A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2011

Novas: 2011

  1. Lupe Prado

    A teima das industrias de manter na Galiza o prezo máis baixo para o leite en Europa deixa ás explotacións nunha situación crítica

    14 de Outubro do 2011 · 

    A responsable da Dirección do Leite do SLG, Lupe Prado, e o coordinador dos sectores gandeiros na mesma organización, Xabier Gómez Santiso, participaron hoxe, 13 de outubro, na mesa do leite celebrada en Compostela.

  2. Rolda de prensa da PAC

    O SLG posiciónase contra unha reforma da PAC que non garante as rendas dos labregos e labregas da Unión Europea

    14 de Outubro do 2011 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, e Isabel Vilalba en representación da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) ofreceron hoxe, 13 de outubro, unha rolda de prensa para amosar a frontal oposición destas organizacións á proposta de reforma da Política Agraria Común (PAC) que se presentou onte en Bruxelas.

  3. Refugallos de depuradora

    Consello Agrario Galego: O SLG pide que se prohiba o vertido de lodos de depuradora na terra

    7 de Outubro do 2011 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, participou hoxe, 7 de outubro, na xuntanza da permanente do Consello Agrario Galego. Entre outros temas, debateuse o proxecto de decreto polo que se regula a utilización de lodos de depuradora no sector agrario. A posición do SLG foi a de pedir a retirada deste proxecto e a prohibición expresa de poder verter lodos de depuradora na terra. As razóns para adoptar este posicionamento son varias.

  4. Forestación ilegal

    O Sindicato Labrego Galego leva a súa campaña contra a forestación ilegal de terras agrarias até Becerreá

    6 de Outubro do 2011 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, acompañada do responsable da Dirección de Vacún de Carne na mesma organización, Xosé Luís López Galán, desprazáronse hoxe, 6 de outubro, até o municipio de Becerrea para denunciar, unha vez máis, a pasividade da Consellaría de Medio Rural, que está permitindo que se viole flagrantemente en toda Galiza a lei que prohibe forestar terras agrarias[1], e as normas que regulan as distancias dos plantíos forestais con respecto ás terras de labor e aos núcleos habitados.

  5. Cartaz 15 O

    O SLG apoia a manifestación mundial do 15 de outubro por un cambio global do modelo político, económico e social

    3 de Outubro do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego vai apoiar a manifestación do 15 de outubro en demanda dun novo modelo económico, político e social. O punto de encontro será na Alameda compostelá, ás 18:00 horas, e celebrarase ao mesmo tempo que outras manifestacións semellantes nas principais cidades do mundo.

  6. Rexistro de sinaturas

    Un milleiro de sinaturas para reclamar políticas que manteñan controlada a fauna salvaxe no medio rural

    3 de Outubro do 2011 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, e o responsable dos sectores gandeiros na mesma organización, Adolfo Cabarcos, rexistraron hoxe, 3 de outubro, ante a Consellaría de Medio Rural, máis dun milleiro de sinaturas apoiando un escrito no que se lle demanda ao departamento que dirixe Samuel Juárez que asuma as súas responsabilidades e articule, dunha vez por todas, solucións aos danos que a falla de control da fauna salvaxe está a provocar en toda Galiza.

  7. Rainha Lupa

    Quilmas acolle este sábado a terceira edición do seu mercado ecolóxico pola defensa da terra

    28 de Septembro do 2011 · 

    O sábado, 1 de outubro, a parroquia de Quilmas (Carnota) celebrará a terceira edición do mercado ecolóxico “Pola defensa da terra”, onde se poderán atopar todo tipo de produtos das explotacións labregas e obradoiros artesáns da zona: hortalizas e froitas de tempada, conservas, fermentados, mel, cerámica, cestería ou cosméticos naturais serán ofrecidos directamente polos homes e mulleres que os produciron, sen intermediarios, a quen asista a este evento. O mercado está organizado pola Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa, e colabora, entre outras organizacións, o Sindicato Labrego Galego.

  8. Contra recortes sociais

    Non ás medidas de austeridade e aos recortes sociais propostas pola Unión Europea

    27 de Septembro do 2011 · 

    O mércores 28 de setembro, o Parlamento Europeo votará sobre un infame e controvertido paquete de seis medidas lexislativas que pretenden ser a pedra angular dun novo modelo de goberno económico da Unión Europea en resposta á crise económica. As seis propostas lexislativas sobre o “goberno económico europeo” farán que a cidadanía pague, aínda máis, pola cobiza e o enriquecemento criminal da banca e das corporacións. O máis probable é que estas medidas prolonguen a crise, recorten os dereitos sociais, e exerzan un “golpe de estado” adicional á democracia. Por todo isto, defendemos que outras respostas á crise son necesarias.

  9. DO Monterrei

    O Sindicato Labrego Galego denuncia que boa parte da colleita de uva da DO Monterrei estase a vender sen prezo

    26 de Septembro do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de constatar que boa parte das adegas que operan na denominación de orixe Monterrei están recolléndolle as uvas aos viticultores e viticultoras sen pactar previamente un prezo. É dicir: as adegas están levando a uva sen dicir a canto a van pagar por ela. Até o de agora, as adegas desta DO caracterizáronse por pagar os prezos máis baixos pola uva das cinco denominacións de orixe galegas. O feito de recoller agora a uva sen pactar previamente un prezo supón unha volta de rosca máis que afonda nas prácticas abusivas a que xa nos teñen afeitos as adegas de Monterrei.

  10. Secretaría das Mulleres

    A Secretaría das Mulleres do SLG considera imprescindible a implicación das Administracións na aplicación da Lei de Titularidade Compartida

    24 de Septembro do 2011 · 

    Para a Secretaría das Mulleres do SLG é un feito histórico que o Congreso aprobase, o 22 de setembro, a Lei de Titularidade Compartida nas Explotacións. Esta era unha reivindicación fundamental pola que leva loitando moitos anos a Secretaría das Mulleres e é un paso importantísimo de cara a acadar a igualdade real nas explotacións e na actividade agraria.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. 7
  9. Seguinte