A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2010

Novas: 2010

  1. eurovia

    Carta aberta aos comisarios Dalli, Cioloş y Potočnik,

    17 de Xuño do 2010 · 

    A Coordenadora Europea Vía Campesina rexeita a proposta da Comisión Europea de modificar o proceso de decisión mediante o que se autoriza ou rexeita un cultivo xenéticamente modificado (XM), nun país membro.

  2. FOUCE

    Xa está no agro o número 279 do voceiro sindical FOUCE

    17 de Xuño do 2010 · 

    Con especial cobertura da mobilización "Por outra política agraria común" levada adiante en Extremadura diante da reunión informal de ministras/os europeos, suplemento de seguridade laboral,información  ao respeito dos efectos negativos da vacina da lingua azul... e outros temas de interese.

  3. ecvc

    Política leiteira da UE: o Grupo de Alto Nivel condena ás gandeiras e gandeiros europeos

    17 de Xuño do 2010 · 

    A orientación proposta polo Grupo de Alton Nivel (GAN) non dá perspectivas aos produtores e produtoras. Sen regulación pública da produción e mercado leiteiro, non é posible unha solución definitiva para esta crise. As decisións tomadas polo GAN son unha sinal que denota a mala dirección para a PAC 2013.

  4. loiragal

    O Grupo de Alto Nivel de leite acordará hoxe as súas conclusións finais

    15 de Xuño do 2010 · 

    Hoxe, 15 de xuño, celébrase a última reunión do Grupo de Alto Nivel de Leite, creado o outubro pasado diante da crise que atravesaba o sector. Na reunión de hoxe acordarase un documento que conterá recomendacións para a Comisión en relación a posibles medidas a aplicar.

  5. Vilalba, Freire e Cabarcos

    O SLG anima a denunciar os casos de efectos secundarios da vacina da lingua azul e informa da creación dunha plataforma estatal de gandeiras/os afectadas/os

    10 de Xuño do 2010 · 

    Na mañá de hoxe Isabel Vilalba -gandeira da zona da Mariña- e Adolfo Cabarcos -gandeiro da zona da Terra Chá-, acompañados pola Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire, denunciaron a existencia reiterada de efectos secundarios negativos logo da aplicación da vacina da lingua azul (LA) no gando.

  6. a mariña occidental

    As fortes chuvias destrúen cultivos e poñen en perigo instalacións gandeiras na Mariña.

    10 de Xuño do 2010 · 

    Canda os problemas persoais e en vivendas, as chuvias que caen nestes días na Mariña de Lugo están a producir graves danos nos cultivos.

  7. LUMES NUNCA MÁIS

    O Consello Forestal desaproba o método de presentación do PLADIGA 2010

    9 de Xuño do 2010 · 

    Logo de un ano dende a súa última convocatoria, na mañá de hoxe reuniuse -a instancias da Consellaría do Medio Rural (CMR) - o Consello Forestal de Galiza, con motivo da presentación do Plan de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais de Galiza 2010 (PLADIGA).

  8. lingua azul

    Rolda de Prensa: Efectos secundarios negativos da vacina da lingua azul nas nosas explotacións

    9 de Xuño do 2010 · 

    Ás 11:00hrs. de mañá, xoves 10 de xuño, terá lugar unha rolda de prensa na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela para darmos conta dos efectos secundarios negativos que a aplicación da vacina contra a lingua azul no gando está a ter nas nosas explotacións.

  9. haiti rexeita monsanto

    Haití: Marcha contra Monsanto e pola soberanía alimentaria

    7 de Xuño do 2010 · 

    Milleiros de labregas e labregos haitianos amosan o seu rexeitamento á  doazón de 475 toneladas de millo híbrido que a multinacional Monsanto ofereceu ao goberno de Haiti no último mes de maio.

  10. j

    Precisamos políticas agroecolóxicas para frear o cambio climático

    4 de Xuño do 2010 · 

    Ao fío da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente que terá lugar mañá sábado, dende o Sindicato Labrego Galego denunciamos a pasividade e dobre xogo das institucións e os gobernos, que insisten en antepoñer os intereses económicos por riba da conservación do medioambiente, boicoteando a posibilidade de termos unha produción alimentar sá e en base á terra: as labregas necesitamos da auga, do ar e do solo para poder producir alimentos nutritivos para a cidadanía.

  1. Anterior
  2. 5
  3. 6
  4. 7
  5. 8
  6. 9
  7. 10
  8. 11
  9. Seguinte