A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2012

Novas: 2012

  1. Isabel Vilalba

    Folga de entregas: “A pelota está no tellado da industria”

    26 de Novembro do 2012 · 

    Tras máis de catro horas de negociacións, a folga de entregas do sector lácteo galego segue en marcha. Coa presenza das tres organizacións agrarias, as cooperativas, a industria e a distribución, e convocadas as partes pola Consellaría de Medio Rural, o 26 de novembro, seis horas antes de que comezase a folga de entregas convocada de maneira unitaria polo sector lácteo, tentouse chegar a un acordo de prezos que resultase positivo para todos. 

  2. Folga leite

    27 de novembro: Folga de entregas de leite

    24 de Novembro do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego, xunto ás outras organizacións agrarias e co apoio das cooperativas, convoca unha folga unitaria de entregas de leite a partir do vindeiro martes, 27 de novembro, para reclamar solucións inmediatas á peor crise pola que atravesou o sector leiteiro galego.

  3. Labregas sementando futuro

    25 de novembro: Que a crise non xustifique ningún paso atrás nos dereitos das mulleres

    23 de Novembro do 2012 · 

    Neste 25 de novembro, a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego fai un chamamento ás administracións públicas e á sociedade no seu conxunto para rematar coa maior lacra social que temos na actualidade: Xa foron asasinadas 72 mulleres no ano 2012.

  4. Asemblea afectados

    A Administración nega a licenza urbanística a Erimsa para explotar a concesión Alicia na Pastoriza

    23 de Novembro do 2012 · 

    O traballo e unión da veciñanza dos concellos afectados polos proxectos da empresa mineira Erimsa para extraer seixo na Terra Chá vén de dar os seus primeiros froitos, ao serlle denegada a licenza urbanística para explotar a parte da concesión Alicia que afecta ao termo municipal da Pastoriza. 

  5. euros

    O SLG contra a retallada de 25.000 millóns na PAC e a favor de regular os mercados e as axudas agrícolas comunitarias

    19 de Novembro do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere amosar o seu rexeitamento á proposta de redución dos orzamentos para a Política Agraria Común (PAC) que vén de propor o presidente do Consello Europeo, Herman Van Rompuy, e que supón unha retallada de 25.000 millóns de euros entre 2014 e 2020.

  6. As Cancelas

    Protestas na inauguración do centro comercial das Cancelas para denunciar os abusos da distribución e a parálise da Xunta como causas da crise do sector lácteo

    15 de Novembro do 2012 · 

    Coincidindo coa inauguración do centro comercial As Cancelas en Compostela hoxe, 15 de novembro, celebrouse unha concentración gandeira para denunciar a situación crítica pola que está a atravesar o sector lácteo galego. A intención desta manifestación foi a de denunciar as prácticas abusivas da distribución na cadea de valor, que é unha das principais causas de que as explotacións galegas estean a vender o leite que producen a un dos prezos máis baixos da Unión Europea, e sinalar a Carrefour, que abre un novo hipermercado nesta área comercial, como un dos causantes directos desta problemática.

  7. Non hai imaxe

    O SLG apoia a folga xeral do 14 de novembro porque as políticas dos gobernos galego e estatal destrúen o medio rural e a actividade agraria

    13 de Novembro do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoia a convocatoria de Folga Xeral para o 14 de Novembro , e fai seu como Membro da mesma , o Manifesto da Alianza social galega , por entender que os recortes sociais que estamos sufrindo afectan a toda a sociedade, pero moi especialmente ao medio rural e aos labregos e labregas, que xa antes da aparición da crise, estábamos a sufrir en carnes propias as agresións das Politicas neoliberais.

  8. Pancarta

    As labregas do SLG elixen responsable da Secretaría das Mulleres e deciden apoiar a Folga Xeral do 14 de novembro

    28 de Outubro do 2012 · 

    Despois de tres días de intenso traballo, o IX Encontro Anual de Mulleres do Sindicato Labrego Galego, que desta vez se celebrou en Teo, chegou á súa fin. Nesta última xornada elixiuse a unha gandeira de Teixeiro, María Ferreiro, como nova responsable da Secretaría das Mulleres do SLG. María Ferreiro substitúe nesta responsabilidade a Isabel Vilalba Seivane, que na actualidade é a secretaria xeral da organización agraria.

  9. Labregas

    O encontro da Secretaría das Mulleres do SLG constata o empobrecemento das persoas e familias que viven do agro

    27 de Outubro do 2012 · 

    O impacto da crise na cidadanía, pero especialmente nas mulleres e no colectivo das labregas, centrou boa parte dos debates do Encontro Anual que a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego está a celebrar na Casa Común de Oza (Teo). Mais este traballo de análise compaxinouse con actividades de campo, como a visita que fixeron as participantes, na mañá do sábado, ao mercado de alimentos labregos dos Tilos. A saída serviu para celebrar unha xuntanza con algunhas das labregas que promoven este mercado, e constatar que se trata dunha interesante iniciativa que posibilita o contacto directo entre as persoas que producen e as que consumen, con múltiples beneficios para ambas partes.

  10. Fouce

    As mobilizacións no sector lácteo e pola reforma da PAC centran a portada do Fouce 294

    25 de Outubro do 2012 · 

    Os tres meses de mobilizacións unitarias e loita que desenvolveu o sector lácteo, entre o verán e o outono deste ano, ocupan varias páxinas deste Fouce 294, que vén de saír da rotativa. Tamén as marchas por unha boa alimentación que saíron de varios puntos de Europa para confluír en Bruxelas en plena celebración do 40º aniversario da Política Agraria Común. Ademais, tamén mereceron un lugar especial o Premio Semente de Verdegaia a dúas labregas do SLG, as manifestacións en defensa do ensino rural ou a creación de novas plataformas cívicas como a Alianza Social Galega ou unha unión permanente entre varios colectivos para enfrontarse á praga dos lumes.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. 7
  9. Seguinte