A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2010

Novas: 2010

  1. mérida

    Unha PAC para as persoas, non para as multinacionais!

    31 de Maio do 2010 · 

    Milleiros de persoas pertencentes a organizacións  agrarias, sociais e ecoloxistas manifestámonos onte en Mérida para esixir aos ministros/as europeos alí reunidos a elaboración dunha PAC 2013 que rompa co control que as multinacionais da alimentación están a exercer sobre os pobos.

  2. logo manifestación mérida pac2013

    Outra agricultura, outra Europa!

    29 de Maio do 2010 · 

    Baixo o lema “Outra agricultura, outra Europa”, a Coordenadora Europea Vía Campesina (CE-VC), canda numerosas organizacións sociais e ecoloxistas do Estado, levará adiante en Mérida, ás 12:00hrs de mañá -domingo 30-, unha manifestación en demanda da elaboración dunha nova Política Agraria Común (PAC) baseada en criterios agrosociais, que signifique a ruptura da actual connivencia entre as políticas agrarias e os intereses das multinacionais dos agronegocios

  3. coordenadora europea via campesina

    Mobilización por unha Política Agraria Común (PAC) para as labregas/os e a sociedade

    29 de Maio do 2010 · 

    Na mañá de hoxe, venres 28 de maio, o Sindicato Labrego Galego (SLG) quere facer pública a presenza de labregas e labregos de Galiza, convocados polo SLG –membro da Coordenadora Europea Vía Campesina (CEVC)–, que se van manifestar diante do Consello de ministros e ministras que se vai celebrar o domingo día 30 de maio na cidade de Mérida (Extremadura)..

  4. caivanca

    Unidade e reivindicación na xornada contra as minas da Terra Chá

    25 de Maio do 2010 · 

    Numerosos veciños e veciñas visitaron o recinto feiral de MOEXMU o pasado sábado 22, no que se celebrou a “Xornada contra a extracción de cuarzo na Terra Chá”, organizada pola Comisión de Asociacións en contra das minas da Terra Cha.

  5. o noso seixo non é a súa mina

    A Terra Chá en pé de loita: O seixo é noso!

    21 de Maio do 2010 · 

     A Comisión de Asociacións decidimos organizar unha nova xornada–festival o vindeiro sábado 22 de maio, no recinto de Moexmu (Mostra Exposición de Muimenta), para seguirmos coa nosa actividade de denuncia e demandar a anulación da solicitude de extracción de seixo na Terra Chá solicitada pola empresa ERIMSA.


  6. LVC madrid

    Produtores e produtoras de leite en Europa e América Latina desaparecen ao tempo que as agroindustrias fan grandes ganancias

    18 de Maio do 2010 · 

    A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire Cruces, está presente na representación da Vía Campesiña Internacional desprazada ao cumio alternativo á reunión de xefes/as de goberno UE-América Latina en Madrid.

  7. A NOSSA LINGUA É INTERNACIONAL

    O galego, o noso existir.

    18 de Maio do 2010 · 

    Un ano máis, o Sindicato Labrego Galego participou na manifestación do 17 de maio, Día das Letras Galegas, reivindicando o orgullo que sentimos pola nosa fala e a firme  vontade de loitarmos por ela.

  8. non as minas na terra chá

    Festival reivindicativo en Muimenta: O noso seixo NON é a súa mina

    13 de Maio do 2010 · 

    Un mes despois do concerto en Muimenta da Caravana de Galiza Non se Vende, e da manifestación celebrada ao día seguinte en Santiago de Compostela, a Comisión de Asociacións en contra das Minas da Terra Chá continúa coa súa acción reivindicativa e de denuncia, dando conta das consecuencias que a actividade mineira na Terra Chá traería consigo de levarse finalmente a cabo.

  9. Margarida Prieto Ledo

    Palestra sobre o conflicto das minas na Terra Chá.

    10 de Maio do 2010 · 

    Este mércores, día 12 de maio, no centro social  Madialeva de Lugo. Contará coa participación de Margarida Prieto Ledo, coordenadora comarcal da Terra Chá e representante do SLG na Comisión de asociacións afectadas polas minas da Terra Chá.

  10. parela mesía pioneer

    Localización da parcela solicitada en Mesía por Pioneer e debate no Parlamento Galego

    7 de Maio do 2010 · 

    Na mañá de hoxe, Charo Sánchez Parga e Analía Moares Lameiro, voceiras da Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA), deron conta en rolda de prensa do coñecemento da localización exacta da única parcela solicitada na Galiza -no presente ano 2010- para a realización de ensaios coas variedades de millo transxénico (Pioneer) resistentes a determinados herbicidas e insectos: NK603xMON810, NK603, 59122x1507xNK603, 59122, 1507x59122, 1507xNK603 e 1507.

  1. Anterior
  2. 6
  3. 7
  4. 8
  5. 9
  6. 10
  7. 11
  8. 12
  9. Seguinte