A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2012

Novas: 2012

  1. Isabel Vilalba

    O SLG apoiará as explotacións leiteiras que se neguen a asinar contratos que non cubran os custes de produción

    4 de Outubro do 2012 · 

    Convocados e convocadas polas tres organizacións agrarias galegas (SLG, UUAA e XXAA), un milleiro de gandeiros e gandeiras de toda Galiza concentráronse hoxe, 4 de outubro, diante da Consellaría de Medio Rural, en Compostela, para protestar polos baixos prezos do leite. Ademais, fíxose unha marcha ao redor dos edificios administrativos de San Caetano, e os secretarios xerais de UUAA e XXAA, e a secretaria xeral do SLG, mantiveron un encontro co director xeral de Produción Agropecuaria da Xunta, José Álvarez Robledo, para tratar esta cuestión.

  2. Leite produto reclamo

    O SLG pide que se paralice a obrigatoriedade dos contratos mentres non se garantan prezos dignos para o leite

    27 de Septembro do 2012 · 

    Diante do anuncio feito polo ministro de Agricultura, Miguel Arias Cañete, de aprobar o paquete lácteo no Consello de Ministros desta semana, o Sindicato Labrego Galego pide que non se fagan aínda obrigatorios os contratos por considerar que se trata dunha decisión precipitada e errónea que afondará aínda máis na crise de prezos que sufre o sector, especialmente na Galiza, onde o valor do leite en orixe é un dos máis baixos da Unión Europea ao manterse nunha media de 27-28 céntimos por litro.

  3. OXMs

    O SLG pide unha moratoria que prohiba cultivar OXMs polas evidencias que demostran os seus riscos para a saúde

    22 de Septembro do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere erguer a voz de alarma diante dos estudios publicados pola Universidade de Caen (Francia), que demostraron que o millo transxénico NK-603 produce tumores canceríxenos que, en varios casos, se saldaron coa morte das cobaias que o consumiron[1].

  4. Isabel Vilalba

    As organizacións agrarias continurán con mobilizacións e accións para acadar un prezo digno para o leite galego

    21 de Septembro do 2012 · 

    A pesares dos compromisos da Xunta de Galicia, o sector leiteiro galego segue sumido na súa peor crise, aturando prezos medios en orixe entre 27 e 28 céntimos, e os custes de produción que non deixan de medrar -incluídos novos impostos cargados pola administración autonómica como o canon da auga- e que roldan os 40 céntimos por litro de leite.

  5. Factura canon auga

    As facturas demostran que Medio Ambiente minte cando di que non se lle cobra o canon da auga ás explotacións

    21 de Septembro do 2012 · 

    Aquagest cobroulle á Gandería Calvo Varela de Cardama (Oroso) 78 € adicionais no seu último recibo en concepto de canon da auga. Dado que Aquagest opera en ducias de concellos galegos  -moitos eminentemente gandeiros como Chantada, Ribadeo, Viveiro, Cabana, Rois, Betanzos, Zas, Vedra, Valdoviño, Val do Dubra, Santa Comba ou Arzúa- poderían estar afectadas miles de explotacións en toda Galiza.

  6. Prezo baixo

    As organizacións agrarias levan a campaña de mobilizacións do sector lácteo ás grandes superficies comerciais

    20 de Septembro do 2012 · 

    As tres organizacións agrarias galegas continuamos, na xornada do 20 de setembro, coa campaña de mobilizacións para sensibilizar á cidadanía coa peor crise na historia do sector lácteo galego. Se nas últimas semanas se fixeron manifestacións en Chantada, Vimianzo, Vilalba, Santa Comba e Lalín, para denunciar os prezos en orixe máis baixos da Unión Europea; desta vez a denuncia levouse até as grandes superficies comerciais para denunciar a venda de leite por baixo dos custes de produción.

  7. Protestas contra a Lei de Augas

    O SLG esixe a retirada do canon da auga que se lles comezou a cobrar ás explotacións leiteiras xusto cando están inmersas na súa peor crise

    20 de Septembro do 2012 · 

    Todas as promesas da Xunta á hora de non cobrarlle o canon da auga ás actividades agrogandeiras ou ás traídas veciñais do rural están resultando ser unha absoluta falsidade. Se en xaneiro de 2012, o SLG denunciaba o cobro do canon a unha traída construída e custeada pola veciñanza en 1968, nunha parroquia de Rois[1]; hoxe temos constancia das primeiras facturas por consumo de auga que lle cargan o canon a unha explotación leiteira de Cardama (Oroso).

  8. Acto COAG Madrid

    O SLG inicia unha campaña coa ECVC en Bruxelas para pedir unha nova PAC labrega e para a cidadanía

    18 de Septembro do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego, como membro da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), apoiará a “Marcha por unha boa alimentación e unha boa agricultura” que, saída dende diversos puntos de Europa, confluirá mañá, 19 de setembro, diante do Parlamento Europeo. Alí, organizacións sociais de toda a UE e a sociedade civil reclamarán por cuestións básicas como alimentos con prezos xustos para labregos e labregas e para a cidadanía, verdadeiro respecto polo medio ambiente, e soberanía alimentar de cara a termos unha boa alimentación e unha boa agricultura na Unión Europea para todos e todas.

  9. Ciolos e Vilalba

    Isabel Vilalba avogou ante Dacian Ciolos por que a nova PAC defenda as pequenas e medianas explotacións

    17 de Septembro do 2012 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, mantivo onte, 16 de setembro, un encontro co Comisario Europeo de Agricultura, Dacian Ciolos, onde trataron diversas cuestións relacionadas coa Política Agraria Común (PAC). A xuntanza tivo como marco a celebración do quincuaxésimo aniversario da PAC, en Bruxelas, e Vilalba estivo xunto a outras persoas que, coma ela, forman parte da Executiva da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC).

  10. Tractores

    Miles de persoas apoiaron a manifestación en Lalín en demanda dun prezo xusto para o leite

    15 de Septembro do 2012 · 

    Tralas manifestacións de Chantada, Vimianzo, Ordes, Vilalba e Santa Comba, o 14 de setembro tocoulle á vila pontevedresa de Lalín. De novo, miles de persoas -entre os gandeiros e gandeiras que secundaron a protesta e a xente que a apoiou- encheron as rúas para esixir da nosa clase política que se mova, dunha vez por todas, para que as nosas explotacións cobren un prezo xusto polo leite. Con este acto reivindicativo péchase o calendario de mobilizacións a nivel local e queda a porta aberta a unha gran manifestación nacional neste outono. Aparte de afiliados e afiliadas, na manifestación estiveron a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, e persoas da Executiva do SLG como Lidia Senra.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. 7
  9. Seguinte