A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2011

Novas: 2011

  1. Manifestación

    Máis de duascentas mulleres do SLG manifestáronse en Ourense contra a violencia económica provocada pola reforma das pensións

    26 de Marzo do 2011 · 

    Unhas duascentas mulleres do Sindicato Labrego Galego achegáronse até Ourense, o 26 de marzo, para manifestarse diante da subdelegación do Goberno e protestar contra unha reforma das pensións especialmente lesiva para as labregas. Tras unha pancarta con slogans como “Non máis invisibilidade”, “Por unha Seguridade Social asequíbel” ou “Pensións dignas para todas”, e berrando consignas como “Labregas somos, labregas seremos, pola igualdade sempre loitaremos”, a manifestación discorreu dende a Alameda, pola avenida de Pontevedra, Lamas Carvajal e rúa do Paseo até chegar ao parque San Lázaro.

  2. Isabel Vilalba

    A Secretaría das Mulleres do SLG fixará no seu encontro de Sarreaus a posición diante do anteproxecto da Lei de Titularidade Compartida nas explotacións

    25 de Marzo do 2011 · 

    A responsábel da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, ofreceu hoxe, 24 de marzo, unha rolda de prensa para presentar o programa do VIII Encontro de Mulleres do SLG, que se celebrará do 25 ao 27 de marzo na aldea de Couso (Sarreaus) e, de paso, anunciar a manifestación que terá lugar este sábado, 26 de marzo, na cidade de Ourense. Esta mobilización, que comezará ás 12:00 horas na Alameda e discorrerá até a subdelegación do Goberno no parque San Lázaro, ten por obxectivo protestar contra a reforma das pensións levada a cabo polo Goberno Central, xa que terá un especial impacto no colectivo de mulleres labregas.

  3. Isabel Vilalba no MARM

    A Secretaría das Mulleres do SLG congratúlase pola nova lei que recoñecerá a titularidade compartida nas explotacións

    22 de Marzo do 2011 · 

    A responsábel da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, participou hoxe, 22 de marzo, nun encontro celebrado no Ministerio de Medio Rural (MARM) no que se presentou o borrador da futura Lei de Titularidade Compartida nas Explotacións. Por parte do MARM, estiveron na reunión o secretario xeral de Medio Rural, Eduardo Tamarit; a secretaria xeral técnica, Alicia Camacho; a subdirectora xeral de Igualdade e Modernización, Paloma López Izquierdo; e o subdirector xeral de Desenvolvemento Sostible do Medio Rural, Jesús Casas.

  4. Contra a Lei de Augas

    20 de marzo: Máis de 2.000 persoas esixen a derrogación da Lei de Augas en Compostela

    20 de Marzo do 2011 · 

    Máis de 2.000 persoas congregáronse, o 20 de marzo (antevéspera do Día Mundial da Auga) en Santiago de Compostela, para esixir do Goberno de Feijoó a derrogación da Lei de Augas de Galicia. A marcha cívica, convocada pola Plataforma Galega contra a Lei de Augas, partiu ás 12:30 horas da Alameda, e rematou na Praza da Quintana, onde representantes dasdiversas organizacións que integran este movemento contra a privatización da nosa auga deron lectura a un manifesto.

  5. Dirección do Leite do SLG

    A afiliación do sector leiteiro do Sindicato Labrego decide que haberá mobilizacións se o MARM aproba o Real Decreto de contrato lácteo

    18 de Marzo do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou, o 18 de marzo, o seu Congreso do Leite en Ordes no que, amais de renovar responsábel e directiva para o sector, tomou a decisión de organizar mobilizacións en caso de que o Ministerio de Medio Rural teime en aprobar o Real Decreto que obrigue a asinar contratos sen un prezo mínimo de referencia que cubra os custes de produción e deixe beneficios dignos nas explotacións.  


  6. Congreso da Pataca

    O Congreso da Pataca do SLG reclama estabilidade e prezos dignos para o sector

    17 de Marzo do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou, o 17 de marzo, o seu Congreso da Pataca en Xinzo de Limia no que, amais de renovar responsábel e directiva para o sector, reafirmouse, tamén, na defensa das explotacións labregas e familiares que seguen a traballar neste sector. A nova Dirección Nacional da Pataca do SLG, que se elixiu de maneira asemblearia, estará coordinada de novo por Manola Cerredelo, produtora de pataca de Sandiás que xa ocupou esta reponsabilidade durante os últimos catro anos; e por Juan José Penín, produtor de pataca de Lamas (Xinzo de Limia), como vicerresponsábel.


  7. Fouces mulleres

    A Secretaría das Mulleres do SLG denuncia o impacto da reforma das pensións nas labregas e o atraso en solucionar o problema da cotitularidade

    8 de Marzo do 2011 · 

    Neste 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego ten que denunciar, unha vez máis, o forte impacto que ten e terá a reforma das pensións nas labregas e que, a día de hoxe, estas sigan a padecer unha flagrante discriminación á hora de poder ser titulares das explotacións nas que traballan.


  8. A Lei de Augas de Galicia privatiza e ponlle prezo á auga.

    Documentación Lei de Augas

    7 de Marzo do 2011 · 

    Documentación variada sobre a Lei de Augas de Galicia. Presentacións, cartaces, texto do DOG, artigos de opinión. A lei de Augas invade competencias municipais, A Lei de Augas privatiza unha competencia de Galiza, A Lei de Augas de Galicia explicada, DOG da Lei de Augas, Non á privatización da AUGA, Plataforma contra a Lei de Augas e manifestación o 20 de marzo, O SLG informa (bando de 12-2010), Manifesto conxunto contra a Lei de Augas.

  9. Votación no Congreso de Vacún de Carne do SLG

    O Congreso da Carne de Vacún do SLG reclama un reparto máis xusto e menos burocrático das axudas

    28 de Febreiro do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou, o pasado 26 de febreiro, o seu Congreso do Vacún de Carne en Becerreá no que, amais de renovar responsábel e directiva para o sector, reafirmouse, tamén, na defensa das explotacións labregas e familiares que seguen a traballar neste sector e que manteñen con vida algunhas das zonas rurais e de montaña máis desfavorecidas da Galiza.

  10. Carme Freire ante o pleno de Ferrol

    Ferrol contra a Lei de Augas

    25 de Febreiro do 2011 · 

    Grazas ao regulamento de participación cidadá do Concello de Ferrol, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, participou, o 24 de febreiro, no pleno municipal ferrolán para defender a derrogación da Lei de Augas de Galiza por atentar contra o dereito básico da cidadanía a beber e, por extensión, a vivir. Cos votos de PSOE, BNG e EU, a moción presentada por esta última formación política saíu cara a adiante, polo que o Concello de Ferrol se converte no primeiro na Galiza en pronunciarse a favor da derrogación da Lei de Augas. 

  1. Anterior
  2. 6
  3. 7
  4. 8
  5. 9
  6. 10
  7. 11
  8. 12
  9. Seguinte