A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2011

Novas: 2011

  1. Lidia Senra

    O Pedrón de Ouro 2011 recoñece a traxectoria de Lidia Senra e o papel das mulleres labregas na historia de Galiza

    29 de Maio do 2011 · 

    A Fundación do Pedrón de Ouro decidiu outorgarlle a súa máxima distinción á nosa secretaria de organización, Lidia Senra, en recoñecemento a toda unha vida de loita a prol do rural galego e tamén como símbolo de visibilización das mulleres labregas deste país. Lidia compartiu recoñecementos co profesor e a profesora, Andrés Pociña e Aurora López, aos que se lles concedeu o Pedrón de Honra. De seguido, publicamos o texto de recoñecemento do Padroado do Pedrón de Ouro a Lidia Senra:

  2. Concentración en Cambre

    O Sindicato Labrego inicia en Cambre unha campaña para denunciar o incumprimento, por parte da Xunta, da lei que prohibe a forestación de terras agrarias

    26 de Maio do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego organizou hoxe, 26 de maio, na parroquia de Santa María de Vigo (Cambre), un acto de denuncia para chamar a atención sobre as forestacións de terras agrarias que se están a realizar en toda Galiza coa conivencia da Consellaría de Medio Rural.

  3. Non hai imaxe

    O Fouce 286 xa está na rúa

    12 de Maio do 2011 · 

    Correspondente aos meses de abril e maio, o Fouce 286 vén de saír do prelo. Temas como a loita contra a Lei de Augas, o real decreto lácteo ou as crónicas dos congresos da pataca, do leite e da horta ocupan as súas páxinas...

  4. Non hai imaxe

    O Sindicato Labrego inicia unha campaña de recollida de sinaturas contra o traslado da oficina agraria comarcal da Estrada

    9 de Maio do 2011 · 

    Sindicato Labrego Galego vén de pór en marcha unha campaña de recollida de sinaturas na comarca de Tabeirós-Terra de Montes, dirixida a impedir que a Consellaría de Medio Rural leve para adiante o traslado da sede da oficina agraria comarcal do seu domicilio actual, na praza do Mercado, no centro urbano da Estrada; ás instalacións da Fundación Comarcal, nos arrabaldes da vila estradense.


  5. Carme Freire en Ordes

    Explotacións da Costa da Morte, Ordes e Arzúa levan ante a Xustiza a Lácteos Tambre por impago

    5 de Maio do 2011 · 

    Na última semana de abril, varios gandeiros e gandeiras de Muxía e Tordoia denunciaban os impagos que estaban a sufrir por parte de Lácteos Tambre, empresa de Sigüeiro que lles recollía o leite. Ante a falla de resposta, as explotacións devanditas, ás que se uniron outra de Muxía e outra de Arzúa, puxeron, o 5 de maio, unha denuncia contra a láctea nos xulgados de Ordes. Foron un total de sete gandeiros e gandeiras: Benito Pose, Pilar García e María Valdivieso, de Muxía; Feli Mato, Celina Juncal e Xosé Manuel Liste, de Tordoia; e Irene Vázquez, de Arzúa.

  6. Presentación en Vilalba

    Tareixa Ledo Regal levou á Terra Chá o seu libro sobre Lidia Senra Rodríguez

    28 de Abril do 2011 · 

    Tareixa Ledo Regal presentou, o 28 de abril, en Vilalba, ante medio cento de persoas, o seu libro “Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable”, de Edicións Laiovento. Trátase dunha obra na que se recorre á figura da que fora secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego durante 18 anos, Lidia Senra, que tamén estivo no acto xunto á súa sucesora nesta responsabilidade, Carme Freire, para explicar un xeito distinto de liderar as organizacións sociais.

  7. Rolda de prensa

    Varias explotacións das bisbarras da Costa da Morte e Ordes denuncian a Lácteos Tambre por impago

    27 de Abril do 2011 · 

    Gandeiros e gandeiras das comarcas de Fisterra e Ordes, xunto á secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, ofreceron hoxe, 27 de abril, unha rolda de prensa para denunciar os impagos da empresa Lácteos Tambre (Sigüeiro, Oroso) correspondentes ao leite vendido do primeiro trimestre de 2011. Estas débedas van dos 3.000 euros que se lles debe a moitas, até algún caso que acumula facturas sen pagar que pasan dos 30.000. 

  8. Consello Agrario Galego

    O decreto sobre a documentación no transporte de produtos vitivinícolas non garante a trazabilidade

    19 de Abril do 2011 · 

    O Consello Agrario Galego debateu, 19 de abril, a proposta de decreto polo que se ditan normas de aplicación sobre os documentos que acompañan o transporte de produtos vitivinícolas, os rexistros e as declaracións de determinadas prácticas no sector. Neste Consello Agrario, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, propuxo e fixo que constaran como voto particular as seguintes consideracións:

  9. Non hai imaxe

    A Xustiza desestima o recurso de Erimsa contra Cospeito pola licenza para extraer cuarzo

    18 de Abril do 2011 · 

    O xulgado do contencioso-administrativo nº 2 de Lugo vén de ditar sentenza desestimatoria en relación á demanda promovida pola empresa mineira Erimsa contra o Concello de Cospeito. Aínda que pode recorrer a sentenza, agora mesmo Erimsa non poderá obter licenza urbanística nin de actividade en Cospeito por silencio administrativo, tal e como pretendía tras solicitala e non obter resposta municipal.  

  10. Publico Lugo

    Tareixa Ledo Regal presentou o seu libro sobre Lidia Senra Rodríguez en Lugo nun emotivo acto xunto a varias xeracións de afiliados e afiliadas do SLG

    15 de Abril do 2011 · 

    Tareixa Ledo Regal presentou, o 15 de abril, en Lugo, ante un cento de persoas, o seu libro “Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable”, de Edicións Laiovento. Trátase dunha obra na que se recorre á figura da que fora secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego durante 18 anos, Lidia Senra, que tamén estivo no acto xunto á súa sucesora nesta responsabilidade, Carme Freire, para explicar un xeito distinto de liderar as organizacións sociais.

  1. Anterior
  2. 5
  3. 6
  4. 7
  5. 8
  6. 9
  7. 10
  8. 11
  9. Seguinte