A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2010

Novas: 2010

  1. o futuro que se leva o vento

    O futuro que se leva o vento

    25 de Agosto do 2010 · 

    O Sindicato Labrego Galego denuncia a indefensión da veciñanza afectada polo proceder da compañía eléctrica Eólica Galenova S.L., entidade privada (filial de Caixanova para a explotación eólica) que dende o 2007 ten admitido a trámite un parque eólico de 19 aeroxeneradores que afectará ás parroquias de Cabanas, Lañas, Marcelle e Barro do Concello de A Baña e ás parroquias de Rial e Coucieiro, de Val do Dubra.

  2. localización Muxía

    Irregularidades na limpeza das liñas de electricidade en Muxía

    20 de Agosto do 2010 · 

    Afectados e afectadas pola xestión das liñas de media tensión nas parroquias de Coucieiro, Leis de Nemancos, Moraime, A Ó, Ozón e Vilastose, pertencentes ao concello de Muxía, veñen de rexistrar un escrito colectivo dirixido á Consellería do Medio Rural e á Dirección Xeral de Montes co obxectivo de transmitirlle unha serie de problemáticas e demandas en relación ás liñas de media tensión que atravesan as súas leiras.

  3. verín

    Onde van os 771.966,25€ do GDR13?

    11 de Agosto do 2010 · 

    O Sindicato Labrego Galego pon de manifesto o incomprensíbel funcionamento que está a ter a Asociación Monteval, Grupo de Desenvolvemento Rural que xestiona os fondos do Programa Leader 2.007-2.013 na Comarca de Verín.

  4. vacinacion lingua azul

    Xornadas de INFORMACION e DEBATE sobre a VACINACION da LINGUA AZUL

    9 de Agosto do 2010 · 

    Xa fai tempo que dende o Sindicato Labrego Galego estamos alertando dos efectos secundarios no gando logo da inoculación da vacina da lingua azul. O vindeiro martes 7 de setembro terá lugar unha xornada informativa e debate pra abordarmos a problemática desta situación nas nosas explotacións.

  5. Fouce 280

    Xa está no agro o número 280 do voceiro sindical FOUCE

    5 de Agosto do 2010 · 

    Identificamos a actual crise económica coma unha crise do Sistema Capitalista: outro modelo económico é posible; segundo suplemento informativo da enfermidade da lingua azul; a Marcha Mundial das Mulleres presente no Foro Social de Turquía; análise da nova figura de xestión forestal SOFOR; razóns para rexeitar as conclusións do Grupo de Alto Nivel para o leite, ... canda outros temas de interese para as labregas e labregos.  

  6. crotal

    Novo ataque aos servizos públicos ás explotacións: o servizo de identificación de animais da CMR non está operativo

    30 de Xullo do 2010 · 

    Nos últimos dias o servizo de identificación de animais da Consellería do Medio Rural (CMR) non funciona; hai gandeiros e gandeiras que levan un mes cos becerros vendidos sen poder sacalos da casa por falta de estar identificados.

  7. UPA-ASAJA-SLG-AGACA

    Se isto non se amaña...

    29 de Xullo do 2010 · 

    Na mañá de hoxe, as tres organizacións agrarias (SLG, XXAA e UUAA), e a asociación galega de cooperativas (AGACA), anunciamos en rolda de prensa que, de non subir o prezo do leite do mes de xullo, haberá mobilizacións do sector leiteiro no vindeiro mes de agosto.

  8. Xavier Gómez e Adolfo Cabarcos

    Danos da fauna salvaxe nos núcleos de poboación rural da Terra Chá

    29 de Xullo do 2010 · 

    Na mañá de hoxe, xoves 29 de xullo, o Secretario de Sectores Gandeiros do SLG, Adolfo Cabarcos, e o Coordenador de Sectores Gandeiros, Xavier Gómez Santiso, deron conta -nunha rolda de prensa celebrada en Vilalba- da forte incidencia que os danos ocasionados pola fauna salvaxe, nomeadamente o xarabarín, están a ter nos núcleos de poboación rural da comarca d´A Terra Chá.

  9. xabarín e crianzas

    Rolda de Prensa: Danos da fauna salvaxe nos núcleos de poboación rural da Terra Chá

    28 de Xullo do 2010 · 

    Mañá, xoves 29 de xullo, ás 12:00hrs. , o Secretario de Sectores Gandeiros do SLG, Adolfo Cabarcos, e o Coordenador de Sectores Gandeiros, Xavier Gómez Santiso, denunciarán en rolda de prensa a forte incidencia que os danos ocasionados pola fauna salvaxe están a ter nos núcleos de poboación rural da comarca d´A Terra Chá.

  10. rolda sector leiteiro

    Rolda de Prensa: Valoración da situación e actualidade do sector lácteo galego

    28 de Xullo do 2010 · 

    Rolda de prensa conxunta do Sinidicato Labrego Galego (SLG), Unións Agrarias (UUAA), Xóvenes Agricultores (XXAA) e Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA).

  1. Anterior
  2. 3
  3. 4
  4. 5
  5. 6
  6. 7
  7. 8
  8. 9
  9. Seguinte