A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2011

Novas: 2011

  1. Non hai imaxe

    SLG, UUAA e XXAA úrxenlle ao Conselleiro de Medio Rural a urxente convocatoria da mesa do leite

    23 de Septembro do 2011 · 

    Responsables dos sindicatos Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e Sindicato Labrego Galego mantiveron unha xuntanza na que analizaron a situación do sector lácteo galego e concluíron que a súa gravidade require unha análise máis en profundidade polo que demandan ao conselleiro de Medio Rural que convoque de xeito inmediato a Mesa do Leite. As tres forzas sindicais coinciden que de non darse esta circunstancia e de seguir a actitude da industria e a distribución cos gandeiros e coas gandeiras de Galiza, se desenvolverán accións contundentes para denunciar a difícil situación que atravesa o sector lácteo.

  2. Denucia

    Lácteos Tambre nos xulgados por incumprir o plan de pagos pactado en agosto

    21 de Septembro do 2011 · 

    Os xulgados de Ordes acolleron onte, 20 de setembro, os dous primeiros xuízos contra a empresa Lácteos Tambre, que segue sen pagar un céntimo da débeda que mantén con varias explotacións lácteas ás que non lles pagou o leite recollido a comezos de ano. En total, son sete as explotacións defendidas polo Sindicato Labrego Galego ás que, en conxunto, Lácteos Tambre lles debe uns 60.000 euros.

  3. Ribeira Sacra

    O Sindicato Labrego reclama que se deteña o proceso de regularización de viñas na Ribeira Sacra

    20 de Septembro do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego, diante das novas que están aparecendo sobre os problemas de sobreprodución na denominación de orixe Ribeira Sacra, quere deixar claro que non está a favor dun incremento lineal dos rendementos máximos por hectárea. O SLG Non cre que sexa un problema xeneralizado e, en todo caso, o consello regulador debería facer un control en campo previo á vendima co fin de velar pola calidade e determinar cales son as parcelas que poden ter un exceso, cal é o motivo deste exceso e facer recomendacións previas. Na Ribeira Sacra temos que apostar por unha viticultura de calidade, posto que non é posible competir con ningunha zona en cantidade.

  4. Non hai imaxe

    O SLG pide unha reunión co Conselleiro de Medio Rural para tratar de xeito urxente a crise no sector lácteo

    20 de Septembro do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de solicitar, formalmente, unha xuntanza con Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, para analizar a situación crítica pola que está a atravesar o sector leiteiro e a falla de medidas ao respecto por parte do departamento que dirixe.

  5. Millo minguado

    O SLG denuncia a pasividade da Xunta á hora de impedir a invasión de terras agrarias por plantacións forestais

    19 de Septembro do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego organizou hoxe, 19 de setembro, na parroquia de San Vicente do Pino (concello de O Pino), un acto de denuncia para chamar a atención sobre as plantacións forestais ilegais que se están a facer en toda Galiza ser respectar as distancias a que obriga a lei con respecto a fincas agrarias adxacentes, e que están a afectar gravemente ás producións agrarias e gandeiras do noso país.

  6. Portada do Fouce 288

    O Fouce 288 xa está na rúa

    14 de Septembro do 2011 · 

    O Fouce 288, correspondente aos meses de verán, vén de saír do prelo. A reforma da Constitución, a desaparición da Consellaría de Medio Rural fronte a problemas como a seca ou os impagos de Lácteos Tambre, o mercado e a nova web de alimentos labregos, as alegacións contra o canon da auga, a defensa dos intereses de viticultores e viticultoras na vendima ou o Foro Europeo de Soberanía Alimentaria celebrado en Krems, son só algúns dos temas que ocupan as súas páxinas.

  7. Mel transxénico

    A ameaza transxénica pon en xaque á apicultura galega e a outros sectores como a gandería ou a produción ecolóxica

    11 de Septembro do 2011 · 

    O Tribunal de Xustiza da Unión Europea acaba de fallar que a presenza de transxénicos sobre o pole ou o mel necesita unha autorización especifica. Polo tanto, todo mel onde aparezan restos de transxénicos -e isto acontecerá sempre que unha abella chuche o pole dunha planta transxénica1- haberá que destruílo porque non está contemplado este tipo de produto. A sentenza produciuse trala denuncia dun apicultor alemán que tivo que destruír toda a súa produción de mel por estar contaminada con pole transxénico.

  8. Entrega de alegacións

    O SLG alega contra un canon da auga que se lle poderá cobrar ás explotacións agrarias, ás traídas veciñais e comunitarias e aos pozos particulares

    9 de Septembro do 2011 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, acompañada de Manuel Docampo Paradelo, membro da Executiva desta organización agraria; acudiron hoxe, 9 de setembro, até a sede de Augas de Galicia para rexistrar un documento de alegacións (achégase xunto a este comunicado) contra o chamado “Proxecto de decreto polo que se aproba o regulamento de réxime económico e financeiro do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais”. É dicir, o proxecto co que se pretende aprobar o canon da auga que, de ires para adiante, teremos que pagar todos os galegos e todas as galegas polo noso dereito a beber e, polo tanto, polo noso dereito a vivir.

  9. Xuntanza co BNG

    O SLG reuniuse co BNG na súa rolda de contactos para rematar cos abusos das industrias e das distribuidoras na cadea comercial dos produtos agrarios

    5 de Septembro do 2011 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, acompañada de Xosé Manuel Calvo Rei, membro da Executiva desta organización agraria; reuníronse, o 5 de setembro, coa deputada polo BNG no Congreso, Olaia Fernández Dávila, para falar da Lei de Funcionamento da Cadea Alimentaria.


  10. Mercado labrego

    O éxito do mercado de alimentos labregos en Compostela urxe a que os gobernos fagan políticas agrarias que potencien a soberanía alimentaria

    4 de Septembro do 2011 · 

    Unha trintena de afiliados e afiliadas do Sindicato Labrego Galego acudiron hoxe, domingo 4 de setembro, a Compostela, para vender directamente os seus produtos á xente que se achegou até a Alameda. Hortalizas e froitas de tempada, viños e licores, mel, marmeladas, queixos, fariña, pan, zumes, froitos secos, legumes, doces, ovos, e un longo etcétera, puidéronse atopar nos postos de venda que, antes de chegar á hora de peche, ás 14:30, xa tiñan rematado no meirande as súas existencias.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. 7
  9. Seguinte