A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2010

Novas: 2010

  1. boicot lácteos lence

    Mobilización diante de LÁCTEOS LENCE

    10 de Septembro do 2010 · 

    O xoves 9 a campaña de boicot do sector leiteiro trasladouse a Lácteos Lence, no polígo do Ceao (Lugo). Pola tarde, grupos de produtores e produtoras desplazáronse aos centros comerciais Carrefour (Lugo) e Alcampo (Ferrol) para levar a cabo a sinalización das marcas comerciais das empresas Lácteos Lence, Leite Celta e Lactalis.

  2. LACTALIS a ruína ao sector leiteiro galego

    Mobilización diante de LACTALIS

    8 de Septembro do 2010 · 

    No día de hoxe o sector leiteiro iniciou a campaña de boicot ás empresas que arruínan o noso agro.

  3. Asistentes á xornada da lingua azul

    Valoración da xornada informativa e de debate sobor dos efectos da vacina da Lingua Azul

    7 de Septembro do 2010 · 

    Ao longo do día de hoxe unha trintena de gandeiros e gandeiras están a participar na xornada informativa e de debate sobor dos efectos da vacina da Lingua Azul (LA), organizada polo Sindicato Labrego Galego na comarca de Compostela.

  4. Carme Freire 060910

    Dende o agro, o 29S FOLGA XERAL!

    6 de Septembro do 2010 · 

    Na mañá de hoxe a Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire Cruces, anunciou en rolda de prensa en Santiago de Compostela a chamada do Sindicato Labrego Galego a todo o agro (produtores/as, empresas, cooperativas, entidades provedoras, recolledoras, etc.) á participación na xornada de folga xeral convocada para o vindeiro 29 de setembro en todo o Estado español.

  5. aplicación da vacina da lingua azul

    Xornada informativa sobre os impactos da vacina da Lingua Azul

    6 de Septembro do 2010 · 

    Continuando coa campaña de denuncia e información iniciada polo SLG dende o ano pasado,  ao logo do día de mañá, martes 7 de setembro, terá lugar en Teo (Compostela) unha xornada aberta, informativa e de debate, para abordarmos a problemática desta situación nas nosas explotacións.

  6. novo local nacional do slg

    Novo enderezo do local Nacional e comarcal de Compostela do SLG

    6 de Septembro do 2010 · 

    O novo local Nacional e da comarca de Compostela do SLG atópase dende o presente mes de setembro na Rúa Ofelia Nieto, 13-23, CP:15.705 Santiago de Compostela. Vén coñecer as novas instalacións!

  7. Carme Freire 310810

    Boicot ás industrias leiteiras a partir do vindeiro mércores 8 de setembro

    31 de Agosto do 2010 · 

        As organizacións agrarias (SLG-UUAA-XXAA) e cooperativas (AGACA) apelamos ao apoio da sociedade galega para facer fronte, canda o sector leiteiro, a industrias coma Lactalis, Leite Celta e Lácteos Lence, que coas súas destrutivas prácticas comerciais están a afundir aos gandeiros e gandeiras da Galiza mediante a imposición de baixísimos prezos para o leite galego. Ao mesmo tempo, instamos á Administración a situarse ao noso carón apoiándonos nas nosas accións reivindicativas e demandas. O vindeiro mércores 8 de setembro iniciaremos as accións de boicot destas industrias e das súas marcas

  8. leite

    Rolda de Prensa [SLG-UUAA-XXAA-AGACA]: valoración da situación no sector leiteiro e presentación do almanaque de mobilizacións.

    30 de Agosto do 2010 · 

    Mañá, martes 31, tera lugar unha reunión do Grupo de traballo do sector lácteo, logo do cal darase conta en rolda de prensa da valoración da actual situación, así coma do almanaque das vindeiras mobilizacións do sector.

  9. por un prezo xusto para o leite

    AS ORGANIZACIÓNS AGRARIAS PECHAN O CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS

    27 de Agosto do 2010 · 

    A irresponsabilidade de industrias e administracións impiden outra saída ao sector.O Sindicato Labrego Galego (SLG),Unións Agrarias (UUAA),Xóvenes Agricultores (XXAA) e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) pecharán o vindeiro 31 de agosto o calendario de reunións sectoriais que leva desenvolvendo ao longo dos meses de xullo e agosto para tentar atopar unha saída á desesperada situación dos produtores e produtoras de leite na Galiza.

  10. VIII Romaría "POR UN MUNDO RURAL VIVO"

    VIII Romaría “ POR UN MUNDO RURAL VIVO ”

    27 de Agosto do 2010 · 

    O vindeiro martes 31 de agosto, no campo da feira da área recreativa do río Mercurín, en Ordes. Porque queremos vivir da terra e dos nosos produtos con dignidade. Porque sabemos que os nosos produtos son de calidade e queremos que se valoren. Porque gostamos do encontro e da festa.

  1. Anterior
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. Seguinte