A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2012

Novas: 2012

  1. Parque eólico

    O SLG inicia en Suevos (A Baña) unha campaña informativa sobre o parque eólico de Campo Pequeno

    12 de Xullo do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego iniciará esta semana unha campaña informativa en Suevos (A Baña) sobre o impacto que terá nesta parroquia o parque eólico de Campo Pequeno. Neste momento, están en exposición pública a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, a aprobación do proxecto de execución e o estudio de impacto ambiental deste proxecto enerxético. A declaración de utilidade pública implica a posibilidade de expropiación dun total de 392 parcelas afectadas.

  2. Isabel Vilalba en Bruxelas

    Isabel Vilalba pediu mecanismos de control do mercado e que garantan prezos no Comité Consultivo do Leite da UE

    10 de Xullo do 2012 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, participou, o 9 de xullo, no Grupo Consultivo do Leite da UE en calidade de membro da Executiva da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC).

  3. Pozo

    O SLG denuncia que o decreto do canon da auga non recolle a exención a traídas veciñais nin a pozos particulares

    27 de Xuño do 2012 · 

    O pasado venres, 22 de xuño, publicouse  Decreto 136/2012, polo que se aprobou o regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais. Aínda que o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou no seu día queestarán exentos os titulares de pozos e traídas particularesea exclusión no canon da auga para a auga con fins agrogandeiros”, unha análise polo miúdo do decreto demostra que a Xunta e o seu presidente mentiron de novo nesta cuestión.

  4. Sinaturas Rois

    Catrocentas sinaturas en Rois contra a Lei de Augas e o cobro do canon ás traídas veciñais

    23 de Xuño do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego rexistrou no Concello de Rois, o sábado 23 de xuño, catrocentas sinaturas de veciños e veciñas amosando a súa disconformidade coa Lei de Aguas e co cobro do canon a traídas veciñais e pozos particulares, trabuco que xa lle foi imposto a unha parroquia deste municipio por unhas instalacións custeadas e feitas pola veciñanza en 1968.  

  5. Explotación láctea

    O SLG denuncia a baixa continuada no prezo do leite en orixe durante o primeiro semestre de 2012

    22 de Xuño do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego denuncia que a baixada continuada no valor do leite en orixe e a tendencia alcista dos custes de produción, están deixando ás explotacións galegas nun nivel de beneficio cero, ou mesmo facéndoas entrar en perdas.

  6. Fouce e martelo

    O SLG solidarízase con Antolín Alcántara (CIG) e co traballador do metal condenados por defender lexitimamente os seus dereitos

    15 de Xuño do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego solidarízase co sindicalista da Confederación Intersindical Galega (CIG), Antolín Alcántara, e co traballador que veñen de ser condenados por participar nas folgas do sector do metal en Vigo en maio de 2007.

  7. Non hai imaxe

    Comunicado da Dirección Nacional do SLG

    14 de Xuño do 2012 · 

    Na Dirección Nacional do Sindicato Labrego Galego, celebrada o 14 de xuño de 2012 en Compostela, acordouse, por unanimidade, elixir a Isabel Vilalba Seivane como nova secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego.

  8. Fumigadores

    Indignación en Painceira (Cerdido) polo impacto das fumigacións en agras lindeiras con eucaliptais sulfatados

    13 de Xuño do 2012 · 

    A veciñanza do lugar de Painceira, parroquia de Barqueira, no coruñés concello de Cerdido, está indignada ao ser sulfatadas as súas fincas agrarias como efecto colateral das fumigacións con canóns en plantíos de eucaliptos lindeiros. As condicións meteorolóxicas de hoxe, con vento intenso, fixeron que os pesticidas se esparexesen por prados nos que se cultiva herba que está a piques de ser recollida e por leiras de patacas. O máis grave é que este pesticida altamente tóxico puido chegar até as casas habitadas da zona.

  9. Isabel Vilalba

    A responsable da Secretaría das Mulleres do SLG pide en Bruxelas políticas igualitarias para as mulleres do rural

    11 de Xuño do 2012 · 

    A responsable da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, e membro da Dirección da Coodinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), Isabel Vilalba, participou hoxe, 11 de xuño, en Bruxelas, no Grupo Consultivo de Mulleres do Medio Rural da Comisión Europea.

  10. Non ás fumigacións

    Centos de persoas amosan en Compostela o seu rexeitamento ás fumigacións con Flufenoxuron

    10 de Xuño do 2012 · 

    Varios centos de persoas secundaron a manifestación convocada pola “Plataforma contra as Fumigacións-Por unha Galiza sen pesticidas” hoxe, 10 de xuño, en Compostela, para protestar contra a intención da patronal pasteira de erradicar a praga do gorgullo do eucalipto con fumigacións por toda Galiza, utilizando medios aéreos, e cun pesticida que será prohibido este ano en toda a Unión Europea: o Cascade (Basf) que ten por principio activo o flufenoxuron.

  1. Anterior
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. Seguinte