modificados (OXM) na localidade de Mesía (A Coruña) revelou hoxe os fortes intentos de ocultar as irregularidades que arrodean a experimentación transxénica.

  9. Carrefour baixa prezo leite

    "Estas marcas engánante e arruínan ao sector" Sinalización nun Carrefour en Vigo

    16 de Septembro do 2010 · 

    Continuando coa campaña de denuncia das industrias que máis baixo pagan o leite (Lactalis, Lácteos Lence, Celta), no día de hoxe as reivindicacións do sector leiteiro tiveron lugar en Vigo, onde se procedeu á sinalización das marcas comerciais propiedade das citadas industrias.

  10. Praza da Quintana

    Na Praza da Quintana, información da campaña de boicot a LÁCTEOS LENCE, LEITE CELTA e LACTALIS

    10 de Septembro do 2010 · 

    Na mañá de hoxe as accións informativas  e de denuncia ao respeito das demandas e situación do sector leiteiro trasladáronse á compostelana Praza da Quintana, nas inmediacións da Catedral.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. 7
  9. Seguinte