A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2011

Novas: 2011

  1. Isabel Vilalba

    Isabel Vilalba defendeu ante o Grupo Consultivo do Leite da Comisión Europea o control da produción e dos mercados para garantir o futuro do sector

    6 de Xullo do 2011 · 

    A responsable dos sectores gandeiros da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), e secretaria de Soberanía Alimentaria do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, participou onte, 6 de xullo, en Bruxelas, na xuntanza do grupo consultivo do leite da Comisión Europea. Neste encontro, no que se deron cita representantes de todos os axentes do sector leiteiro europeo e dos países membros da UE, analizouse a situación actual do sector e o impacto que está a ter nel o proceso de eliminación dos controis da produción que se está a facer de xeito progresivo (a denominada “aterraxe suave”) até suprimir o actual sistema de cotas lácteas no 2015.

  2. Galicia Hoxe

    Reacción ante o peche de Galicia Hoxe: O SLG expresa a súa indignación pola teima da Xunta en amordazar a parte da sociedade galega e pola brutal agresión á nosa lingua

    29 de Xuño do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa indignación diante do peche do xornal Galicia Hoxe, que seguirá o ronsel deixado por outros medios de expresión integramente redactados en galego e cunha liña editorial alternativa á oficial como A Nosa Terra, Vieiros, A Peneira ou GZ Nación. Todos eles botaron o peche nos primeiros anos de mandato de Núñez Feijóo á fronte da Xunta de Galiza.


  3. Non hai imaxe

    O Fouce 287 xa está na rúa

    27 de Xuño do 2011 · 

    O novo Fouce vén de saír do prelo. Entre as novas detacadas que contén: accións contra a forestación de terras agrarias; denuncia dos atrasos, impagos e desvíos de fondos do PDR 2007-2013; Lácteos Tambre nos Xulgados; as explotacións galegas contra as cordas polos danos da fauna salvaxe; novas análises de informes sobre a PAC 2013, dos seguros sanitarios privados e da nova Lei de Montes; ou a crónica do acto de entrega do Pedrón de Ouro a Lidia Senra Rodríguez, entre outros.

  4. Semana do Comercio Xusto

    O Sindicato Labrego participou na Semana Galega do Comercio Xusto

    27 de Xuño do 2011 · 

    Entre o 10 e o 18, celebrouse a XI Semana Galega do Comercio Xusto que, desta vez, estivo centrada nos tratados de libre comercio e na privatización dos dereitos e dos recursos que estamos a sufrir, de xeito crecente, nos últimos tempos; e contou coa organización de Amarante e a participación, entre outras organizacións, de Verdegaia e do Sindicato Labrego Galego.

  5. Becerro identificado

    O Sindicato Labrego insta a Medio Rural a solucionar as deficiencias no servizo de identificación do gando

    23 de Xuño do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego ten que volver denunciar, unha vez máis, o colapso do servizo de identificación do gando habilitado pola Consellaría de Medio Rural a través do teléfono 012.

  6. Rolda de prensa

    O SLG esixe solucións para a fauna salvaxe por terse convertido nun problema de orde social que ameaza a economía e a integridade das xentes do rural

    13 de Xuño do 2011 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, e o responsable dos sectores gandeiros na mesma organización, Adolfo Cabarcos, ofreceron hoxe, 13 de xuño, unha rolda de prensa para denunciar o crecemento exponencial dos ataques da fauna salvaxe sobre as explotacións agrarias, que se está a transformar nun problema de “orde social e de perigo da integridade física das persoas que vivimos no rural”. Declaraba isto a secretaria xeral do SLG, que afirmou que “a fauna salvaxe está invadindo, agora mesmo, as nosas vidas”. Carme Freire sentenciou que “os ataques da fauna salvaxe están poñendo en perigo a nosa economía, necesaria para poder vivir; pero tamén poñen en perigo as nosas vidas”. 

  7. Participantes no encontro de Gaillac

    A Coordinadora Europea da Vía Campesina contra a supresión dos dereitos de plantación de viñedo na UE

    11 de Xuño do 2011 · 

    O responsable do sector do Viño do SLG, Manuel Docampo, e Bernardo Esté-vez, viaxaron até Gaillac (Francia) para participar nun encontro vitícola europeo organizado pola Coordinadora Europea da Vía Campesina e celebrado o 8 e o 9 de xuño. O resultado final do encontro foi un documento no que todas as organizacións da Coordina-dora se opoñen á supresión dos dereitos de plantación de viñedo na Unión Europea, prevista para o 2015. De seguido, transcribimos íntegro o texto.

  8. Casa forestada

    A reforma da Lei de Montes do PP é un atentado contra as explotacións agrarias e gandeiras de Galiza

    10 de Xuño do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa máis enérxica repulsa contra o borrador da Lei de Montes que o Partido Popular vén de presentar por constituír un atentado en toda regra contra as explotacións agrarias e gandeiras deste país.


  9. Ana Rodríguez e Carme Freire

    O SLG esixe a convocatoria e pagamento de varias liñas de axuda do Programa de Desenvolvemento Rural 2007-2013

    6 de Xuño do 2011 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, e a responsábel de Desenvolvemento Rural na mesma organización, Ana Rodríguez, ofreceron, o 6 de xuño, unha rolda de prensa para denunciar o impago, atraso e posible desaparición de numerosas axudas vinculadas ao Programa de Desenvolvemento Rural 2007-2013 (PDR). 

  10. Non hai imaxe

    Os riscos laborais específicos para as mulleres labregas

    1 de Xuño do 2011 · 

    Como é sabido, no sector agrario os traballos nas explotacións teñen unhas características propias moi diferenciadas das do resto dos sectores, sendo as máis importantes: A gran dependencia da estacionalidade, que provoca un ritmo de traballo esixente; predominio de labores que requiren esforzo físico, repetitivas e sometidas ás inclemencias do tempo; e, no caso da agricultura convencional, a exposición a determinados produtos químicos como fertilizantes e fitosanitarios. Neste Fouce, analizaremos como se traduce isto nos riscos específicos para as labregas.

  1. Anterior
  2. 4
  3. 5
  4. 6
  5. 7
  6. 8
  7. 9
  8. 10
  9. Seguinte